O entorno dunha marquesina para o transporte escolar na rúa Calera de Porto debe limparse de inmediato.

Esta é a imaxe lamentable do entorno da marquesina en cuestión colocada polo anterior goberno e financiada pola Deputación de Pontevedra. Comezaron as clases do curso 2012/2013 o pasado mércores e a limpeza non debe esperar nin un día máis. Esperemos que o goberno ordene estas tarefas con toda urxencia.

Pontecesures, 15/09/12

Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP Pontecesures

Ruta cicloturística en Valga por espazos naturais e arquitectónicos.

Dentro do programa ?nete a Volta, da Deputación de Pontevedra, terá lugar en Valga unha ruta cicloturística na que se percorrerán diderentes espazos naturais e arquitectónicos que forman parte do municipio. Terá lugar o xoves 27 de setembro e está destinada a nenos maiores de 8 anos e adultos. A saída será ás 10:30 horas do parque Irmáns Dios Mosquera de Pontevalga.

DIARIO DE PONTEVEDRA, 13/09/12

A Deputación vai contratar seis operarios para traballar no Concello de Pontecesures.

De novo a Deputación de Pontevedra vai contratar persoal desempregado para os concellos. Nesta ocasión serán seis operarios de servizos para traballar en Pontecesures por seis meses a partir do vindeiro día 1 de outubro con contrato a tempo parcial por 25 horas semanais.
Lémbrase que a selección do persoal e a contratación correspóndelle a Deputación e para iso dende a oficina de emprego de Vilagarcía vai ser remitida ao organismo provincial unha lista de desempregados preseleccionados (inflúe antigüidade no paro, ocupacións, etc..) logo de presentarse a oferta de emprego.
Ao parecer, a mediados deste mes terá lugar a entrevista en Pontevedra por parte da Deputación aos preseleccionados para decidir os seis que se contratan.
Os interesados deben contrastar e actualizar con celeridade, no seu caso, os seus datos na oficina de emprego de Vilagarcía.

Curso do Programa Xuventude Actívate 2012 en Pontecesures.

Ao abeiro do Programa ACTÍVATE-CURSOS XUVENTUDE 2012 da Deputación de Pontevedra vaise impartir en Pontecesures un curso de 40 horas de DESE?O, PLANIFICACI?N E DESENROLO DE ACTIVIDADES DE OCIO E TEMPO DE  LECER. O curso desenvolveráse nos meses de outubro e novembro na aula do semisoto da Casa do Concello. Os requisitos para participar neste curso son: residir en Pontecesures e ter entre 16 e 35 anos (ambos inclusive).

Os interesados/as en participar neste curso teñen o modelo de solicitude na OMIX (oficina municipal de información xuvenil) na Casa do Concello. O impreso de solicitude  acompañarase de fotocopia do DNI e tarxeta de demandante de emprego (de selo caso, non sendo requisito imprescindible). O prazo para inscribirse é dende o 1 ata o 20 de setembro.

No seguinte enlace pódese descargar a ficha de inscrición:

http://pontecesures.org/vernoticia.asp?id=389

 

Festas do San Roque de Porto 2012.

22/08/12
-Verbena pola noite cun grupo musical sorpresa.

23/08/12
-Ás 9:00 horas comezará a tirada de bombas de palenque.
-Pola tardiña, actuación do grupo folclórico Algueirada de Pontecesures.
-Ás 22:00 horas, XXIII Mexillonada. Serviranse 2.200 Kg. de mexillóns e 575 litros de viño barrantes y tamén cervexa e pan.
-De seguido verbena coas orquestras Televisión e Jerusalén.

24/08/12
-Ás 8:00 horas comezará a tirada de bombas de palenque.
-Ás 10:00 horas, alborada a cargo da Banda de Música Cultural de Arcade (patrocinada polo concello de Pontecesures e pola Deputación Provincial de Pontevedra.
-Ás 12:00 horas sairá a procesión dende a Praza dos Valeiros ata a Igrexa Parroquial de Pontecesures.
-Ás 12:30 horas, Misal Solemne cantada polo coro A Barcarola de Pontecesures.
-De seguido Poxa de Ramos.
-Ás 20:00 horas, concerto da Banda de Música Cultural de Arcade.
. Pola noite, verbena coas orquestras Panamá e Armonía Show.

ACP solicita a adhesión de Pontecesures ao convenio coa Deputación sobre acollida de animales domésticos abandonados.

A Deputación aprobou o pasado 27 de xullo o convenio marco de colaboración entre a Deputación e os concellos de menos de 50.000 habitantes para o establecemento dun servizo de acollida de animais abandonados concedendo un prazo dun mes aos concellos para adherirse a dito convenio.

Dende a ACP de Pontecesures consideramos moi interesante a iniciativa e instamos ao goberno local para que se tramite a adhesión ao convenio no prazo establecido. Haberá que facerlle fronte a unha achega de 950 euros anuais, aproximadamente, (a Diputación achega o resto do prezo), pero solucionarase o problema de salubridade pública e de seguridade viaria que representa a presenza de cans ou outros animais domésticos abandonados nas vías públicas, con un sistema de retirada humanitario que levará a cabo o organismo provincial.

Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP de Pontecesures