El gobierno no garantiza ni pone fecha a las mejoras solicitadas para el campo de fútbol.

La moción del PP solicitando mejoras en el campo de fútbol (en la parte que circunda el terreno de juego de césped artificial) fue aprobada en el Pleno del lunes pero solo con los votos a favor de la oposición, absteniéndose el equipo de gobierno, que contó con la ausencia de la nacionaista Margarita García. No garantizó el tripartito que las obras vayan a realizarse, ya que todo dependerá de la disponibilidad económica, e incluso llegó a insinuar el alcalde que el portavoz del PP, Juan Manuel Vidal Seage, que también es directivo del Ulla F.C. estaba pollitizando el deporte. Lo instó a que haga valer su condición del concejal del PP, mismo partido que manda en la Diputación, para solicitar a la entidad provincial una subvención con que poder sufragar las mejoras en las instalaciones deportivas. “Eu non son delegado dea Deputación en Pontecesures”, replica Vidal Seage, que recuerda que la gestión de las ayudas es una tarea del Ejecutivo. “Non é unha tarefa miña porque eu non goberno”.
A juicio del edil popular existe “un escaso compromiso do goberno co deporta base”, que “ten outras prioridades” diferentes al campo de fútbol en los que reforma de las instalaciones se refiere. Se refiere vidal Seage a las obras de apertura de un nuevo acceso al pabellón, para poder introducir mateirales de la Feira do Automóbil Antigo que se celebrará entre os días 8 y 9 de junio. “As súas prioridades son diferentes ás que plantexa o PP” que inclulso llegó a proponer que la mejora del firme en el campo “Ramón Diéguez” se ejecutara por fases.
El alcalde, Luis Álvarez Angueira, cifró en 3.000 euros la cantidad necesaria para acondicionar el pavimento. “A única vía para poder financialo é a través dos rozamentos. Meterase cando se poida”, apuntó. “Non estamos en contra” de estas obras, pero sí de “utilizar politicamente o fútbol, algo que non é bo para os clubs”. Angueira anunció que, cara al campeonato que se celebrará a mediados de junio en el campo de fútbol, estarán probablemente instaladas ya las placas solares para generar agua caliente y que el concello se hará cargo de la colocación de varias casetas de obra a modo de vestuarios para los equipos participantes. Recordó, también, que el concello se hace cargo del mantenimiento de las instalaciones.

En el mismo Pleno, el tripartito votó en contra de la propuesta de ACP para retomar el servicio de Educación Familiar puesto que todavía se desconoce la subvención que aportará la Diputación. Luis Sabariz acusó al gobierno de “deixar indefensos aos máis pobres e necesitados”, en estos tiempos difíciles.

DIARIO DE AROUSA, 29/05/13

Dezanove concellos crean Área Santiago para potenciar o turismo.

turismoS

Os alcades de A Estrada, Ames, Arzúa, Boqueixón, Brión, Lalín, Melide, O Pino, Oroso, Padrón, Rois, Santiago, Silleda, Teo, Touro, Trazo, Val do Dubra, Vedra e Vila de Cruces asinaron no Pazo de Raxoi o protocolo de colaboración co que nace formalmente Área Santiago, un grupo de traballo para potenciar conxuntamente o sector turístico na zona. Os concellos suman unha poboación de 270.000 persoas, practicamente o 10% da poboación de Galicia. Os Concellos de Área Santiago suman 270.000 persoas, prácticamente o 10% da poboación de Galicia.
Coa sinatura formalízase a existencia dun Grupo de Traballo de varios concellos, impulsado dende o Concello de Santiago, que comezou a reunirse informalmente a comezos do mes de marzo. Dende entón o grupo aumentou o seu número ata os dezanove concellos actuais, que celebraron a sinatura cunha selección de produtos grastonómicos característicos das súas zonas. Á sinatura asistiron o presidente da Deputación da Coruña, Diego Calvo, e o vicepresidente da Deputación de Pontevedra, José Crespo.

O Grupo nace xa cun borrador de cronograma de actuacións para a o periodo 2013 ?? 2014, definido nas reunións previas en base aos traballos que se están realizando nas tres comisións técnicas creadas a partires da análise dos recursos turísticos cos que se conta: A pesca e o turismo fluvial, Gastronomía e Paquetes. Posteriormente, iranse creando novas comisións para estudar outras temáticas de interese evidente para a Área de Santiago, como a dos Camiños de Santiago ou o aproveitamento das múltiples rutas de sendeirismo que hai na zona.

O Grupo Área Santiago tamén estableceu, a proposta do Concello de Teo, que un dos primeiros proxectos que desenvolverá será: “A pesca como recurso turístico”. Pártese de dous feitos: por unha banda o territorio do grupo está fondamente marcado por dous dos ríos máis importantes de Galicia, o Ulla e o Tambre, así como polos seus afluentes; por outra banda, a pesca ten demostrado noutros territorios, como Canadá, Irlanda, ou países do leste de Europa, que pode ser un recurso turístico con gran atractivo.

Para concretar este proxecto a Área Santiago, representada polos Concellos de Santiago, Teo e A Estrada, integrantes da Comisión de Pesca, reuníronse xa co Director Xeral de Conservación da Natureza da Xunta de Galicia, Ricardo García Borregón, co obxecto de analizar vías de colaboración conxunta para potenciar a pesca e o turismo fluvial. Nas vindeiras semanas manteranse reunións técnicas entre o Grupo e a Dirección Xeral para estudar as vías posibles para poñer en valor turístico os importantes recursos fluviais cos que se conta.

Outra das iniciativas que se consideran prioritarias é a elaboración dun mapa de recursos turísticos, que sirva para poder informar sintética e visualmente dos atractivos que se atopan nos diferentes Concellos do grupo, que en moitos casos son descoñecidos tanto para os visitantes, como para os propios residentes nos Concellos e mesmo para o propio sector turístico.

