Como se indicou hai uns días a Deputación de Pontevedra asume o custo de 12 operarios en cada concello da provincia (contrato por seis meses con 25 horas á semana). O Concello de Pontecesures solicitou, ao parecer, seis peóns de obras, catro de xardinería e dous operarios de limpeza de edificios e locais.
Unha vez autorizada a petición pola Deputación, o Concello debe realizar as ofertas de desempregados que correspondan na Oficina de Emprego de Vilagarcía. Dende alí enviarán a Pontecesures unha preselección cunha listaxe de varios candidatos por praza. Corresponderá logo ao Concella a selección definitiva mediante a entrevista ou proba oportuna.
? importante que os aspirantes estean debidamente inscritos con profesión axeitada coma demandantes de emprego.
ACTUACI?N DE LA CORAL DE A BARCAROLA ESTE PROXIMO DOMINGO 21 EN EL AUDITORIUM DE VILAGARCIA DE AROUSA
A coral de A Barcarola ven de ser seleccionada para participar nun Festival de Habaneras que organiza a Deputación Provincial no Auditorium de Vilagarcia de Arousa. A cita será este domingo 21 de abril a partir das 17 h da tarde.
No Festival participará esta coral cesureña xunto con outras 10 da provincia.
A Deputación de Pontevedra vai subvencionar a contratación de 12 peóns por parte dos concellos da provincia.
Dentro do Plan Provincial de Emprego 2013 a Deputación vai subvencionar a contratación en cada concello da provincia de 12 traballadores por 6 meses (deben comezar como máximo o 1 de xuño de 2013) con contrato a tempo parcial por 25 horas á semana.
O subvención equivale ao salario mínimo interprofesional para unha xornada laboral de 25 horas semanais/traballador, 502,15 euros, e tamén á cota patronal, 264,23 euros/mes/traballador o que fai un total mensual de 766,38 euros. Deste xeito a subvención total é de 766,38 euros x 6 meses x 12 traballadores = 55.179,36 euros.
Hai importantes variacións en relación cos plan provinciais de emprego da Deputación. A diferenza doutros plans provinciais anteriores, neste ano a SELECCI?N DO PERSOAL E A CONTRATACI?N DO MESMO SERÁ REALIZADA POLOS CONCELLOS E NON POLA DEPUTACI?N COMO ANTES. Ademais, a diferenza dos anos anteriores, os desempregados, inscritos nos Servicios Públicos de Emprego, NON PODEN ESTAR A PERCIBIR PRESTACI?N ALGUNHA.
O Concello de Pontecesures debe presentar a solicitude para obter a subvención antes do 16 de abril (detallando cantos peóns deben ser de limpeza, construción, en xeral, etc…) e unha vez concedida debe realizar unha oferta de emprego na oficina de Vilagarcía de Arousa para que dende alí envíen unha lista de desempregados aspirantes ao concello segundo a sondaxe correspondente. Van envíar un número de aspirantes por cada praza, pero LOGO A SELECCI?N DEFINITIVA DEBE FACELA O CONCELLO DE PONTECESURES.
Dende este medio informamos aos aspirantes desempregados que comproben que estean debidamente inscritos na Oficina de Emprego de Vilagarcía e cos datos actualizados, para poder aspirar a ocupar estes postos. Tamén é importante que se informen no concello pola tipoloxía de peóns ou operarios que solicita a institución.
La empresa que recoge la basura exige cobrar más para llegar al lugar de Toxa.
Un par de contenedores llenos de basura en una calle de Pontecesures
Las deficiencias detectadas por el gobierno de Pontecesures en el servicio de recogida de basura y que vienen produciéndose, al menos, desde el pasado verano, han abierto una espita entre el Ejecutivo y la empresa Fomento de Construcciones y Contratas (FCC), que presta el servicio para la Mancomunidade Serra do Barbanza, a la que el Concello cesureño está adherida.
El alcalde, Luis Álvarez Angueira, se reunió con el nuevo presidente de la Mancomunidade, el regidor de Brión, Xosé Luis García, para buscar soluciones a esta problemática, sobre la que se habló en el Pleno celebrado el pasado lunes. Explicó Angueira que, en ocasiones, ??a recollida non a realizan a diario, senón cada dous ou tres días?. En invierno ??non é tan preocupante, pero si no verán?, comentó al respecto la concejala Cecilia Tarela, ya que las altas temperaturas aceleran la descomposición de los residuos y pueden generarse malos olores e insalubridad.
También existen contenedores que dificultan la visibilidad en cruces (en la Rúa Deputación o en Patifas, por ejemplo) y existen también colectores para reciclar cartón que la empresa retiró y no volvió a colocar. Es el caso de un contenedor azul que se emplazaba en las inmediaciones de la Casa Consistorial. FCC alegó que la existencia de una señal de prohibido el paso le impedía llegar a la zona. ??A sinal cambiouse, pero aínda non volveron a traer o contenedor?.
