SABADO 9 DE SETEMBRO FESTA DA BICICLETA 2006

O Concello de Pontecesures organizou outro ano mais, e coincidindo ca volta ó cole dos cativos, unha nova edición da Festa da Bicicleta. A cita será o vindeiro sábado día 9, e a hora de inicio da mesma a partir das 17.30 h na Plazuela, lugar de saida do percorrido, polo que se recomenda ós participantes estar a partir das 5 da tarde na Plazuela.

Esta Festa ten un caracter puramente lúdico, non habendo ningún tipo de competición, senón que se trata de dar un paseo por Pontecesures “escoltados” por Proteccion Civil e a Policia Local, para non ter problemas co tráfico de vehículos.

Ademais colabota na organización desta Festa a Deputacion provincial, ca entrega dunha serie de obsequios que se fan nun sorteo ó rematar a carreira, así coma os trofeos para os participantes mais novos e de mais idade.

Xa o sabedes, animádevos a participar.

Programas das Festas de Porto 2006

img-tit-festas-de-porto.gif

p(subtitular). SÁBADO 19 DE AGOSTO

p(leyenda). 19,30 horas

p(sangrado). Partido de fútbol no campo Ramón Diéguez entre solteiros e casados. Este ano como gran novidade tamén haberá partido de solteiras contra casadas antes ou despois do encontro dos homes

p(subtitular). LUNS 21, MARTES 22 E XOVES 24 DE AGOSTO

p(sangrado). Terán lugar no campo de fútbol Ramón Diéguez os partidos do campionato de fútbol para alevíns e infantís.

p(subtitular). MARTES 22 DE AGOSTO

p(leyenda). 22,00 horas

p(sangrado). Dentro do programa de festas o “cine ó aire libre”, na praza dos Valeiros, Proxección da película “Os 4 Fantásticos“.

p(subtitular). M?RCORES 23 DE AGOSTO

p(leyenda). 17,30 horas.

p(sangrado). Na praza dos Valeiros Gran expectáculo de animación infantil a cargo do Show dos Paiasos,

p(leyenda). 20,00 horas

p(sangrado). Regata de Dragóns no peirao de Pontecesures. Despois dalgúns anos vóltase a celebrar esta tradicional regata.

p(subtitular). XOVES 24 DE AGOSTO

p(leyenda). Pola mañá

p(sangrado). Disparo de foguetes anunciando a festa.

p(leyenda). A partir das 19.00 horas

p(sangrado). A Charanga Apeles percorrerá as rúas de Porto e as rúas principais de Pontecesures animando e invitando ós veciños a sumarse á festa. Estarán connosco mentras queden mexilóns por comer.

p(leyenda). 20,30 horas e despois da misa

p(sangrado). Trasladarase a imaxe de San Roque dende a Igrexa Parroquial ata Porto (casa de Vieites)acompañado polo grupo Algueirada da ANPA do CPI Infesta.

p(leyenda). 21,00 horas

p(sangrado). Actuación do grupo folclórico Algueirada na rúa dos Namorados.

p(leyenda). 22,00 horas

p(sangrado). Terá lugar na praza dos Valeiros a XVIII edición da GRAN MEXILLONADA. Amenizada pola Charanga Apeles.

p(leyenda). Despois da degustación

p(sangrado). Gran verbena coas orquestras COLORES ESPECTÁCULO e S.L. AM?RICA.

p(subtitular). VENRES 25 DE AGOSTO

p(leyenda). 10,00 horas

p(sangrado). Disparo de foguetes e pasarrúas pola Banda Cultural de Arcade patrocinada polo concello de Pontecesures e pola Deputación Provincial de Pontevedra.

p(leyenda). 12,00 horas

p(sangrado). Sairá da praza dos Valeiros a procesión de San Roque ata a Igrexa Parroquial.

p(leyenda). 12,30 horas

p(sangrado). Misa Solemne cantada polo grupo Barcarola de Pontecesures.

p(leyenda). 13,30 horas

p(sangrado). Poxa de ramos na praza dos Valeiros.

p(leyenda). 20,00 horas

p(sangrado). Gran concerto na praza dos Valeiros da Banda Cultural de Arcade.

p(leyenda). 22,00 horas

p(sangrado). Gran verbena coa actuación das orquestras PANORAMA e GRAN PARADA.

p(titular). Tódolos actos son organizados pola Asociación Cultural San Roque de Porto.

