Ir ao contido
Pontecesures.net dende 2005

Novas anteriores · páxina 454

Sociedade

Comerciantes e hostaleiros de Pontecesures mobilizaranse se a Xunta mantén o peche perimetral.

Por Redacción ·

Ilustración de sección

Comerciantes e hostaleiros de Pontecesures ameazan con mobilizacións se a Xunta non suprime o peche perimetral que afecta á localidade. Din que están coa auga ao pescozo e que xa non aguantan máis. Cargan tamén contra o Concello, ó que acusan de nin tan sequera amosar disposición de axudar.

Con tres casos activos a día de hoxe, Pontecesures mantén o peche perimetral vixente dende o venres.  Unha medida que deixa contra ás cordas a comerciantes e hostaleiros.

Enma ten unha tenda e Sergio un bar. Falan en nome de moitos establecementos do municipio que ven os seus ingresos freados polo peche que agrava unha situación xa de por si complicada.

Máis alá das trabas para consegui-las achegas da Xunta, lamentan tamén a actitude do Concello ante a situación de moitos negocios. Din que o goberno local non fixo nada por axudar. Segundo aseguran, o alcalde lles dixo que o Concello non pode facer nada máis por eles.

Agora din estar fartos. Ameazan con saír á rúa protestar. A primeira: convocar unha mobilización se se mantén o peche perimetral.

O peche perimetral de Pontecesures será analizado mañá na reunión do Comité Clínico que asesora á Xunta. En calquera dos casos, o municipio continuará pechado, como mínimo, ata o venres.

Canal 7

Emprego

BASES PARA A SELECCIÓN, CONTRATACIÓN E POSTERIOR CREACIÓN DUNHA BOLSA DE EMPREGO DE PERSONAL LABORAL TEMPORAL DO CONCELLO DE PONTECESURES PARA CUBRIR OS POSTOS DE ENCARGADO/CAPATAZ DE BRIGADA, PEÓN CONDUTOR DE VEHÍCULO DE EXTINCIÓN E PEÓN FORESTAL PARA BRIGADA DE PREVENCIÓN E EXTINCIÓN DE INCENDIOS.

Por CONCELLO DE PONTECESURES ·

Ilustración de sección

Data de publicación destas bases no BOPO (Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra): 17/marzo/2021.

Acceso á publicación no BOPO:

https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2021/03/17/2021011072

Polo tanto, a partir desta data  e segundo as bases o prazo para presentar solicitudes (ANEXO I, ANEXO II e o resto da documentación) serán 10 días hábiles dende o 18/03/2021 ata o 05/04/2021.

 BASES DESTA CONVOCATORIA

 ANEXO I (IMPORTANTE SELECCIONAR O POSTO SOLICITADO)
 ANEXO II
 
Sucesos

Can perdido en Porto

Por Redacción ·

Falta dende hoxe día 15 de marzo da súa casa de Porto, Pontecesures. É un macho que ten chip, responde ao nome de Jake. Se alguen o ve ou sabe algo del que se poña en contacto no número 618 81 28 90 ou no 666 11 02 13.

Moitas gracias pola difusión e axuda.

Emprego

ACTAS DE SELECCIÓN DE PERSOAL NO CONCELLO DE PONTECESURES DOS POSTOS SUBVENCIONADOS POLO PLAN CONCELLOS 2021 DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA.

Por CONCELLO DE PONTECESURES ·

A continuación publicanse ás actas de selección de persoal dos días 11 e 12 de marzo de 2021 nas que se seleccionaron 4 peóns de obra pública, 2 limpador@s e 1 administrativ@. Estos postos serán subvencionados pola liña III do PLAN CONCELLOS 2021 da Deputación de Pontevedra.

Descargar Documento... ACTA DE SELECCIÓN DE 1 ADMINISTRAV@ 12/MARZO/2021
Descargar Documento... ACTA DE SELECCIÓN DE 2 LIMPADOR@S 11/MARZO/2021
Descargar Documento... ACTA DE SELECCIÓN DE 4 PEÓNS DE OBRA PÚBLICA 11/MARZO/2021