Actuacións solicitadas polo equipo de goberno a incluir no Plan de Obras e Servizos da Diputación (POS 2013)

O equipo de goberno de Pontecesures ven de solicitar a inclusión das seguintes actuacións con financiamento da Deputación de Pontevedra:

 

1)    Arranxo do Parque Infantil ??Vicente Moure? por importe de 48.268,52 euros.

 

As obras previstas consistirán, por unha banda, na adaptación do parque ás normativas de seguridade actuais, mediante a instalación baixo cada un dos xogos dun chan brando con capacidade para absorber caídas de ata 2,20 metros de altitude. Neste caso instalaranse unhas losetas absorbentes e preparadas para a plantación de céspede en superficie. Este chan colocarase tanto baixo os novos xogos que se instalen como baixo os actuais que se conserven.

Por outra banda, prevese substituir parte dos xogos actuais, aqueles que se atopan máis deteriorados, por 8 novos xogos adaptados ás normas vixentes. En concreto, se intalarán:

–      1 casiña de xogos.

–      1 tobogán.

–      1 tiroloina.

–      2 balancíns con formas de animais.

–      1 estructura de escalada.

–      2 columpios dobres (cada un deles cun asento para nenos e outro para bebés)

A actuación completarase coa plantación do céspede sobre as losetas e coa colocación dun novo cartel informativo na entrada do parque xunto á Casa do Concello.

 

2)    Actuacións de Aforro Enerxético na Rede de Alumeado Público por importe de 59.530,71 euros.

 

O Concello de Pontecesures pretende levar a cabo unha actuación que consiste na substitución de luminarias na rede de alumeado público de varias rúas do municipio, co fin de reducir o consumo enerxético actual. Tamén está previsto completar a rede actual coa instalación de 10 novos puntos de luz en rúas con deficiente iluminación.

A actuación de aforro enerxético afectará a circuítos completos, regulados mediante 4 cadros de mando e sobre os que tamén se actuará para adaptalos aos novos equipos que se instalarán. As rúas afectadas son:

– Avda. José Novo Núñez – tramo 1 (entre ponte e camiño de San Xulián)

– Avda. José Novo Núñez – tramo 2 (entre camiño de San Xulián e avda. de Vigo)

– Avda. de Vigo

– Camiño de San Xulián

– Rúa do Castro (primeiro tramo desde a rúa do Pilar)

– Rúa Miguens Parrado

– Rúa Nova

– Rúa Ullán (o tramo entre rúa San Lois e a avda. de Vigo)

– Rúa do Rial (primeiro tramo desde a avda. de Vigo)

– Praza de Pontevedra

Actualmente estes viais contan con luminarias de vapor de sodio, cun alto consumo (150 e 250 W)

As luminarias viais substituiranse por luminarias LED coa potencia necesaria, as luminarias tipo globo substituiranse por unhas novas luminarias e as luminarias ornamentais (tipo villa, palacio, ?) substituiranse e adaptaranse para instalar novos módulos LED.

Ademais de cambiar o vapor de sodio por LED, para adaptar toda a instalación ás novas necesidades, será preciso reformar parcialmente 3 dos centros de mando (os núm. 01, 03 e 04) e totalmente o cuarto (o 02), coa instalación ou adaptación de reloxos astronómicos, adecuación dos cadros de protección e as acometidas, renovación das envolventes dos cadros, ?

Tamén será preciso optimizar os contratos de subministro de enerxía, de acordo cos novos consumos previstos.

Por outra banda, instalaranse 10 novos farois co seus correspondentes postes de formigón, cableado, soportes, caixa de conexión, fusibles, ? e se distribuirán tres no parque situado detrás das vivendas xunto ao campo de fútbol, dous nunha pista na zona de Redondo, catro no tramo final da pista do Regadío, e un na travesía entre a pista do regadío e a rúa do Ensanche.

Con esta actuación o equipo de goberno pretende un aforro estimado dun 70% do actual consumo eléctrico.

 

3) Factura de gasto corrente da Mancomunidade Serra de Barbanza pola recollida de lixo de agosto de 2013, por importe de 11.990,83 euros.

?nete á volta 2013

untea-volta-cesures-2013-web

Baixo a denominación UNETE Á VOLTA e co patrocinio da Deputación de Pontevedra, celébrase a Festa da Bicicleta en Pontecesures. Realizarase un percorrido cicloturista polo noso pobo cubrindo unha distancia de 11,5 km.

Sábado 14 de setembro na Plazuela ás 17.30 horas (hora de saída). Concentración de cicloturistas no mesmo lugar a partir das 17.00 horas.

Para participar é preciso ter unha idade mínima de 8 anos e é obrigatorio o uso do casco.

Ao remate da ruta cicloturista, e comoa de costume, sortearanse entre tódolos participantes varios agasallos.

NOTA DO GRUPO MUNICIPAL DO PARTIDO POPULAR SOBRE A CONCESI?N DE SUBVENCI?NS POR PARTE DA XUNTA E DEPUTACI?N

O grupo municipal do Partido Popular recibe con satisfacción a nova da concesión por parte da Consellería de Economía e Industria ó abeiro da orden do 30/04/2013 que destina subvencións para revitalizar o comercio de proximidade e potenciar unha rede galega de mercados de abastos, dunha subvención para obras de reparación no mercado municipal de Pontecesures por un importe de 8.712 ?.
Este grupo municipal xa se interesara no pasado Pleno do mes de Xaneiro polas deficiencias estruturais que presentaban ditas instalacións, presentando fisuras nos apoios das cerchas do tellado, e instando ó goberno municipal á elaboración dun informe de solidez e a levar a cabo as correspondentes accións correctoras. ? sen dúbida unha boa nova para os usuarios destas instalacións da Praza de Abastos e ven a amosar de novo o compromiso do goberno autonómico co comercio de proximidade.
Destacar do mesmo xeito, que despois de varias denuncias por parte do Partido Popular do mal estado no que se encontraba o Parque Infantil Vicente Moure, o goberno municipal, a través das subvención que concede a Deputación de Pontevedra dentro do Plan de Obras e Servizos, vai a poñer en valor unha area de esparcemento e lecer para os máis cativos do noso concello cun investimento de 48.268 euros.
Dúas boas novas que van a representar investimentos por parte do goberno da Xunta e a Deputación de Pontevedra e que se traducirán nun mellor aproveitamento destas instalacións municipais.