Tamén se está traballando na actualización de eventos de interese turístico da Área Santiago na axenda da web www.santiagoturismo.com, que no ano 2012 sumou máis de medio millón de visitas e preto de tres millóns de páxinas vistas. Estes eventos de interese turístico estanse actualizando ademais a través da conta en Twitter @santiagoturismo, empregando o hashtag #muycercadeSantiago.

Nota íntegra da ACP sobre o tribunal de selección de peóns de obra pública en Pontecesures.

O pasado día 22/05/13 tivo lugar na Casa do Concello de Pontecesures a selección de seis peóns de obra pública (Plan de Emprego da Deputación Provincial de Pontevedra). Un dos compoñentes do tribunal foi un dos traballadores municipais encargados do servizo de obras do concello.

Pois ben; este traballador formou parte da candidatura do BNG co nº 5 nas pasadas eleccións municipais de 2011, e ocupou durante bastantes anos o cargo de responsable local da formación nacionalista. Dende 2007, no que se publicou o Estatuto Básico do Empregado Público, non poden formar parte dos tribunais de selección do persoal os cargos políticos. Non ocupa un cargo político o traballador aludido no noso concello, pero resulta pouco serio, e sobre todo pouco ético, que forme parte do tribunal. Parece claro que o espírito da normativa trata de evitar a participación dos políticos nos tribunais de selección de persoal.

Foi o alcalde, tamén do BNG, Manuel Luis Álvarez Angueira, o que nomeou para o tribunal ao seu compañeiro de formación e de candidatura. Este concelleiro considera que isto non debe repetirse.

Non pon en dúbida este concelleiro o labor de ninguén no tribunal de selección destes peóns. Non vai facer o que fixeron en 2010, Manuel Luis Álvarez Angueira, Cecilia Tarela e Margarita García, todos eles do BNG, daquela concelleiros da oposición, cando pediron varios expedientes de selección de persoal do goberno anterior (baremos, criterios, documentos dos seleccionados, dos non seleccionados, etc…) sementando todo tipo de dúbidas na cidadanía. Tan só solicítase que o traballador compañeiro de candidatura do BNG dos actuais gobernantes non forme parte no futuro neste tipo de tribunais co fin de evitar suspicacias.

Pontecesures, 25/05/13

Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP Pontecesures

Selección de dous peóns de limpeza en Pontecesures (Plan Provincial de Emprego da Deputación Provincial).

A entrevista tivo lugar na mañá de hoxe, 24 de maio.

Tribunal:
Presidenta: Mª Trinidad Rodrígukez Suárez
Vogal: Ricardo Campos Saborido
Vogal e secretario: José Francisco Rodríguez Fructuoso

Renuncias:
Estrella Campos Rodríguez

Cualificacións:
JOSEFA Mº VICENTE ENRIQUE, 8,25
Mº LUZ RODRÍGUEZ POTEL, 7,50
Mª Carmen Rodríguez Castrelo, 6,50
Rosa Mª Barreiro Castro, 5,75
Mª Verónica Casal Rey, 5,50

Foron seleccionadas así as dúas primeiras da relación.

Seleccionados os catro peóns de xardinería de Pontecesures (Plan de Emprego da Deputación).

A entrevista foi o 23 de maio co seguinte tribunal:

Presidenta: Mª Trinidad Rodríguez Suárez
Vogal: Ricardo Campos Saborido
Vogal e secretario: José Francisco Rodríguez Fructuoso

Non se presentaron:
Sergio Carragal Barcia

Renunciaron:
Viviana Barreiro Vidal
Ana Mª García Jamardo
Mª Dolores Pesado Taibo

Non foi valorado:
José González Castro (porque xa foi seleccionado como peón de obra pública)

Cualificacións:
Mª DOLORES GERPE JAMARDO, 6,50
Mª ESTHER SERRAMITO FERNÁNDEZ, 5,83
VÍCTOR CASTROAGUDÍN RODRÍGUEZ, 5,75
SILVIA VALLADOLID CAMPOS, 5,33
Mª Mercedes Fernández Cordo, 4,83
Margarita Vieites Seoane, 4,08
Begoña Coira Lafuente, 3,41

Foron seleccionadas os catro primeiros/as.

Seleccionados os seis peóns de obra pública en Pontecesures (Plan de Emprego da Deputación).

A entrevista foi o 22 de maio co seguinte tribunal:

Presidente: Ricardo Campos Saborido
Vogal: Xurxo Gerpe Jamardo, como encargado xeral de obras
Vogal e secretario: José Francisco Rodríguez Fructuoso

Non se presentaron:
?scar Rey Campos
Carmelo Pardal Moure

Cualificacións:
JOS? GONZÁLEZ CASTRO, 9,5
JOS? P?REZ OLIVEIRA, 9,03
JOS? JORGE DA ROCHA PEREIRA AIRES, 7,78
MANUEL BOQUETE RODRÍGUEZ, 7,01
SERXIO BESADA LORENZO, 6,85
DIEGO ALEJANDRO DOPAZO OTERO, 6,40
José Carlos Angueira Bentrón, 5,73
Luis Sánchez López, 5,50
Mª Jesús Cadilla Túñez, 4,58
Rosa Mª Rey Castiñeiras, 4,55
Mª Dolores Moreiras Angueira, 4,30
Beatriz Lamas Blanco, 4,30
Josefa Barreiro Pesado, 3,83
Alberto Enrique Cordo, 3,73
Mª Pilar Andrade Martínez, 3,31
Mª Elisa García Dopazo, 2,63

Os seis primeiro foron os seleccionados.