Relación de persoas elixidas para formar parte das mesas electorais do 7 de xuño

No día de hoxe, ás 9:30 da mañá celebrouse na Casa do Concello de Pontecesures un pleno extraordinario para proceder ao sorteo para a composición das mesas das eleccións ao Parlamento Europeo, que terán lugar o domingo 7 de xuño de 2009. O resultado foi o seguinte:

Mesa U

Presidente: Ángel Rafael Santiago Piñeiro
Suplente 1º de presidente: Daniel Ordóñez González
Suplente 2º de presidente: Jesús Pérez Prieto
Vogal 1º: María Consuelo Piñeiro Blanco
1º suplente de vogal 1º: María José Magán Jamardo
2º suplente de vogal 1º: María Dolores Gerpe Jamardo
Vogal 2º: Cristina Lois Cerqueiras
1º suplente de vogal 2º: José Manuel Castroagudín Silva
2º suplente de vogal 2º: José Corral Dopazo

Mesa A

Presidente: José Antonio Blanco Miranda
Suplente 1º de presidente: María Victoria Ferro Grela
Suplente 2º de presidente: Andrés García Martínez
Vogal 1º: Manuel Doce Jamardo
1º suplente de 1º vogal: Margarita Carolina García Castro
2º suplente de 1º vogal: José Antonio Folgar Romero
Vogal 2º: Sandra Barreiro Chico
1º suplente de 2º vogal: Francisco Freiría Oliveira
2º suplente de 2º vogal: Verónica Carlés Ferro.

Mesa B

Presidente: Sofía Loureiro Romay
Suplente 1º de presidente: María José Saborido Romero
Suplente 2º de presidente: Margarita Herránz Grela
Vogal 1º: Alfonso Ángel Romero Gil
1º suplente de 1º vogal: Ángel Miguéns Potel
2º suplente de 1º vogal: Manuel Senín Bermúdez
Vogal 2º: Fermín Salgado López
1º suplente de 2º vogal: Ángel Fernando Pérez Castaño
2º suplente de 2º vogal: Manuel Saavedra Santiago

Iolanda Eiras: “Quero que os nenos coñezan outros estilos de música, non só o da televisión”.

yolanda

A directora do coro “A Barcarola” de Pontecesures, acaba de publicar o seu primeiro libro de contos que se titula “Baldras, o xigante”.

Iolanda Eiras, a actual directora do coro “A Barcarola”, de Pontecesures dende hai aproximadamente cinco anos, acaba de sacar á luz o seu primeiro libro de contos para nenos e que leva por título “Baldras, o xigante”.

Nacida no concello de Dodro, aínda que con raíces no municipio cesureño, xa que o seu pais é un coñecido veciño da vila, Iolanda cursou estudos de Maxisterio, na especialidade de Educación Musical. Na actualidade, imparte “Pedagoxía Musical” todas as tardes no colexio Pio XII de Santiago, actividade que compaxina perfectamente coa dirección de tres coros ben diferentes, xa que ten a batuta dun grupo de nenos de Herbogo, no concello de Rois, e outro na cidade do Apóstolo.

Á marxe da dirección e da actividade musical, Iolanda acaba de publicar un conto dirixido aos nenos que leva por título “Baldras, o xigante”, que, á marxe do relato, leva incluído un disco no que a propia actora le o conto, acompañada polos nenos do coro santiagués e pola Banda Artística de Merza que é a que lle pon música a todo o relato e tamén a súa banda sonora.

A obra xa está nas librarías aínda que a súa presentación oficial será o vindeiro martes, cinco de maio, na Alameda de Santiago, coincidindo coa celebración dunha feira de libros na cidade do Apóstolo.

¿Quen é Baldras, o protagonista do libro?

Baldras realmente é un tio avó meu que foi músico, tocou a tuba, e o bombo; está claro que no conto non é o meu tio avó porque é un xigante, pero si que me inspirei nel xa que todo isto da música das bandas é tradicional en Galicia, e apetecíame moito facer isto e achegalo aos nenos e nenas porque é evidente que están moi levados polos medios de comunicación, as músicas que se escoitan non son as que se oían antes: é un pouco recuperar ese contacto coa música das aldeas, os pasarrúas, as bandas…E ese é Baldras.

¿Foi ese o motivo polo que quixo contar cunha das bandas galegas de maios prestixio, a Banda Artística de Merza?

Si. O que me interesa é que nenos, que é co que eu traballo, coñezan un pouco os diferentes estilos de música e non só o que lles oferta a televisión ou noutros medios e que logo decidan que é o que lles gusta. Para min a banda é algo que está moi apegado, de feito, estudei música clásica, polo que o levas dentro, no teu sangue.

¿Como xorde entón a historia de “Baldras, o xigante”?

