Os días 22, 23 e 24 de maio, selección dos doce traballadores subvencionados pola Deputación.

O día 22 serán seleccionados os seis peóns de obras públicas, o 23 os catro de xardiñería e o 24 os dous de limpeza. Nos tres días as entrevistas serán ás 10:30 horas na Casa do Concello de Pontecesures.
A Oficina de Emprego de Vilagarcía fixo unha preselección e dirixiu un escrito a cada candidato para que se presente á selección na Casa do Concello.
Ata o momento, descoñécese a composición do tribunal municipal de selección.
Lémbrase que o contrato é a tempo parcial por 25 horas á semana cunha duración de seis meses dende o 1 de xuño. Os seleccionados non poden estar a percibir prestacións.

Moción da ACP sobre rogos e preguntas do público ao remate dos plenos ordinarios.

Con data 16/11/12 presentouse por parte desta agrupación unha moción para o establecemento dunha quenda de rogos e preguntas do público ao remate dos plenos ordinarios. O goberno local, no pleno ordinario de 26/11/12, rexeitou a moción dicindo o concelleiro, Ángel Manuel Souto Cordo, que ía preparar para o seguinte pleno ordinario un regulamento de participación cidadá, sempre dependendo da súa ??carga de traballo? pois o executivo local era partidario das intervencións pero con orde.

Pois ben; celebráronse os plenos ordinarios de xaneiro e marzo, e o vindeiro 27 terá lugar o de maio, pero do regulamento prometido, nada de nada. Non sabemos a ??carga de traballo? do Sr. Souto pero a xestión do equipo de goberno está baixo mínimos (non hai orzamentos, non se adxudicaron as actuacións subvencionadas polo AGADER, non se adxudicaron as obras do Plan de Investimentos da Deputación, no municipio hai maleza e lixo por todas partes, etc?). Cremos así que o mellor é presentar de novo a moción para o seu debate plenario, porque sempre é máis positivo o rogo ou pregunta espontánea do público que unha quenda encorsetada e regulamentada con anterioridade á sesión. Ademais, deste xeito, alixérase a ??carga de traballo? do Sr. Souto que sempre poderá adicarse a xestionar outros asuntos coa súa dedicación exclusiva que pagamos todos os vecinos.

Presentamos así a seguinte moción:

ESTABLECEMENTO DUNHA QUENDA DE ROGOS E PREGUNTAS PARA O P?BLICO AO REMATAR OS PLENOS ORDINARIOS.

O artigo 228.2 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais dispón que rematadas as sesións plenarias, o alcalde pode establecer unha quenda de rogos e preguntas polo público asistente sobre temas concretos de interese municipal, correspondéndolle ao propio alcalde ordenar e pechar este turno

Para a ACP é moi convinte que nos plenos ordinarios os veciños teñan esta posibilidade. ? unha medida importante para fomentar a participación cidadá, para dinamizar a vida municipal, para achegar o concello aos veciños nestes intres de desconfianza nas administracións, e para amosar unha imaxe de claridade e transparencia.na xestión dos asuntos de todos.

Hai que ter en conta ademais que esta quenda co pleno rematado non require trámite algún (nin sequera a redacción de actas), nin ten custo para o concello.

En consecuencia, proponse ao pleno a adopción do seguinte acordo:

-Instar á alcaldía para que se acceda a esta posibilidade legal e que a partir do pleno ordinario do 27 de maio os veciños poidan efectuar os seus rogos e as súas preguntas ao rematar os plenos ordinarios.

Pontecesures, 18/05/13

Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP Pontecesures

ACP insiste en permitir ruegos del público tras los plenos.

Agrupación Cidadá de Pontecesures (ACP) ha vuelto a presentar una moción para el establecimiento de un espacio de ruegos y preguntas del público, al término de los plenos ordinarios. Insisten, según su portavoz, Luis Ángel Sabariz, porque el Gobierno local prometió redactar un reglamento de participación ciudadana en noviembre del año pasado y a día de hoy, ??nada de nada?.
Según Sabariz, su iniciativa fue debatida en una sesión de noviembre pero rechazada por el Gobierno local porque tenía en mente presentar un reglamento de participación en la siguiente pero en función de la ??carga de traballo? que tuviera el concejal Ángel Manuel Souto Cordo. Sin embargo, han transcurrido ya dos plenos y no han vuelto a saber del tema. ??Non sabemos que carga ten (por el edil) pero a xestión do equipo de goberno está baixo mínimos. Non hai orzamentos, non se adxudicaron as actuacións subvencionadas polo Agader, nin as obras do PID da Deputación, no municipio hai lixo e maleza por todas partes…?, explicó. Por este motivo, volvió a presentar la moción y también porque considera ??máis positivo? un rogo o pregunta espontánea que ??unha quenda encorsetada e regulamentada?.

DIARIO DE AROUSA, 19/05/13

Fraccionamento do pago do IBI do ano 2013.

Recordase a tódolos interesados/as que o ORAL, servicio da Deputación de Pontevedra encargada da xestión do cobro do imposto de Bens inmobles (IBI) vai poñer ó cobro os recibos na primeira quincena de agosto. Este ano hai a posibilidade de fraccionar o pago en 2 pagos (o 1º na primeira quincena de agosto, e o 2º na primeira quincena de outubro).

Para elo deberán solicitalo por escrito nun modelo de solicitude que poderán recoller nas oficinas do concello de Pontecesures, e unha vez cuberto envialo a dito organismo.
O prazo de solicitude remata o vindeiro de 10 maio.

 

Subvención da Deputación de Pontevedra para a contratación de 12 peóns no Concello de Pontecesures.

A Deputación de Pontevedra, a través do Plan de emprego 2013, destinado a todos os concellos da provincia, venlle de conceder unha subvención por importe de 55.179,36 ? a este Concello para a contratación de 12 peons desempregadas a tempo parcial (5 horas/dia) durante 6 meses (dende o 01/06/13 ate o 30/11/13), e o salario bruto mensual é de 502,15 ?.

 En concreto, a distribución dos peóns que este concello vai facer, xunto cos códigos do INEM nos que hai que estar inscritos é a seguinte:

 – 6 peóns de obra pública, CNAE: 96.011.029

– 4 axudantes de xardinería, CNAE: 95.121.019

– 2 persoal de limpeza ou limpador/a en  xeral, CNAE: 92.101.050.

 A selección dos candidatos/as será a través do INEM, a onde remitirá este concello as correspondentes ofertas de emprego a vindeira semán. A selección definitiva será a finais do próximo mes no concello entre todos os candidatos/as enviados  dende a oficina de emprego.

Fraccionamento do pago do imposto de bens inmobles (IBI) do ano 2013.

O ORAL, servicio da Deputación de Pontevedra encargada da xestión do cobro do imposto de Bens inmobles (IBI) vai poñer ó cobro os recibos na primeira quincena de agosto. Este ano hai a posibilidade de fraccionar o pago en 2 pagos (o 1º na primeira quincena de agosto, e o 2º na primeira quincena de outubro).

Para elo deberán solicitalo por escrito nun modelo de solicitude que poderán recoller nas oficinas do concello de Pontecesures, e unha vez cuberto envialo a dito organismo.

O prazo de solicitude remata o vindeiro de 10 maio.