Comeza o luns o curso de informática na Casa do Concello.

Esta encadrado dentro do programa “Actívate” da Deputación de Pontevedra e se desenvolverá os luns e os mércores no semisoto da Casa do Concello de Pontecesures de 17:00 a 20:00 horas. Terá unha duración de 30 horas.

En Pontecesures ás dez persoas que van participar son:
-Rosa Rey Castiñeiras
-Natalia Gómez Cajaraville
-Minia Gómez Cajaraville
-Marta Tato Diéguez
-Alberto Otero García
-Ana Bouzas Leite
-Rubén Gil Vázquez
-Dolores García Cordo
-Verónica Casal Rey
-Tania Esperón Lagos

Pequeno incendio nunha vivenda da rúa Deputación.

Ás 8:30 horas desta mañá foi extinguido un pequeno incendio na vivenda unifamiliar que corresponde ao nº 7 da Rúa Deputación de Pontecesures, onde vive o propietario Francisco García Fernández. Utilizáronse extintores por parte da Policía Local e de Protección Civil e unha mangueira da propia casa.
Non houbo danos persoais xa que Francisco García, un home de avanzada idade, saira xa da vivenda.
Ao parecer, a orixe do lume foi a caida dunha lámpada na almofada da cama. A temperatura da bombilla ocasionou o lume ao contactar co tecido.
Houbo sí danos materiais, quedando afectadas pinturas interiores, portas e outros elementos.
Os efectivos da Policía Local e de Protección Civil lograron, para eliminar o fume, retirar o colchón incendiado.

Na Festa da Bicicleta de Pontecesures participaron 135 ciclistas.

Na tarde calurosa desta sábado tivo lugar esta marcha cicloturista organizada polo Concello de Pontecesures e patrocinada pola Deputación de Pontevedra. O percorrido foi de 12 quilómetros e foron repartidos 135 dorsais.
Foron repartidos ao remate da proba varios agasallos. A bicicleta sorteada tocóulle a Ángel Bouzón Gallego.
O premio para a bici máis orixinal foi para Diego Galmarini, mentres que o ciclista máis veterano foi Alfonso Vázquez, de Ribadumia, que tan case 90 anos.
A única incidencia foi unha caida dun neno de 12 anos que tivo que ser atendido no Centro de Saúde de Valga. As feridas soron leves e díronlle catro puntos de sutura.

Festa da Bicicleta 2009 en Pontecesures.

Será o sábado, día 5 de setembro con concentración na Plazuela (como está en obras, será máis ben no vial que está a carón, rúa San Lois) a partir das 17 horas. O percorrido polo municipio comezará ás 17:30 horas. Será obrigatorio o uso de casco.
No percorrido dos maiores a idade mínima será de 6 anos.
Ademais do sorteo das bicicletas s e doutros agasallos, levará premio a bici máis orixinal.

Organiza o Concello de Poantecesures e colabora a Deputación Provincial de Pontevedra.

Os 3.000 quilos de anguía escorregáronse nos pratos da XXI Festa Gastronómica.

QUINC

CaQI

Andrés Quintá visitou os postos adicados á caña do país.

A XXI edición da Festa da Anguía e XIX da Caña do País de Valga foi un novo éxito de público que demostrou unha vez máis o tirón que ten este animal mariño (e o licor) dentro do menú dos veciños da localidade, que ateigaron ao mediodía de onte o campo da festa. A celebración, que durou todo o día, comezou á unha en punto co pregón a cargo das ??Cantareiras de Ardebullo?. Despois deste peculiar espectáculo, foi o turno do recoñecemento aos premiados desta festa. Na categoría das mellores cañas, os vencedores foron ??José Lagos (tostada), Jesús Ríos (herbas) e Manuel Martínez (branca). No que restou de xornada foi o turno da comida, na que participaron autoridades como o alcalde, José María Bello Maneiro, a rexedora de Pontecesures, Maribel Castro, o vicepresidente da Deputación, José Juan Durán, e o presidente de Extrugasa, Andrés Quintá.

Xornada de premios, moito humor e boa comida en Valga, que celebrou onte a XXI Festa da Anguía e a XIX da Caña do País, toda unha simbiose que fixo as delicias de milleiros de veciños e turistas que se achegaron ata o campo da festa da vila do Ulla.
Preto de 3.000 quilos de produto deron para ter anguía (e polbo) suficiente para tanta xente e durante toda a tarde as cociñas e os postos estiveron preparados para recibir a unha avalancha de comensais.

Como é costume, foi despois do pregón e a entrega de premios, xusto ao mediodía, cando máis pratos se venderon, aínda que non se produciron colas importantes de clientes e apenas faltou produto (só rosquiñas).

En Valga, expertos e profanos da anguía tiñan ao alcance do seu dente ata seis modalidades distintas deste escorregadizo animal. De feito, a porposta ideal era a bandexa de seis pratiños con mostras de todas as variedades existentes. As esforzadas cociñeiras da vila preapraron empanada de anguías, paella, anguía guisada, con cachelos, con pementos, rebozada e ??Bella Otero? (con pementos de Padrón que, certamente, uns picaban e outros, non).

Este selecto prato tiña un prezo de 15 euros, sen incluir bebida (a tarde contou cun sol de xustiza e todas as súas consecuencias), aínda que tamén había menú individual por seis euros e rosquiñas.

Recoñecementos > A organización da dobre festa valguense quixo agradecer un ano máis a todos aqueles que axudaron a darlle notoriedade ao evento local. Para iso deseñou unha entrega de premios en que autoridades e premiados compartiron o palco que ??quentaron? as ??Cantareiras de Ardebullo? (que son para darlle de comer aparte).

Entre as autoridades estaban o alcalde de Valga, José María Bello Maneiro, o ex rexedor Daniel Barreiro, a máxima responsable do veciño Concello de Pontecesures, Maribel Castro, o vicepresidente da Deputación Provincial, José Juan Durán, e o presidente de Extrugasa, Andrés Quintá.

Eles foron os encargados de entregarlle os premios aos vencedores, que na categoría de cañas do país foron José Lagos Aboy (tostada), Jesús Ríos Buceta (herbas) e Manuel Martínez Blanco (branca).

No concurso ??embelecer Valga: O lugar máis fermoso? venceron os veciños de Casaldeirigo, que se impuxeron aos de San Miguel e Barro, segundos e terceiros respectivamente.

Os mellores carteis foron, en categoría infantil, o de Brais Otero Casal, e en adultos o deseñado por José Luis Barca Bravo.

DIARIO DE AROUSA, 31/08/09

A misa previa ao acompañamento do San Roque a Porto será o xoves 20, ás 19:30 horas.

O xoves, 20 de agosto, as 19:30 horas comezará na Igrexa de Pontecesures a misa previa ao traslado da imaxe de San Roque a Porto.
Ás 20 horas sairá dende a Plazuela a imaxe do santo en procesión, ata deixala na casa de Vieites, a carón do edificio da taberna, (por San Lois, Otero Acevedo, e Carlos Maside) na rúa dos Mariñeiros de Porto, nun pequeno altar instalado para a ocasión.
A imaxen de San Roque permanecerá alí, ata as 12 horas do venres 21, na que sairá a procesión da Praza dos Valeiros ata a Igrexa Parroquial (pola rúas Deputación, Portarraxoi e San Lois) onde ás 12:30 terá lugar a Misa Solemne.