No BOP nº 130 do 15 de xullo de 2010, foi insertado a anuncio de contratación da obra “Acondicionamento E.P. 8601, rúa Deputación de Pontecesures” que ten un importe de 795.911,23 euros e que se financia polo organismo provincial e polo Concello de Pontecesures que utiliza unha parte dos fondos asignados polo plan anticrise da propia deputación.
O prazo de presentación de ofertas neste procedemento aberto, remata o 4 de agosto esperando que se activen os trámites para que esta obra tan necesaria (esta rúa vai ir dotada con novos servizos de auga, saneamento, alumeado, beirarrúas, todo o cableado soterrado, etc…) sexa unha realidade canto antes, previa adxudicación pola Deputación de Pontevedra. O prazo de execución da obra é de doce meses.
O luns, 26 de xullo, pleno ordinario en Pontecesures.
Será ás 21:00 horas no salón de sesións da Cada do Concell, coa seguinte Orde do Día:
1.Acta anterior.
2.Toma de posesión na nova concelleira do BNG.
3.Proposta dos concelleiros non adscritos sobre baixa da contía das indemnizacións dos membros da corporación por asistencia a sesións.
4.Moción dos concelleiros non adscritos sobre a variante de Pontecesures e Valga na estrada nacional N-550.
5.Moción do grupo de goberno sobre encomenda de xestión á Deputación Provincial para a recollilda e tratamento de vehículos abandonados.
6.Proposta de festas locais 2011.
7.Resolucións da alcaldía. Dar conta.
8.Informes da presidencia.
9.Rogos e preguntas
Faise un chamamento aos veciños para que asistan ao pleno. Sempre é importante presenciar en vivo as intervencións, as propostas e os debates en asuntos de interese para todos.
Moción do grupo de goberno de Pontecesures sobre recollida de vehículos abandonados.
ENCOMENDA DE XESTI?N NA DEPUTACI?N PROVINCIAL DE PONTEVEDRA, PARA A RECOLLIDA E TRATAMENTO DE VEHÍCULOS ABANDONADOS.
Examinada a comunicación da Deputación Provincial de Pontevedra, relativa a que o Pleno Corporativo de dita institución aprobou a posta en marcha dun servizo concertado de recollida de automóbiles abandonados e o seu posterior tratamento de descontaminación en todos aqueles concellos menores de 50.000 habitantes que así o soliciten.
Tendo en conta que, conforme co establecido no R.D, 1383/2002, de 20 de decembro, sobre xestión de vehículos ó fin da súa vida útil, é competencia municipal a entrega dos vehículos abandonados a un centro de tratamento autorizado para a súa descontaminación.
Resultando que ese servizo resulta de interese para o concello, que é gratuito, que o prazo para a encomenda de xestión ramata o 31 de xullo e que é necesario que o órgano competente municipal realice dita encomenda segundo o previsto no artigo 15 la Lei 30/1992, de 26 de novembro, poara a recollida e tratamento de vehículos, durante un prazo de catro anos, este grupo de goberno propón ó pleno da corporación a adopción do seguinte acordo:
1.Encomendar a xestión da recollida e tratamento de vehículos abandonados, á Deputación Provincial de Pontevedra.
2.Facultar á alcaldía para a sinatura do correspondente convenio e demais documentos que procedan.
Sacan a contratación el proyecto de mejora de la Rúa Deputación por un importe de 796.000 euros.
La Diputación de Pontevedra aprobó el expediente de contratación mediante procedimiento abierto, del proyecto de acondicionamiento de la Rúa Deputación de Pontecesures, en el que se invertirán 795.911 euros. De ellos, la entidad provincial asumirá el 75% (596.933 euros) en base a un convenio de colaboración firmado con el concello. La aportación municipal (215.962 euros) no saldrá de las arcas municipales, sino también de la Diputación, con cargo al Plan de Investimentos contra la crisis.
DIARIO DE AROUSA, 01/07/10
Marina Castaño terá un cargo honorífico, pero a “presidencia efectiva” será do conselleiro.
