A DEPUTACI?N DE PONTEVEDRA AMPLÍA A SUBVENCI?N PARA O SAF (SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR) AO CONCELLO DE PONTECESURES EN 4.000 EUROS.

A Deputación de Pontevedra ven de ampliar a subvención do ano 2016 ao Concello de Pontecesures para o SAF (Servizo de Axuda no Fogar) cun importe de 4.000 ?. A subvención que inicialmente tiña o concello para este servizo era de 14.160 ? que agora se ve incrementada con esta nova aportación do ente provincial.

Esta medida afecta a 30 concellos da provincia de Pontevedra, supoñendo unha ampliación total de 160.000 ?.

No seguinte enlace web pódese ver a nova completa, coa ampliación correspondente a tódolos concellos, publicada na web da Deputación de Pontevedra:

A Deputación amplía ata preto de 1,4 millóns de euros o Servizo de Axuda no Fogar

 

O BNG de Pontecesures critica a escasa difusión do premio Borobó por parte do goberno local.

Estamos a poucos días de rematar o 2016. Un ano que estaba chamado a ficar na memoria de Cesures e dos cesureños por ser conmemorativo do nacemento de un dos nosos máis ilustres veciños: Raimundo García Domínguez, Borobó
Remata o ano e, o que podía ser un broche de ouro de este centenario, o “Premio Xornalístico Raimundo García, Borobó” é, na realidade, un fracaso grazas, ó noso entender, á pésima xestión da convocatoria levada a cabo polo equipo de goberno
A convocatoria do premio, que pretendía homenaxear ó escritor e mestre do xornalismo galego no centenario do seu nacemento,foi acordado por unanimidade da anterior corporación municipal (BNG-PSOE) e conta coa colaboración da Deputación de Pontevedra. A entidade provincial participaba no premio aportando a totalidade do premio; asumindo os costes de impresión de cartelería e bases; e comprometéndose a editar un compendio das obras que se presentaran ó premio
No pasado pleno, preguntamos ó alcalde cal era o número de obras presentadas ó concurso. A resposta non foi moi alentadora, UNHA SOA OBRA presentada a concurso.
Non podemos dicir que nos sorprendera a resposta pero sí que foi unha decepción que, o que estaba chamado a ser un dos actos máis importantes do centenario se quede en nada. O 5 de decembro remataba o prazo de presentación e o número de obras presentadas seguía a ser o mesmo
No BNG temos claro que o equipo de goberno non tivo, en ningún momento, esta convocatoria como unha das súas prioridades por, entre outros, os seguintes motivos
– Tanto a cartelería como os folletos coas bases non foron recollidos da imprenta provincial ata finais do mes de outubro cando estaban listos dende o mes de agosto.Quedaron aparcados nas oficinas do Concello á espera de tempos mellores….
– A publicidade na prensa de maior tirada foi inexistente cando, o habitual neste tipo de premios, é publicitalo no maior número de diarios sobre todo cando se trata dunha primeira edición. O señor Seage ofendeuse moitísimo ante esta proposición, insinuando se non sabíamos o que era un e-mail ¿? e que él mandara un montón de correos a un montón de xente, da que non citou a ninguén, por certo e, visto o éxito da convocatoria, non deberon surtir o efecto desexado…..
– As bases foron feitas de presa e correndo, non albergamos a mínima dúbida: un prazo de publicación surrealista (do 1 de agosto e o 31 de novembro de 2016) deixando fóra artigos publicados en torno ó 10 de Xullo, data da conmemoración ou limitarse á prensa escrita deixando fóra os proxectos audiovisuais
Cando preguntamos polo papel da Xunta de Galicia, cuxo logo aparece no cartel da convocatoria, a resposta do alcalde foi que exercía tarefas de asesoramento….Bueno, pois podemos concluir que moi ben asesorados dado o éxito de convocatoria
A día de hoxe non sabemos que vai pasar co premio, xa que o alcalde non foi quén de contestar a esta pregunta. O que sí temos cada día máis claro é que, a cultura ó noso equipo de goberno, importalle bastante pouco e cada día que pasa deixano máis claro

BNG Pontecesures

Administración electrónica no Concello de Pontecesures.