Actuacíóns que o goberno local de Pontecesures inclúe no POS da Deputación de Pontevedra.

Segundo decreto da alcaldía de 05/09/13 solicítase a inclusión das seguintes actuacións con financiamento da Deputación de Pontevedra:

1. “Arranxo de Parque Infantil Vicente Moure” por importe de 48.268,52 euros.

2. “Actuacións de Aforro Enerxético na Rede de Alumeado Público” por importe de 59.530,71 euros.

3. Factura de gasto corrente da Mancomunidade Serra de Barbanza pola recollida de lixo de agosto de 2013, por importe de 11.990,83 euros.

Propostas da ACP ao goberno local sobre obras a incluir no Plan da Deputación.

O pasado 14 de agosto foron publicadas no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra as bases reguladoras o Plan de Obras e Servizos provinciais 2013 para os concellos da provincia. A Pontecesures correspóndenlle actuacións por un importe de 119.790,06 euros que serán adxudicadas, no caso de investimentos, pola propia deputación.

Propón a ACP ao goberno local a inclusión no plan das dúas actuacións seguintes:

1. “Recuperación dos manantiais e das conduccións no monte municipal Salgueiras-Lagoa para o abastecemento de auga de Pontecesures”.

2. “Obra de renovación das redes de abastecemento e saneamento na rúa Doutor Mosquera”.

Sobre a primeira das actuacións xa hai un documento técnico para reparar a traída municipal de augas que procede do monte municipal Salgueiras-Lagoa e que se atopa soterrada. cuxas partidas hai que adaptar polo tempo transcorido dende a súa redacción en tempos do goberno anterior.
A reparación desta traída suporía un notable aforro para o concello, xa que no outono, inverno e incluso na primaveira (dependendo da cantidade de choivas) utilízanse para o abastecimento aguas soterradas que proceden de fontes e manantiais do monte de utilidade pública Salgueiras-Lagoa. Estas fontes mináronse hai máis de 40 años e instaláronse entón unhas tubarías que levan a agua ata a vila. Estas canalizacóns están case destrozadas e na actualidade, debido ao deterioro das instalacións, pérdese moita auga polo monte abaixo e así desaproveitase un ben prezado considerándose gran importancia a reparación desta traída. Esta é unha auga de calidade, que, sen custos e por gravidade, pasa a ETAP para o seu tratamento. Cando hai posibilidade de usar este caudal diminuen considerablemente os custos para o concello, pois non é necesaria a entrada en servizo da canle que ven do río Ulla, que eleva a auga por bombeo cos conseguintes gastos de enerxía eléctrica.
Tendo en cuenta eo aforro que aa traída dol monte reporta ás arcas municipais consideramos que debe de realizarse un investimento que sempre será rendible co aforro que imos ter logo pois as aguas soterradas chegarán para o subministro de máis meses do año. O estudo elaborado polo concello contempla o arranxo das fontes e pozos máis próximos e os seus correspondentes tramos de tubarías, deixando as maís lonxanas para una segunda fase de actuación. Son en concreto catro as fontes que se inclúen: A Fonte do Lobo, a de Curtalumes, e as dúas da Vagoada.

Tamén é fundamental a segunda das actuacións pois as tubarías de sanemento e abastecemento da rúa Doutorr Mosquera (e incluso da pista que dende de baixada da pista da Barosa ata a propia rúa Doutor Mosquera en Condide), son moi antigas e están moi danadas. As avarías son contínuas con cortes de auga á veciñanza e con problemas no pavimento case sempre que chegan á intersección con Estrada Nacional N-550.

Agora temos unha gran oportunidade para acometer estas dúas actuacións no plan da Deputación de Pontevedra (sabemos que outros grupos tamén consideran prioritaria a execución destas obras) e non debemos desaproveitar esta gran ocasión.

Pontecesures, 19/08/13

Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP Pontecesures

Curso de edición de páxinas web en Pontecesures.

LOGO activate 2013

Ao abeiro do Programa ACTÍVATE-CURSOS XUVENTUDE 2013 da Deputación de Pontevedra vaise impartir en Pontecesures un curso de 40 horas de ELABORACI?N DE PÁXINAS WEB. O curso desenvolveráse nos meses de novembro e decembro de 2013 na AULA T.I.C.  do semisoto da Casa do Concello. Os requisitos para participar neste curso son: residir en Pontecesures e ter entre 16 e 35 anos (ambos inclusive).

Os interesados/as en participar neste curso teñen o modelo de solicitude na OMIX (oficina municipal de información xuvenil) na Casa do Concello. O impreso de solicitude  acompañarase de fotocopia do DNI e tarxeta de demandante de emprego (de selo caso, non sendo requisito imprescindible). O prazo de inscrición é dende o 12 de agosto ata o 20 de setembro.

No seguine enlace pódese descargar o formulario de inscrición:

http://www.pontecesures.org/vernoticia.asp?id=506