
ALUMNOS/AS DE 5º DE PRIMARIA PARTICIPARON NA ACTIVIDADE DE EXPERIMENTOS CIENTÍFICOS FATIROPINA, E ADEMAIS VISITARON O CADRO ADICADO “O TREN DE VARELA”.
Dobre sesión para os menos/as de 5º curso do CPI de Pontecesures nesta mañá de venres. Repartidos en 2 grupos, polo tema de cumprir aforos e manter distancia social, a partir das 12 h. uns visitaron a biblioteca municipal de Pontecesures onde houbo unha sesión de experimentos científicos na que Fatiropina presentou a estes alumnos/as diversas actividades sobre ciencia, pero tamén cunha pouquiña de arte. Fatiropina é unha educadora especializada en actividades que mesturan ciencia, pedagoxía e arte.. Trátase dunha convocatoria do programa “Ler conta moito” da Consellería de Cultura.
O outro grupo acudiu ó local do Club Xuvenil, onde visitaron o cadro adicado “O tren de Varela” pintado recentemente polo taller de pintura da Asociación Cultural “A Barcarola”, recibindo una charla da bibliotecaria Teresa Gil sobre a importancia da liña ferroviaria Cornes (Conxo) – Carril, a mais antiga de Galicia; e dentro deste contexto histórico a figura do maquinista “Varela”, quen percorría diariamente esta liña nos anos 20 e 30 do século pasado a bordo do seu tren tirado pola locomotora “Sarita”.
Logo invertíronse os papeis e os grupos cambiaron de actividade.
Comezan as clases do grupo folclórico Algueirada.
O horario para este curso 2020/2021 das clases do grupo, que está a piques de cumprir os 25 anos de existencia é, nun principio, o seguinte:
Baile e pandeireta. Sábados a partir das 16 horas no ximnasio do CPI Pontecesures. Monitor, Gustavo Couto.
Gaita. Sábados a partir das 18 horas no mesmo recinto. Monitor Juan Ordóñez.
Ás clases comezan o sábado 10 de outubro.
Respectarase escrupulosamente a normativa e o protocolo sobre o COVID-19.
Información e inscricións: Na propia clase e no teléfono 659/352996.
Faise un chamamento anímando a participar nestas actividades tan importantes para defender a nosa cultura e as nosas tradicións.
BASES DA CONVOCATORIA PARA A SELECCIÓN, CONTRATACIÓN E POSTERIOR CREACIÓN DUNHA BOLSA DE TRABALLO, DUN/HA TRABALLADOR/A SOCIAL.
No dia de hoxe, 8 de outubro, publicáronse no BOPPO as seguintes bases para a “CONVOCATORIA PARA A SELECCIÓN, CONTRATACIÓN E POSTERIOR CREACIÓN DUNHA BOLSA DE TRABALLO, DUN/HA TRABALLADOR/A SOCIAL”.Tal e coma se establecen nas mesmas, o prazo para presentar a documentación empeza a contar ó dia seguinte da publicación do anuncio no BOP, polo que mañá venres 9 de outubro e o primeiro dos cinco días hábiles para presentar dita documentación.O prazo remata o vindeiro venres día 16 de outubro (incluído).As bases pódense consultar no seguinte enlace:
http://www.pontecesures.org/vernoticia.asp?id=1520

NOTA ACLARATORIA
A base segunda no apartado f) establece que a titulación esixida para optar á cobertura do posto de Traballador/a Social será o grao ou diplomatura en traballo social ou titulacións equivalentes.Tras consultar co Colexio Oficial de Traballadores/as Sociais de Galicia, o termo de “EQUIVALENTE” entenderase referido exclusivamente ás titulacións de igual natureza obtidas no extranxeiro debidamente homologadas.