A Deputación de Pontevedra, para dar cumprimento á lexislación vixente relativa ao acceso electrónico da cidadanía ás actuacións públicas, está a prestar o servizo de implantación, uso e soporte dunha solución de Administración electrónica para os concellos de menos de 50.000 habitantes. Con esta prestación, á que a institución provincial destina 847.000 euros, preténdese facilitar que os concellos que non contan cos recursos suficientes poidan levar a cabo a adaptación e modernización tecnolóxica.

Desde a posta en marcha desta actuación foron varios os concellos que se puxeron en contacto coa Deputación de Pontevedra para solicitar esta subministración, incluída no marco das competencias que a Lei de réxime local concede ás institucións provinciais. Deste xeito, por orde de solicitude, o primeiro concello en implantar a Administración electrónica será Agolada (a partir de mañá 22 de decembro), seguido de Cerdedo-Cotobade (27 de decembro), Pontecesures (28 de decembro), Cangas (2 de xaneiro de 2017), Cambados (3 de xaneiro de 2017) e Mondariz (9 de xaneiro de 2017).

A través desta actuación a Deputación de Pontevedra impulsará solucións de Administración electrónica para que os concellos dispoñan dunha sede electrónica personalizada para relacionarse coa cidadanía e, por outra banda, un portal para que o persoal da Administración local poida realizar a xestión integral dos procedementos e expedientes por medios electrónicos. A través desta ferramenta poderase consultar un catálogo de servizos electrónicos de trámites, consultas de expedientes ou procedementos que se poden iniciar de forma telemática e presentar no rexistro electrónico sen necesidade de realizar un desprazamento presencial ás administracións.

Páxina Oficial da Deputación de Pontevedra.

Gato desaparecido

Fai xa un día que non se sabe nada de Zippie, o meu gato, non sería nada raro para un gato, pero si para este, que leva uns meses en Porto, e sae varias veces a dar unha volta e logo volta á casa a comer e durmir.
img_3335

? un gato grande, en comparación cos gatos normais, gosta de tomar o sol no xardín (na rúa Deputación) e andar a correr polas leiras do lado. Está capado, polo que, ainda sendo un gato de raza (Ruso Azul) pouca utilidade ten si alguén o levou.

img_3421Cando sae, e non pode entrar espera na porta da casa ata que alguén entra, e moi tranquilo, só se adica a dar paseos (curtos), e logo facer compañía na mina casa. Os meus pais están disgustados, pola desaparición, xa que é un animal que sempre reclama e da agarimos, e non é “problemático”, non se mete onde non o chaman, e cando o chaman, esté onde esté ven correndo coma un cadeliño.

img_3388Leva o colar da imaxe, ten o chip identificativo, e non debería estar moi lonxe (si ainda está por aquí) da miña casa, sendo o lugar máis lonxe ó que vai ó quinteiro (Baixando pola rúa deputación, antes de chegar ó Choco).

Os meus pais están realmente preocupados polo inusual da súa desaparición, sobre todo porque ó estar capado, o de ir á xanela non é algo que faga.

Non é o primeiro gato que nos desaparece ou aparece cun pau dado e que chega a morrer a miña casa, pero á diferencia é que este non é dos que se mete onde non deba, e todo o contrario. Polo pasado recente sospeitamos o que lle pudo ocorrer, esperemos que non, porque de ser así se tomarían medidas.

Si por algunha casualidade o gato asustouse ou está perdido, esta fora da súa zona, e  alguén o ve pregamos nolo diga, si está asustado, coma todolos gatos, non se lle debe votar a man, so avisar para ir a recollelo.

