
𝐎 𝟗 𝐝𝐞 𝐨𝐮𝐭𝐮𝐛𝐫𝐨 𝐝𝐞 𝟏𝟗𝟐𝟓 𝐜𝐨𝐧𝐬𝐭𝐢𝐭𝐮í𝐚𝐬𝐞 𝐚 𝐩𝐫𝐢𝐦𝐞𝐫𝐚 𝐜𝐨𝐫𝐩𝐨𝐫𝐚𝐜𝐢ó𝐧 𝐦𝐮𝐧𝐢𝐜𝐢𝐩𝐚𝐥 𝐝𝐨 𝐫𝐞𝐜𝐞𝐧 𝐜𝐫𝐞𝐚𝐝𝐨 𝐂𝐨𝐧𝐜𝐞𝐥𝐥𝐨 𝐝𝐞 𝐏𝐨𝐧𝐭𝐞𝐜𝐞𝐬𝐮𝐫𝐞𝐬, sendo elexido alcalde José Novo Núñez e sendo a primeira concelleira do noso concello Asunción Calvo. Asemade, formaban parte daquela primeira corporación municipal Luciano García García, Antonio Vázquez Rey, Ricardo Magán, José Fernández Bóveda, José Carrera e José López.
No que vai de ano, o Concello de Pontecesures levou a cabo numerosas actividades centradas na divulgación da nosa historia, costumes e vivencias que acompañaron o desenvolvemento da nosa vila, as cales prolongaranse ata final de ano.
O vindeiro xoves 9 de outubro ás 20:00 horas, 𝐜𝐞𝐥𝐞𝐛𝐫𝐚𝐫𝐚𝐬𝐞 𝐮𝐧 𝐩𝐥𝐞𝐧𝐨 𝐞𝐱𝐭𝐫𝐚𝐨𝐫𝐝𝐢𝐧𝐚𝐫𝐢𝐨 𝐜𝐨𝐧 𝐦𝐨𝐭𝐢𝐯𝐨 𝐝𝐨 𝐧𝐨𝐬𝐨 𝐂𝐞𝐧𝐭𝐞𝐧𝐚𝐫𝐢𝐨 𝐧𝐨 𝐜𝐚𝐥 𝐩𝐫𝐨𝐱𝐞𝐜𝐭𝐚𝐫𝐚𝐬𝐞 𝐨 𝐝𝐨𝐜𝐮𝐦𝐞𝐧𝐭𝐚𝐥 𝐧𝐨 𝐪𝐮𝐞 𝐩𝐚𝐫𝐭𝐢𝐜𝐢𝐩𝐚𝐫𝐨𝐧 𝐯𝐞𝐜𝐢ñ𝐚𝐬 𝐞 𝐯𝐞𝐜𝐢ñ𝐨𝐬 𝐝𝐞 𝐏𝐨𝐧𝐭𝐞𝐜𝐞𝐬𝐮𝐫𝐞𝐬, no que quixemos recoller as súas historias, a nosa historia dende a perspectiva de quen vive e sinte a nosa vila e ó cal están convidados todas as veciñas e veciños.
Grazas ó traballo da AC Xarandeira poderemos coñecer e desfrutar da “𝐌𝐮𝐢ñ𝐞𝐢𝐫𝐚 𝐝𝐞 𝐂𝐞𝐬𝐮𝐫𝐞𝐬”,musicada pola agrupación de música tradicional para esta ocasión.
Ó rematar a proxección do documental, poderemos desfrutar dun 𝐞𝐬𝐩𝐞𝐜𝐭á𝐜𝐮𝐥𝐨 𝐝𝐞 𝐥𝐮𝐜𝐞𝐬 como broche final dun día tan significativo para todas e todos as cesureñas e cesureños.
Concello de Pontecesures