Programa de Balnearios da Deputación Provincial

balnearios.jpgO Concello de Pontecesures participa no Programa Diúrno de carácter lúdico no balneario Termas de Cuntis que organiza a Deputación de Pontevedra poñendo 55 prazas a disposición dos veciños e veciñas que cumpran os requisitos de participación.
O programa facilita a asistencia ao balneario de Cuntis durante unha semana (de luns a venres), incluíndo o transporte e a estadía durante 2 horas diarias para a utilización das instalacións. A quendas terán lugar en abril, maio e xuño.
(máis…)

A Deputación de Pontevedra contrata dous peóns para traballar ás ordes do concello de Pontecesures.

deputacion.jpgDentro do Plan de Actuacións Diversas 2007 da Deputación de Pontevedra este organismo contratou aos peóns Natalia Potel Saborido e José María Martínez Caamaño por tres meses para realizar tarefas nos servizos municipais (a Deputación aporta o 75% do custo, mentres o concello o 25%). O propio órgano provincial presentou unha oferta de emprego na oficina de emprego de Vilagarcía e logo as persoas preseleccionada despois da sondaxe foron entrevistadas para decidir as dúas persoas elixidas

Hoxe comeza o curso de esmalte de “A Barcarola”.

No Centro Social, os mércores e venres de 20,30 a 22,30 horas, vaise celebrar este curso organizado pola Asociación de Amas de Casa “A Barcarola” e subvencionado pola Deputación Provincial de Pontevedra. As prazas son limitadas.
Para participar no curso as socias teñen que ter o carnet ao día. As que non sexan socias e desexen participar deben interesarse na Mercería Carmen, na Parafarmacia de Pontecesures ou no nº de teléfono 986-557369.

Hoxe comeza o obradoiro. A ACP denuncia deficiencias.

NOTA DA AGRUPACI?N CIDADÁ DE PONTECESURES (ACP)

Mañá día 26 comezo o obradoiro de emprego de Pontecesures que está composto por 36 alumnos-traballadores nas especialidades de albanelería (12), carpintería (7), xardinería (10) e axuda no fogar (7).
As actividades vanse desenvolver na nave municipal situada na rúa Pousa Antelo (fronte ao CPI Pontecesures) agás a especialidade de axuda no fogar que terá lugar no Centro Social.
Como se temía esta agrupación, non foi executada a obra de remodelación da nave que, por importe de 60.000 ?, está incluída no Programa Operativo Local da Deputación de Pontevedra. Así a reparación da cuberta (hai pingueiras cando chove) e a colocación da nova instalación eléctrica aínda non se fixo a pesar de que mañá comezan as actividades.
Lémbrase que na actualidade a instalación eléctrica é irregular pois Unión Fenosa concedeu autorización no se día para o subministro tendo en conta que había un motor dun pozo preto do recinto. E necesario tramitar, co correspondente proxecto, a nova alta en Unión Fenosa e executar as obras na nova cumprindo a normativa. Ogallá non ocorra nada grave neste comezo das actividades do obradoiro.
Queremos denunciar a desidia do alcalde e do grupo de goberno neste tema. Polo seu desinterese agora terá que realizarse a obra de remodelación da nave (xa está adxudicada a Obras y Edificaciones Seixo) mixturada coas actividades docentes no local. E a típica “chapuza” pola improvisación do goberno local.

Pontecesures, 25 de decembro de 2006

Luis Angel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP de Pontecesures.

Mañá día 23 de decembro, VII Carreira Popular de Pontecesures.

Organizada polo concello e coa colaboración da Deputación de Pontevedra celébrase a carreira de referencia con saída e meta na Plazuela de Pontecesures.
As 16,30 horas saíra a carreira dos participantes de 5 a 8 anos cun percorrido de 400 metros.
As 16,45 horas sairá a dos participantes de 9 a 12 anos cun percorrido de 600 metros.
As 17,00 horas sairá a dos participantes de 13 e 14 anos cun percorrido de 1.200 metros.
As 17,20 horas sairá a carreira senior onde haberá catro categorias (de 15 a 17 anos; de 18 a 35; de 36 a 50; e de máis de 50 anos). O percorrido será de 5.000 metros.
As 18,15 horas sairá a carreira dos pitufos de o a 4 anos cun percorrido de 100 metros.

A inscrición previa na Casa do Concello será chamando aos teléfonos 986-564410 e 986-564403 e 986-557125 ou enviando un fax ao 986-557554.
Tamén pódense inscribir os participantes o mesmo día 23 dende as 15,30 ata as 16,30 horas no Centro Social de Pontecesures (Camiño de San Xulián 4).

Haberá camisetas para os 200 primeiros inscritos e trofeos para os tres primeiros da carreira senior (homes e mulleres). Tamén haberá medallas para os tres primeiros de cada categoría (homes e mulleres) e un trofeo especial para o/a participante máis veterano/a

O «Nauja» achega a cultura mariñeira aos pobrenses

Logo de deterse nos peiraos de Muros, Boiro e Ribeira, o barco Nauja chegou onte á vila da Pobra. A deputada e portavoz do grupo nacionalista na Deputación coruñesa, Socorro Cea Vázquez , asistiu á inauguración da exposición Xente, mar e vento , que pode admirarse no interior do veleiro e que xira en torno á actividade pesqueira e aos atractivos turísticos do mar. A delegada local de Cultura, Encarna González , e o concelleiro Severino Romero tamén acudiron á presentación.
(máis…)