Entregados onte os premios do concurso de redacción “LETRAS GALEGAS 2006”

Na biblioteca do CPI Pontecesures, entregáronse onte os premios do concurso de referencia organizado pola ANPA do centro e no que participaron os nenos de educación primaria dos CEIP de Baño-Valga e “Ferro Couselo” de Cordeiro e dos CPI “Progreso” de Catoira e Pontecesures.

Os gañadores das distintas categorías foron:
-4º curso. Alberto Rivas de Jesús (CPI Pontecesures)
-5º curso. Paula Martinez Suárez de Centi (CPI de Catoira) e Sara Azidane Chenlo (CEIP Baño-Valga)
-6º curso Xenxo Campaña Fernández (CEIP de Cordeiro)

Antes da entrega de premios polos representantes dos tres concellos e pola directora do CPI Pontecesures, houbo unha magnífica charla da filóloga e poeta Elvira Riveiro Tobío que comparou a poesía de Lugrís Freire coa dos poetas galegos modernos.
Despois de ler a súa redacción Xenxo Campaña en representación de tódolos premiados a ANPA agradeceu a colaboración co evento da conferenciante, dos profesores dos centros, da Deputación de Pontevedra e de Fernando Rodríguez Gómez.
Para rematar o acto interpretou (moi ben, por certo) o himno do antigo reino de Galicia a gaiteira Adriana Rivas Seijo que é alumna do CPI Pontecesures e pertence ó grupo “Algueirada” dependente desta ANPA.
A organización desde concurso no vindeiro ano correspóndelle a ANPA do CPI “Progreso” de Catoira.

Pontecesures, 30 de maio de 2006
Luis Angel Sabariz Rolán
Presidente da ANPA do CPI Pontecesures

Nota da ANPA do CPI Pontecesures sobre o Concurso de Redacción “LETRAS GALEGAS 2006”

O vindeiro luns día 29 de maio ás 17,30 horas celébrase na biblioteca do CPI Pontecesures a entrega de premios do Concurso de Redacción “LETRAS GALEGAS 2006” no que participan alumnos de 4º, 5º e 6º de educación primaria de catro colexios da comarca: CEIP “Ferro Couselo” de Cordeiro-Valga; CEIP de Baño-Valga; CPI “Progreso” de Catoira e CPI de Pontecesures.

Neste 2006 corresponde a organización do acto a este ANPA (xa levamos varias edicións e vai rotando a organización entre as ANPAS dos distintos centros) e no acto de entrega de premios (están convidados os alcaldes dos tres concellos) haberá unha charla da filóloga Elvira Riveiro Tobío sobre a obra de Manuel Lugrís Freire.

Os traballos que participan no concurso son individuais, manuscritos, en galego e sobre tema libre e mañá xoves día 25 ás 16,00 horas reúnese o xurado no colexio de Pontecesures que está composto por representantes do profesorado dos tres centros.

Coa organización deste evento as catro ANPAS queren potenciar o uso do galego na nosa comarca.

Para rematar, quérese salientar a colaboración da Deputación Provincial de Pontevedra con este acto.

Luis Angel Sabariz Rolán
Presidente da ANPA

Festival de música tradicional “Letras Galegas 2006”

Organizado polo Concello de Pontecesures e coa colaboración da Deputación de Pontevedra, da Asociación Cultural Xarandeira de Pontecesures e da ANPA do CPI Infesta de Pontecesures, celébrase o sábado día 20 de maio ás 19,30 horas na Prazuela unha edición máis do festival de referencia que conta coa participación dos seguintes grupos por orde de actuación (cada formación actúa por un tempo de 1/2 hora aproximadamente):

* Grupo Algueirada de Pontecesures.
* Agrupación Folclórica Trebeyu de Xixón (Asturias).
* Agrupación Folclórica de Santa Marta de Portuzelo de Viana do Castelo (Portugal).
* Grupo “Xarandeira”:http://xarandeira.pontecesures.net de Pontecesures.

Solicitude de cerramento de marquesina na rúa Calera de Porto

En outubro pasado colocouse unha marquesina doble na rúa Calera de Porto para protexer ós alumnos do C.P.I. Pontecesures que utilizan o transporte escolar logo de incluir esta actuación no Programa de Acción Municipal 2005 da Deputación Provincial de Pontevedra.

Recollendo a suxerencia de varios pais/nais solicítase agora que se cubra a fronte da metade desta marquesina xa que cando chove con vento do sur entra directamente o auga na propia marquesina.

(máis…)