Falleció Gabino Jamardo García.

A los 89 años de edad falleció este vecino de la rúa Deputación de Porto que estaba casado con Mª Rosario Refojo Loureiro. El velatorio está instalado en el Tanatorio Iria Flavia de Padrón. Mañana miércoles 12 de agosto, a las 17:00 horas, tendrá lugar el funeral en la Iglesia de Pontecesures. Luego los restos mortales recibirán sepultura en el Cementerio Parroquial.

Descanse en paz.

INSTALACIÓN DUN DISPOSITIVO PARA RECOLLIDA DE CANS ABANDONADOS EN PONTECESURES.

Ante as demandas da veciñanza acerca da presenza de  cans abandonados na zona urbana de Pontecesures, personal de CAAN (Centro de Acollida e Protección de Animais da Deputación de Pontevedra) instalou na zona da estación do tren un dispositivo trampa para proceder á sua captura e posibilitar o seu traslado a un centro para desparasitalos e ofrecerlle os coidados veterinarios previos á sua posta en adopción. 

MULLERES EN ACCIÓN: VIOLENCIA ZERO

O Concello de Pontecesures ven de ser seleccionado pola Deputación de Pontevedra como un dos 25 concellos da provincia participantes no programa “Mulleres en acción: Violencia zero”.

A acción que se vai levar a cabo consiste na realización dun graffitti-mural no que a artista, Laura Tova, representará a peza “Koré” onde a arte contemporánea torna en axente mobilizador de conciencias en prol da igualdade e o empoderamento feminino.

A presentación da obra será o próximo xoves 6 de agosto ás 11 horas no Castro.

Sementa igualdade + cultiva cultura = Recolle cambio

Acto de precampaña do PSdeG hoxe na Plazuela de Valga

Organizado por Socialistas de Valga. Acto de precampaña do PSdeG en Valga( Plazuela de Valga), 20:30 horas coa participación dos candidatos:
– Javier Carballo de Jesús
– Daniel Chenlo
– Paloma Castro
Tamén participarán a voceira dos Socialistas de Valga, María Ferreirós; o Secretario Xeral Provincial, David Regades e a Presidenta da Deputación, Carmela Silva

Rógase acudir ao acto con mascarilla

COMEZO DAS OBRAS “ACTUACIÓN DE CONSERVACIÓN E RESTAURACIÓN DO CRUCEIRO DE CARREIRAS”

Esta semana darán comezo as obras de “Actuación de conservación e restauración do cruceiro de Carreiras”

Esta obra foi adxudicada ó restaurador Xosé María Lomba Martínez por un importe de 6.957,50€ financiando a Deputación de Pontevedra 5.757,71€ a través da Subvención para a rehabilitación e a sinalización do patrimonio histórico-cultural dirixidas aos Concellos da Provincia de Pontevedra para o ano 2019 e os restantes 1.199,79€ con fondos propios do Concello de Pontecesures.

A obra consiste en recuperar dentro do posible o estado orixinal do cruceiro e sobre todo eliminar elementos que están a provocar danos ou deterioros deste importante ben cultural de Pontecesures. Está obra require a retirada da cruz para o seu tratamento e a posterior colocación.