Ir ao contido
Pontecesures.net dende 2005
Deportes

Ã?xito da Festa do XX aniversario do basket en Pontecesures

Por fru ·

[photopress:IMG_9360web.jpg,full,centered]

Penso que non se pode calificar doutra forma o que pasou o sabado 8 en Pontecesures: xuntar ós fundadores do club de baloncesto e darlle unha homenaxe mais que merecida, aproveitando que xa se cumpriron ¡¡¡ 20 anos !!!, ver xuntos de novo a Fuxan, Prieto, Jorge, Bustelo, Carrillo, Miguel Refoxo, Angel Yelis, Melon, Chochis, etc, etc.. arredor de Fernanda, pedro, D. Manolo e D. José Ramón foi a mellor forma de decirlles GRACIAS, o mellor homenaxe, acordándonos que faltaron xente coma Felipe, Miguel Cochinke, Luis “Martelo”,  José “Panadero” Souto, e algún outro por ahí… Os 4 se levaron ademais unha bonita figura de cerámica que representa a uns xogadores loitando por un rebote… simbolo da unión que debe imperar neste deporte gracias ó seu nexo, que é a pelota naranxa (agora me saiu a “vena” das clases de Hª da Arte).

Tamén recibiron un agradecemento as primeiras empresas que colaboraran co basket:

Hnos. Castro Figueira, Bar Muelle, Librería Sar, Extrugasa e Vimasa, recollendo os representantes das empresas unha figura dun horreo gelego en cerámica.  

[photopress:100_3170web.jpg,full,centered]

Quero agradecer (e espero non olvidarme de ninguén) a colaboración de:

Concello de Pontecesures: pola compra das camisetas conmemorativas, e o apoio ó club.

Grupos folcloricos Xarandeira e Algueirada: Polas suas estupendas actuacións que serviron para animar a trade. 

Luis Sabariz e Antonio Pedrido: Por arbitrar a estos “cracks” do basket.

As cociñeiras das tortillas ricas ricas ricas (Ana Mari, Isabel e Rosa).

A Beni e Rosa polos seus “Caprichos” (elas entenderán),  

A todos os xogadores/as do Club Rio Ulla, que colaboraron no evento (creo que os homenaxeados quedaron “abraiados” polo pasillo que lle fixemos no medio da pista do pabellón).

A Elias e o seu axudante de Porto (Vidal). A megafonia impresionante.

A Chaves (grade) e a Trillolo por ese video que algún día será presentación mundial…

A “Pedrito” Piñeiro pola sua reportaxe de fotos e video-cutres 😉

Ã? público por acudir a pasar a tarde connosco.

Pola miña parte nada mais que decir (diría tantas cousas)… tan só que este acto foi o mellor “triple no último segundo que podía anotar”.

Máis sobre isto

4 comentarios

  1. Chaves

    Parece que lle comeu a lengua o gato a todo o mundo, jeje… En serio nadie ten nada que dicir?

    Eu pola miña parte, solamente “de nada”. Paseino moi ben, e en canto pilei un encuadre “decente”, pousei a cámara e a disfrutar do partido… Así que, eso, de nada.

    Por certo, grandioso ese triple in extremis, sí señor.

    Responder
  2. fru Redacción

    Quedou todo o mundo abraiado e sen palabras, anta o shock polo que se viveu no pabillón.
    Xa teño gañas de ver ese video…
    O triple saiu, foi a forma de decir GRACIAS 😉
    (Que poético me queda eso)
    O dito gracias pola tua colaboración.

    Responder
  3. marta

    bueno nn t tires da moto k o triple ese foi pura sorte!!eña xao!

    Responder
  4. fru

    marta, a sorte hai que buscala!!! Ou non ia ben tirado?
    Se hubese tirado para atrás e de gancho creo que tería menos posibilidades pero, en fin, se ti dis que só foi sorte, pois eso! 😉

    Responder

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.