Danos do temporal en Pontecesures

As consecuencias do temporal do día de hoxe en Pontecesures foron cuantiosas. Ademais das habituais caídas de valados de obra e contedores de lixo, temos que resaltar o peche da senda peonil de subida ás escolas provocado pola caída dunha árbore, que levou por diante un tendido eléctrico. Dende primeiras horas da mañán, o servizo municipal de obras empregouse a fondo nesta avaría e niste momento está totalmente arranxada. Como diciamos , por seguridade o grupo de goberno municipal procedeu ó peche durante o día de hoxe desta senda.

Tamén hai que dar conta da rotura dunha cristaleira da praza de abastos municipal coa que se está a proceder ó seu arranxo, para evitar a entrada da choiva no interior.

Por último indicar que a excursión programada para os nenos de infantil do colexio C.P.I. de Pontecesures ó Belén de Campaña está mañán  quedou anulada.

Dende o grupo de goberno municipal queremos pedirlle ós veciños que extremen as medidas de seguridade perante a duración do temporal.

Arranca a campaña “Este ano 2011 presume tamén de praceiro e praceira”

A Consellería de Economía e Industria pon en marcha esta campaña para promocionar todos os mercados de abastos de Galicia para destacar aos seus praceiros.

Entre os días 14 ao 24 de decembro de 2011 e 9 e 20 de xaneiro de 2012, os clientes da Praza de Abastos de Pontecesures recibirán un cupón por cada acto de compra. ?ncheos co teu nome, apelidos e teléfono de contacto, indicando o número de posto do teu praceiro/a favorito/a e deposita o cupón na urna instalada na propia Praza.

Os días 23 de decembro de 2011 e 20 de xaneiro de 2012 procederase á elección ao azar de trescupóns, que se corresponderán con tres clientes agraciados con cheques de compra desa quincena, por valor de 75, 50 e 25 euros. Só poden ser recompensados os clientes que estén presentes no momento do sorteo. Ademais, só serán válidos os votos nos que figure o número de posto votado.

Os cheques serán cambiables unicamente no propio mercado en forma de desconto nas próximas compras. A validez destas caducará o 28 de febreiro de 2012.

Os nenos da base do Pontecesures C.F. presenciarán o Deportivo-Rácing de Santander.

Un autobús con estes rapaces, acompañados por dous monitores, sairá da parte traseira da praza de abastos de Pontecesures, o domingo 17 de abril, ás 14:15 horas, para dirixirse ao estadio de Riazor en A Coruña e presenciar ás 17 horas o encontro de fútbol, Deportivo-Rácing de Santander.
Os nenos entrarán gratuitamente no estadio, facéndose cargo o Concello de Pontecesures dos gastos de desprazamento.