El Concello de Pontecesures inaugura esta tarde el remozado Club Náutico.

A las siete y media de esta tarde, Pontecesures inaugurará oficialmente el Club Náutico situado en el muelle, en concreto en la Avenida Eugenio Escuredo. Las instalaciones han sufrido una profunda remodelación que se pudo llevar adelante gracias a la cooperación de tres administraciones: el Concello, que aportó 30.000 euros, la Dirección Xeral para o Deporte, que financió la mayor parte de los trabajos, y la Diputación Provincial.
Teniendo en cuenta de dónde salieron los fondos para realizar la obra, no resulta extraña la lista de invitados a la inauguración de la misma. «Están convidados ao acto os representantes da consellería de Cultura e Deportes, da Deputación de Pontevedra e de Portos de Galicia». Según informó ayer el Concello, «tamén está prevista a asistencia de todos os membros da corporación, da representación da empresa constructora, do director da obra e dos componentes do Club Náutico de Pontecesures».

LA VOZ DE GALICIA, 04/07/08

Hoxe venres pola maña, presentación da “Festa do Churro” no Padroado de Turismo Rías Baixas.

Hoxe venres día 4 de de xullo, ás 12:00 será presentada na sede do Padroado de Turismo “Rías Baixas” de Deputación de Pontevedra a I Festa do Churro de Pontecesures.
Acudirán a Pontevedra, á presentación da festa ós medios de comunicación, varios representantes do goberno municipal e varios titulares das churrerías artesanas de Pontecesures.
O Padroado de Turismo tamén colabora económicamente coa festa.

Rematada a obra de saneamento no Telleiro.

NOTA DO EQUIPO DE GOBERNO DE PONTECESURES

Hai uns día rematou unha importante obra e saneamento realizada no Telleiro que motivou o peche o tráfico o vial que une o peirao coa rúa Carlos Maside por baixo da vía férrea. En concreto se conectaron os pozos que conducen as augas residuais á depuradora, as procedentes dunha importante zona de Porto nunha conducción paralela á vía do tren e que ían directamente ó río Ulla pola zona coñecida como A Pontelliña.

Con esta obra vanse depurar unhas augas residuais (algo que non se viña facendo ata agora), cumprindo os compromisos adquiridos por este goberno coa posta en marcha da EDAR hai pouco tempo, actuación afrontada pola consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible.

Segue a facer este goberno investimentos en saneamento pois no PPC 2008 da Deputación Provincial está previsto o saneamento de boa parte da rúa Eugenio Escuredo no peirao de Pontecesures.

Pontecesures, 2 de xullo de 2008

Os maiores de Valga tamén contan.

p048genn01_1.jpg

Medio cento de maiores de Valga acudiron ao Castelo de Soutomaior recibir a homenaxe da Deputación.

Logo dun ano cargado de actividade, a Deputación de Pontevedra fixo o acto de entrega de diplomas a máis de setenta asociacións da provincia que participaron no programa ??Ti tamén contas?, dirixido a fomentar a participación activa dos nosos maiores. E novamente, e con esta xa van tres, Axentiva, a asociación de maiores de Valga, acudía ao Castelo de Soutomaior para recibir a súa acreditación como participantes.
Arredor de medio cento de veciños das distintas parroquias valguesas partían o mércores pola tarde con destino a Soutomaior para recibir o merecido premio a un ano de traballo. Este curso, a actividade que levaron a cabo conxuntamente co organismo provincial foi de técnicas de relaxación, unha iniciativa coa que desfrutaron todos os participantes, tanto en Valga como en Campaña.

Moita festa > O acto, ademais da correspondente entrega das certificacións, estivo marcado por un claro ambiente festivo xa que a maioría das asociacións que participaron achegaron unha agrupación musical que fixo as delicias dos asistentes, non só dos compañeiros, senón tamén dos políticos que alí se congregaban, como foi o caso das vicepresidentas Teresa Pedrosa e Corina Porro e o presidente provincial, Rafael Louzán.

Os valgueses non quixeron ser menos e por primeira vez, acudiron ao Castelo acompañados por unha representación das cantareiras que ensaian en diversos lugares do municipio e que fixeron as delicias dos asistentes.

Despois do acto central, chegou a hora da merenda, na que os participantes degustaron todo tipo de produtos: zorza, orella, chourizo, empanada, tortilla, pasteis, etc, todo regado cun bo viño galego, logo da xornada calorosa.

DIARIO DE AROUSA, 30/06/08

I Trofeo de Piragüismo Pontecesures 2008.

Dentro do programa das Festas do Carme 2008, o luns día 7 de xullo, ás 17:30 horas celebrase no peirao de Pontecesures a proba de referencia para palistas das categorías alevín e infantil.

Información e inscricións no Club Náutico de Pontecesures, tfno: 609-762437

Organiza: Club Náutico de Pontecesures.
Patrocina: Concello de Pontecesures (Concellería de Xuventude e Deporte)
Colaboran: Dirección Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, Fundación Deporte Galego e Deputación de Pontevedra