Programa de balnearios da Deputación de Pontevedra.

O concello de Pontecesures participa no Programa Diurno de carácter lúdico no Balneario Termas de Cuntis-Quenda de Outono, que organiza a Deputación de Pontevedra, poñendo 20 prazas a disposición dos veciños/as que cumpran os requisitos de participación.

O Programa facilita a asistencia ó Balneario de Cuntis durante unha semana (de luns a venres) incluíndo o transporte e a estadía de 2 horas diarias durante as que se poderán utilizar as instalacións do balneario incluídas no programa. A quenda desenvolverase nos meses de setembro, outubro ou novembro.

Os/as participantes teñen que aboar 3,60 ?/día, isto é 18 ? (inclúe os traslados en autobús e o uso das instalación do balneario).

Requisitos:

* Estar empadroados/as e ter domicilio en Pontecesures.
* Valerse por sí e non padecer alteracións de comportamento nin enfermidade infecto-contaxiosa.
* Cumprir algúns dos seguintes requisitos específicos:
** Seren pensionista, ou
** Seren coidador/a principal dunha persoa dependente, ou
** Teren 50 anos cumpridos.

As solicitudes presentaranse acompañadas do DNI, Certificado de empadroamento, Informe Médico, e outros documentos que acrediten as circunstancias alegadas na solicitude.

O prazo para presentar as solicitudes estará aberto ata o 4 de setembro.

Para máis información poden dirixirse ó Servicio Social de Atención Primaria do Concello de Pontecesures os luns, martes e venres de 9 a 13,30 horas.

El PSdeG inicia un plan de trabajo para la comarca de Caldas.

El PsdeG de la comarca Ulla-Umia, que para el partido incluye los concellos de Caldas de Reis, Catoira, Cuntis, Moraña, Pontecesures, Portas, Valga, Barro, Campo Lameiro e A Estrada, inició ayer en Moraña un plan de trabajo en equipo “de xeito que os alcaldes sexan un impulso para os grupos municipais socialistas que se atopan na oposición”, según explicó la diputada autonómica Carmen Cajide, natural de Cuntis.

(máis…)

Reitérase a denuncia de contratacións a dedo logo de comprobar o expediente.

NOTA DO CONCELLEIRO DE PONTECESURES LUIS ÁNGEL SABARIZ ROLÁN

O pasado mércores consultou este concelleiro o expediente de contratación de dous traballadores con cargo a unha subvención concedida pola Deputación de Pontevedra para arranxar danos causados polas choivas do pasado outono.

Lémbrase que a solicitude para a consulta fíxose o 6 de marzo pero o alcalde non autorizou a mesma ata agora baseando a demora na posible perturbación das oficinas municipales (razoamento totalmente absurdo, pois o expediente permaneceu inalterable nunha mesa durante todo este tempo).

(máis…)

O sábado 19 Festival Folclórico na Plazuela.

Terá lugar ás 20 horas do sábado 19 de maio o Festival Folclórico de Música Tradicional “Letras Galegas 2007” no que actuarán os seguintes grupos:

* Rancho Folclórico Penacova de Coimbra (Portugal)
* Algueirada de Pontecesures
* L’Artusu de Mieres (Asturias)
* Xarandeira de Pontecesures

Organiza o evento o concello de Pontecesures e colaboran a ANPA do CPI Pontecesures, a A.C. Xarandeira e a Deputación de Pontevedra.

Campamentos de verán na Lanzada

O concello de Pontecesures e a Deputación de Pontevedra ofrecen un campamento de verán para nenos e nenas de Pontecesures nados entre os anos 1994 e 1999 de 7 días de duración.

As datas de este campamento son:

# Do 1 ao 7 de xullo
# Do 8 ao 14 de xullo
# Do 16 ao 22 de xullo
# Do 24 ao 30 de xullo
# Do 1 ao 7 de agosto
# Do 8 ao 14 de agosto
# Do 16 ao 22 de agosto
# Do 24 ao 30 de agosto

As solicitudes deben presentarse ata o 14 de maio no Concello (as prazas serán adxudicadas pola Deputación Provincial).

O prezo será 66 ? (sen subvención). Existen 20 prazas subvencionadas entre o 50% e o 80%, para unidades familiares que non superen os límites económicos establecidos.

Para más información: Web do concello “pontecesures.org”:http://www.pontecesures.org/vernoticia.asp?id=13

Sabariz denuncia la inoperancia del gobierno nacionalista cesureño.

Dice que hay una obra concedida al Concello que no puede adjudicarse porque en realidad ya está ejecutada.

Luis Sabariz Rolán, candidato a la Alcaldía de Pontecesures con el PSOE, vuelve a arremeter contra el gobierno local del BNG, al que acusa de “una total inoperancia” y de practicar actuaciones “oscurantistas” que, a su juicio, perjudican a los ciudadanos.

(máis…)