Si está relaxado o normal é atopalo así:

img_3446

Eu estou fora, deixei Sevilla e agora estou en Bilbao, polo que non podo participar activamente na percura de Zippie, só podo esperar, sei que os meus pais buscaron e rebuscaron, chamarono … sin resultado.

Si alguén o ve, agradeceriamos moito que nos fixesen saben onde anda para que volte á casa.

Choiva de mocións, seis, do BNG para o pleno de hoxe en Pontecesures. Dúas presentou o PSOE e unha o PP.

A sesión será ás 20 horas coa seguinte orde do día:
1. Actas anteriores.
2. Moción do BNG de oposición á LOMCE e ás súas reválidas.
3. Moción do BNG para declarar a este concello vila libre de circos con animais.
4. Moción do BNG sobre a transferencia da AP-9.
5. Moción do BNG a prol da ampliación da acreditación por violenica machista, da creación do estatuto do feminicidio e da toma de medidas contra as consecuencias sobre as mulleres da desigualdade económica.
6. Moción do PSOE de solicitude de arranxo e mellora da PO-214, A Estrada/Pontecesures.
7. Moción do PP para solicitar un plan de actuación do parte de maquinaria de Deputación no Concello de Pontecesures.
8. Proposta do PSOE para establecer beneficios fiscais de igualdade social, políticas ambientais, impulso da promoción económica e creación do emprego.
9. Moción do BNG para garantir o subministro eléctrico ás persoas sen recursos.
10. Moción do BNG en contra da variante programada polo Ministerio de Fomento da N-550 ao seu paso por Pontecesures e Valga.
11. Periodo medio de pago a provedores 3º trimestre de 2016. Dar conta.
12. Resolucións da alcaldía. Dar conta.
13. Informes da presidencia.
14. Rogos e preguntas.

Críticas do BNG a Vidal Seage por “ocupar” a Deputación xunto cos alcaldes do PP.

bsea

bseag

O señor Seage, alcalde de Pontecesures, convírtese, unha vez máis, no protagonista de situacións que raian o esperpento.
Durante a lexislatura anterior e o primeiro ano da actual (ata a moción de censura do 9 de maio), as solicitudes tanto a Augas de Galicia como Portos, co fin de mellorar a situación na zona do Telleiro a Augas (con visita do señor Cores Tourís incluida) e acadar melloras na zona portuaria, foron sistemáticamente denegadas alegando os máis variopintos motivos. Curiosamente,unha semana despois de aprobarse a moción de censura que permitiu a entrada do PP no goberno grazas ó apoio de Cordo e IP, comenzaron as obras no peirao coa pavimentación da vía e a limpeza do mesmo. ¡Qué curioso! Básicamente,sen tempo para preparar un proxecto que presentar para solicitar estas melloras, concédense así, sen máis. Por suposto, esto foi achacado á inmensa capacidade de xestión do equipo de goberno…
O pasado día 15, o noso ínclito alcalde xunto ós sus homólogos populares doutros concellos, non dubidou en ocupar o salón de plenos da Deputación de Pontevedra, sen aviso nen autorización, para protestar polo reparto de fondos da deputación ós concellos; fondo que, por primeira vez, remata co reparto discrecional que, durante a etapa Louzán, ben sabemos a que concellos beneficiaba, a mesma política que antes e agora practica a Xunta de Galicia, repartindo e beneficiando de xeito “discrecional” ós concellos amigos. Unha vara de medir ben curiosa, non é?
Chama a atención que deputados e outros membros do PP critiquen a manifestación (autorizada) celebrada o 29 de outubro en Madrid e a tilden de atentado á democracia pero, ó mesmo tempo, non dubidan en levar a cabo accións como a do pasado martes, entrando no Pazo Provincial en plan comandos… Tamén nos chama a atención que o señor Seage adique o tempo no que debería estar atendendo asuntos propios do concello, polo que recibe unha remuneración de 1,200 euros por cinco horas de traballo, a realizar actividades de promoción e publicidade do seu partido…

BNG Pontecesures