Pois un día, para explicárlleles aos nenos as diferenzas nas calidades do son, ocorréuseme unha canción e vexo que para os máis pequenos é complicado memorizar un texto pero a melodía non; neste caso, optei por inventar un conto, e saíume, e vin que os nenos lles gustaba e daba resultado, e despois dese saíu outro e outro….Ao final animeime e decidinme a presentalo á editorial e aquí está. En canto ao protagonista da historia, Baldras, xa non só o aspecto musical, é un xigante que ten unha cualidade ou diferenza que ven os demais que é que el é moi grande pero a súa voz é moi fina, aínda que el é moi grande; tratei que a moralexa nas diferenzas non sexan barreiras nin límites para relacionarnos cos demais senón que unha diferenza pode perfectamente seren algo positivo e non negativo, e que non porque sexamos diferentes iso impida as relacións. Polo tanto, Baldras é diferente aos ollos dos demais, pero aos dun neno non porque somos os adultos os que facemos as diferenzas.

Pero este non é o único conto que ten escrito, ¿vai publicalos ou serán só material para as súas clases?

Non o sei. En principio para min o máis importante é que Baldras chegue aos cativos e que lles guste. Sinceramente estaría ben que o conto tivese unha boa repercusión de vendas pero o máis importante é que a quen chegue lle guste e lle transmita algo. Cos outros contos non sei, o único que teño claro é que sigan levando o que é a música xa que o conto nace despois da música, que é o que eu levo dentro.

¿E como xorde a idea de publicar o libro: Acudiu vostede á editorial ou foron eles os que descobriron o seu traballo grazas ás súas actividades?

Non, non foi así. A verdade é que tiven moita sorte. Eu tiña este conto e a xente dicíame porque non o escribía e o publicaba. Coñezo a una persoa, Fran Bueno, que é quen ilustra o conto, gústalle e el foi o que me deu o último empurrón posto que me levou á editorial, Xerais de Galicia, presentámonos alí e xa non houbo máis que facer; ao cabo de cinco ou seis meses aprobaron o proxecto e para adiante. Dende ese momento a ata o de agora pasou xa máis dun ano e ao levar un CD, máis aínda xa que hai que gravar, facer as mesturas…Neste caso tamén hai unha música que é orixinal nosa polo que hai que contar cunha banda, neste caso, a de Merza, as voces, e iso non é doado.

O libro vén cun disco no que, á marxe de gozar coa lectura e coas ilustracións de Bueno, os nenos tamén poden escoitar o conto, ¿como xurdiu a idea de incluir o disco co libro?

Eu fíxeno pensando sobre todo nos nenos de Infantil, que non saben ler, e así o poden escoitar, e tamén naqueles que teñen outras dificultades, como a dunha alumna que teño, que é cega. A miña intención é que a música estea ao alcance de todos e con esta intención fixen o conta.

Vostede traballa moito cos nenos pero na actualidade está a dirixir un coro de adultos, A Barcarola, en Pontecesures, ¿como chegou a el?

Foi unha cousa que ao principio non me atrevía a facer porque sempre traballei con cativos e os adultos asustábanme un pouco pero estou encantadísima. Empecei hai uns cinco anos e estou encantada porque comezaron sendo só mulleres e agora somos mulleres e homes, dos que recibo moito afecto e onde hai moi bo ambiente e estou moi contenta porque vexo que cada vez o fan mellor.

Entrevista en “Arousa, un mar de cultura”. DIARIO DE AROUSA, 26/04/09

Terras de Iria abre el plazo de preinscripción al certamen de pintura.

Los municipios de la comarca del Sar, conjuntamente con la empresa Aluminios Cortizo, anunciaba la pasada semana la apertura del plazo de inscripción para el certamen pictórico Terras de Iria. Una cita cultural que cambió el nombre de su reclamo el pasado año.

El certamen, cuyas bases pueden ser consultadas a través de la web premioterrasdeiria.com, cumple

once años. A lo largo de este tiempo, la cita pictórica se ha ido consolidando en el escenario de promoción y difusión de jóvenes valores y promesas artísticas vinculadas a la pintura.

La nueva convocatoria está abierta a todas las tendencias y las obras que sean seleccionadas formarán parte de una exposición en el Convento do Carme, mientras que el ganador será objeto de una muestra individual.

Los premios son de 8.000 euros, para el primero y de 3.000 euros para el segundo. También se reserva una cuantía de 1.000 euros para el accésit comarcal, al que pueden optar cualquier artista de la comarca del Sar.

El plazo de solicitud de inscripción finaliza el 9 de mayo y el plazo de admisión de trabajos el 30 de mayo. El fallo y la entrega del premio tendrá lugar entre el 18 y el 25 de junio.

TIERRAS DE SANTIAGO, 07/04/09

Hubo heridos en un accidente de tráfico en Campaña.

Hubo un accidente en la polémica recta de Campaña. Un vehículo vio que un coche se incorporaba a la calzada desde una vía lateral, por lo que trató de evitarlo desplazándose al carril contrario. En ese instante un tercer turismo quería acceder también a la carretera desde un garaje, produciéndose un fuerte impacto con el primer coche, el cual salió rebotado y chocó con el cierre de una casa. Hubo tres heridos ??leves? que fueron trasladados al Hospital de Santiago.

FARO DE VIGO, 30/03/09