Programa das Festas de San Roque de Porto 2009.

DÍA 19 DE AGOSTO
Pola noite gran verbena cun grupo que se anunciará oportunamente.

DÍA 20 DE AGOSTO
Pola mañá, disparo de foguetes anunciando a Festa.
Pola tarde, actuación da charanga e dos grupos folclóricos Xarandeira e Algueirada de Pontecesures.
Ás 22 horas, capachos de mexillóns para todos coa tradicional XX Gran Mexilloada (2.200 quilos) acompañada con 575 litros de viño de barrantes do bo e cervexa.
Pola noite a mellor verbena, coas mellores orquestras neste momento:
Los Españoles
Capitol

DÍA 21 DE AGOSTO
Ás 8 da mañá, levantarase a todo Porto co disparo de foguetes.
Ás 10 da maña, alborada coa Banda de Música Cultural de Arcade (actuación patrocinada polo Concello de Pontecesures e pola Deputación de Pontevedra).
Ás 12 horas, saída da procesión de San Roque dende a a Praza dos Valeiros.
Ás 12:30 horas, Misa Solemne na Igrexa Parroquial cantada polo Coro A Barcarola de Pontecesures.
De seguido, Gran Poxa de Ramos e Tradicional Traca.
Ás 20 horas, concerto da Banda Cultural de Arcade.
Pola noite, festa para todos…todas con:
Los Satélites
Los Trovadores

Inaugurada a nova sede de Doselco Electricidade.

O venres, día 10 de xullo, ás 21:00 horas celebrouse a festa de inauguración desta sede situada na rúa Redondo de Pontecesures, nun baixo dun edificio promovido por Construcciones Louriño (preto do Restaurante Casa Gómez) asistindo numerosas persoas que foron convidadas á inauguración (traballadores da empresa, representantes e traballadores municipais, empresarios da zona, familiares e amigos).
Non faltou, aos postres, unha tarta conmemorativa do décimo aniversario da fundación da empresa.
Doselco trasládade así do baixo que ocupaba na rúa Deputación. Este é moito máis amplio e funcional.
Ogallá teña moitos éxitos o negocio nesta nova ubicación.

II Festa do Churro en Pontecesures.

Será o luns 6 de xuño, a partir das 21 horas na Plazuela con churros e chocolate de balde para todos e amenizada polo Dúo Master.

As churrerías artesanas de Pontecesures que colaborarán servindo churros e chocolate serán:

BENEDICTA (Benedicta Llerena Limeres)
FINA (Josefina Jamardo Doce)
ISOLINA (Isolina Lafuente Vidal)
JAMARDO (José Angel Jamardo Doce)
LA CESURE?A (Mª Luisa Jamardo Doce)
MARIS? (Mª Jesús Batalla Saborido)
PATRI (Patricia Constantino Dasilva)

Organiza a Concellería de Cultura do Concello de Pontecesures. Colaboran o Patronato Rías Baixas e a Deputación Provincial de Pontevedra.

O xoves 21 de maio, sesión da Comisión Informativa de Contas, Patrimonio e Contratación.

Será ás 20:30 horas, coa seguinte orde do día:
1.Acta anterior.
2.Proposta do grupo de goberno, sobre modificación de ordenanza do IBI. Modificación do tipo para os bens de características especiais.
3.Proposta do grupo de goberno, sobre delegación no ORAL da Deputación da recadación executiva dos ingresos de dereito público que no se atopen delegados.

Nenos/as cesureños/as admitidos para os campamentos de verán “A Lanzada” da Deputación

Barreiro Rodríguez, Alba (9 anos). 3ª quenda
Domínguez Ordóñez, Antía (10 anos). 8ª quenda
Fernández Freiría, Silvia (10 anos). 8ª quenda
García Quintá, Iria (9 anos). 3ª quenda
Navarro Jamardo, María (9 anos). 3ª quenda
Pardal Álvarez, Lucía (7 anos). 1ª quenda
Piñeiro Rodríguez Raúl (13 anos). 3ª quenda
Potel Mariño, Pablo (12 anos). 8ª quenda
Quinteiro Castiñeiras, Diego (11 anos). 4ª quenda
Rarís Frois, Lara (11 anos). 3ª quenda
Rarís Frois, Sofía (8 anos). 3ª quenda
Rodríguez Blanco, Cristian (11 anos). 2ª quenda
Sanmarco Rodríguez, Antía (11 anos). 8ª quenda
Senín Santiago, Mª Belén (9 anos). 3ª quenda
Temperán Potel, Jorge (8 anos). 9ª quenda
Varela Miguéns, Marta, (10 anos). 3ª quenda
Von Hertwig Bernhardt, Laura Helena (10 anos). 2ª quenda

O prazo máximo de presentación da documentación pendente remata o vindeiro 26 de maio (deberá estar nas oficinas da Cidade Infantil Príncipe Felipe ese día).

Xustificante de pagamento de 68 euros na conta 2080 0401 68 0040106618 de Caixanova facendo constar o nome de cada rapaz e a quenda asignada.

A documentación debe remitirse por correo a:
Cidade Infantil Principe Felipe
A/A: Dirección Xerencia-Campamentos
Avda. Montecelo, nº 12
36161 PONTEVEDRA