Ir ao contido
Pontecesures.net dende 2005
Sucesos

Pequeno incendio nunha vivenda da rúa Deputación.

Por Luis Angel Sabariz Rolán ·

Ás 8:30 horas desta mañá foi extinguido un pequeno incendio na vivenda unifamiliar que corresponde ao nº 7 da Rúa Deputación de Pontecesures, onde vive o propietario Francisco García Fernández. Utilizáronse extintores por parte da Policía Local e de Protección Civil e unha mangueira da propia casa.
Non houbo danos persoais xa que Francisco García, un home de avanzada idade, saira xa da vivenda.
Ao parecer, a orixe do lume foi a caida dunha lámpada na almofada da cama. A temperatura da bombilla ocasionou o lume ao contactar co tecido.
Houbo sí danos materiais, quedando afectadas pinturas interiores, portas e outros elementos.
Os efectivos da Policía Local e de Protección Civil lograron, para eliminar o fume, retirar o colchón incendiado.

Máis sobre isto

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.