Sin embargo, la situación más rocambolesca afecta al lugar de Toxa, a donde no llegan los camiones de Fomento de Construcciones y Contratas. La empresa se niega a acudir a recoger los contenedores y tienen que ser trabajadores municipales los que ??dúas ou tres veces por semana? muevan los colectores unos trescientos metros hasta la pista principal para que FCC vacíe la basura. ??Isto é un sinsentido?, sostiene el alcalde. La empresa alega que, cuando se firmó el convenio con Pontecesures para prestar servicio en la villa, no incluía Toxa en el acuerdo, puesto que los accesos eran deficientes (desde entonces ya se mejoraron). Para llegar a este lugar a recoger la basura, FCC exige al Ayuntamiento cobrar una cantidad mayor.
Álvarez Angueira confía en que estas deficiencias, o al menos alguna, puedan resolverse con la mediación del nuevo presidente de Serra do Barbanza. Recalcan desde el Ejecutivo de Pontecesures que los problemas no son en ningún caso con la Mancomunidades, sino con la empresa FCC.
DIARIO DE AROUSA, 01/04/13
Percorridos das procesións de Semana Santa de Pontecesures.
PROCESI?N DA CONFRARÍA DA VIRXE DAS DORES
A procesión sairá ás 11 horas do día de Venres Santo da Praza dos Valeiros de Porto, percorrendo logo as rúas Deputación, Portarraxoi e San Lois, para chegar á Plazuela. A Virxe e os confrares esperarán diante do Bar Carabela, para estar na Plazuela cando o predicador comeze a exposición da terceira das palabras do sermón. Os demais acompañantes entrarán na Plazuela ás 12:00 horas facendo un corro a carón da casa da familia Trasande.
PROCESI?N DA CONFRARÍA DA CRUZ (XOVES)
A procesión sairá ás 11:00 horas da rúa Víctor García nas proximidades do Bar Muelle, percorrendo logo as rúas Sagasta e San Lois para chegar á Plazuela. Entrarán directamente na praza e colocaranse no descanso das escaleiras coa Cruz mirando para a Plazuela.
PROCESI?N DA CONFRARÍA DO NAZARENO
A procesión sairá ás 10:30 horas de Carreiras (casa de Edelmira), percorrendo logo as rúas Regueiro de Portas, Ensanche, Camiño de Carreiras, Ullán, San Lois, Estación, Rosalía de Castro, Sagasta, de novo San Lois, para chegar á Plazuela.
? tempo de camelia no concello de Valga.
A camelia anticipa a chegada da primavera e pecha o frío do inverno. Antes de que murchen, o concello de Valga apura a celebración da VII edición da Exposición da Camelia Bella Otero, que terá lugar a vindeira fin de semana, aínda que moitas actividades xa se están levando a cabo ao longo destes días. Organizado pola Asociación de Mulleres Rurais Albor, en colaboración co Concello, o certame incorpora novas actividades nas que a protagonista indiscutible é esta flor de inverno.
Así, a ruta da camelia é un dos principais atractivos nesta nova edición. Presentarase un pack turístico onde se fará unha ruta pola zona valguesa de producción de camelias e rematará cunha visita guiada ás excavación da Igrexa Vella. Os interesados poderán degustar un menú polo prezo de 6,50 euros.
Tamén están en marcha as xornadas formativas a través da Rede. Os alulmnos da Aula Cemita elaborarán un traballo de investigación sobre a camelia para presentalo nunha exposición. “A Camelia en Valga” é unha aula didáctica posta en marcha como actividade extraescolar para que os nenos amplíen os seus coñecementos sobre esta flor.
O vindeiro sábado 16 de marzo, ás 10 horas, levarase a cabo no Auditorio municipal do concello de Valga a recepción das camelias dos expositores e ás 12:30 terá lugar a Ruta da Camelia Bella Otero,. Xa ás 13 horas será a quenda de inauguración e apertura de exposición ao público. A plantación sa camelia conmemorativa será ás 17 horas no cruce Camiño Real e, posteriormente, ás 17:30 horas procederase á entrega de premios. A continuación, ás 18 horas os solistas da Escola de Música municipal amenizarán a xornada.
O domingo, día 17 de marzo, a partir das 11 horas, terá lugar a apertura da exposición de camelias. Xa pola tarde, ás 18 horas. será a quenda do enxeñeiro agrícola forestal especialista en hortofruticultura e xardinería Fernando Gerino Ferreirós, que se encargará de achegar os seus coñecementos aos veciños do municipio na conferencia “Técnicas básicas para o coidado, cultivo e propagación da camelia”. Os interesados poderán visitar a mostra ata ás 20:30 horas, cando se procederá a clausurar a exposición.
O principal obxectivo do certame é animar aos expositores a participar na iniciativa e aumentar o interese por esta flor invernal, o seu cultivo, a divulgación, así como o respecto polo medio natural.
A mostra “Camelia Balla Otero” constitúe unha das grandes citas na comarca do Umia/Ulla para os amantes desta flor. Os participantes gañadores na mostra recibirán unha fermosa camelia das variedades da colección da Deputación de Pontevedra.
DIARO DE PONTEVEDRA, 13/03/13