Marina Castaño, viúva do nóbel Camilo José Cela, terá una presidencia meramente honorífica e sen ningún poder executivo no novo padroado da fundación. Así o puxeron de manifesto onte fontes de Cultura ao asegurar que «o acordo do Consello da Xunta establece que sexa o conselleiro da Xunta de Galicia competente en materia de cultura quen ostente o cargo de presidente do Padroado da Fundación Camilo José Cela. En virtude deste acordo, será o conselleiro de Cultura quen exerza a presidencia efectiva da fundación. Marina Castaño López ocupará únicamente a presidencia de honra da institución, en cumplimento coa vontade expresada polo nóbel antes do seu falecemento».
Engaden as devanditas fontes que o padroado estará composto por un mínimo de 20 e un máximo de 25 membros e que formarán parte del como membros natos: o alcalde do Concello de Padrón, o reitor da Universidade de Santiago, os presidentes das deputacións provinciais da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra; como membros permanentes: os conselleiros da Xunta competentes en materia de Cultura e de Educación; e outros membros designados: un polo Rei, un pola Universidade de Santiago, un pola Universidade Camilo José Cela e nove pola Xunta de Galicia.
LA VOZ DE GALICIA, 26/06/10
Burros e apaleados.
Aresposta á pregunta que os padroneses se fixeron na manifestación do venres é moi clara. Non, eles non teñen a culpa de que na Fundación Camilo José Cela primase o interese particular duns poucos sobre os da entidade. Son outros os que deberan rendir contas. Non só porque, no estado comatoso ao que chegou, a Xunta queira salvar o legado do Nobel levándoo para o Gaiás, que é o que encrespa aos veciños. Tamén, e sobre todo, por como cantos formaron parte desde 1998 do seu Patronato viñeron dándolles carrete aos que, tendo as chaves e a xerencia do complexo, utilizaban de maneira pouco ortodoxa os diñeiros que ano tras ano recibían. Mil millóns das vellas pesetas ata o 2000, e uns cincocentos máis ata que Fraga perde o goberno. A revista mensual Tempos Novos (Nov.1999) dérao a coñecer nun informe que deixou ao descuberto unha operación de enxeñeiría financeira en proveito exclusivo do matrimonio. Malia argumentala con todo tipo de documentos, os patróns da Fundación preferiron seguir ignorándoo todo. Marina Castaño e o seu director/xerente son o vértice dese monumental despilfarro, e do que para eles significou aínda en vida do Nobel a utilización da sociedade mercantil Lengua y Literatura AIE, creada en Madrid á sombra da fundación e sen consentimento do seu Patronato. Esta agrupación de interese económico, participada nun 20% pola agrupación privada Letra y Tinta SL, propiedade do matrimonio, era a que facturaba no nome da fundación, beneficiándose da devolución millonaria do IVE á que a entidade subvencionada non tiña dereito. A personalidade literaria e mediática do escritor tapou ata a súa morte as irregularidades e tamén as débedas que, pese aos 300 millóns anuais que chegaban a Padrón, se foron acumulando ata sumar na actualidade un cuarto de millón de euros. A total ausencia de transparencia, a manirrota xestión do citado dúo, e a irresponsable renuncia dos patróns a exerceren durante tantos anos o control sobre orzamentos e gastos, están detrás do que agora se entende por unha emerxencia.
Culpables, din os veciños? Por acción, os que teñen a chave desa casona con goteiras e conflitos laborais. Por omisión, as institucións que se relacionan, algunhas delas protectoras económicas canda o Ministerio de Cultura da fundación: a Xunta, a universidade de Santiago, as Deputacións, a alcaldía de Padrón, a fundación Barrié. E tamén os dous vocais elixidos polo Rei e outros sete elixidos polo presidente/presidenta consorte. Agora consúmase o estropicio. Porque volven ser os diñeiros públicos quen salven da degradación e das débedas á fundación do matrimonio Cela. Coa alevosa decisión de levar para o Gaiás o seu contido máis valioso, e sen abrir unha investigación previa que poña a cada quen no seu lugar. Ademais de burros, apaleados. Non só os de Padrón que, aparte de teren razón, deberan pedirlles tamén contas aos seus munícipes. Tódolos galegos.
Luis Álvarez Pousa. DIARIO DE AROUSA, 06/06/10