Ir ao contido
Pontecesures.net dende 2005
Sociedade

Van recadados 3.455 â?¬ para a calefacción da Igrexa Parroquial.

Por Luis Angel Sabariz Rolán ·

Segundo o último exemplar do semanario da Parroquia de Pontecesures “Pueblo de Dios”, ata agora os felegreses aportaron, na conta de Caixanova e mediante donativos na propia igrexa, a cantidade de 3.455 â?¬ para a instalación da calefacción de gas natural no templo.

Máis sobre isto

9 comentarios

  1. cockydaponte

    …hai que foderse…vou ter que tomar eu unha iniciativa parecida…que teño que cambiar as ventanas da casa…

    Responder
  2. maradona

    haber cochydaponte parece que che molesta que a xente sea solidaria nadie obliga a nieguen

    Responder
  3. cockydaponte

    a ver…metadona…a mín o que me molesta é que si os pido eu para arranxar a miña casa, ou si os pides tí para poñer aire acondicionado na túa…seguramente che manden a rañala por ahí…e digo máis…si segundo tí é solidaria…hai uns días saía nos xornais que unha familia rumana quedara sen vivenda en padrón…xa vin que solidariedade emerxeu da xente dos redores…

    Responder
  4. cockydaponte

    a ver….separado

    Responder
  5. manolo

    A VER, profesor cockydaponte, A VER “SEPARADO” e a rañala por AÍ, OK?

    Un saúdo.

    Responder
  6. cockydaponte

    outra vaca no millo…

    Responder
  7. Tuso

    A pequena diferencia “cockydaponte”, e que a túa casa é túa, e os arranxos que lle fagas so os vas a disfrutar ti, e a igrexa é casa de todos (ou eso din 😉 ) e desa calefacción pódense beneficiar todos.

    O dos rumanos é un asunto distinto. E se coñeces o tema (eu non cho vou a explicar) non é por falta de solidardidade o de que case quedaran sen vivenda. Como curiosidade, algunhas das “almas caritativas” e “solidarias” que se preocupaban en atoparlle vivenda, tiñan elas mesmas vivendas dispoñibles, pero non as ofrecian, preferían que foran os outros os solidarios, non vaia ser. Por algo será.

    Responder
  8. manolo

    “vaca no millo” vaiche respostar “cockydaponte”.

    Penso que para correxir os erros dos demáis e necesario estar moi seguro de non comenter outros parecidos un mesmo. Se “a ver” no contexto ao que referías é separado con b e sen h.

    “ahí” se falamos en galego de un adverbio de lugar absoluto, escríbese sin “H” e con tilde na i

    A vaca no millo, recomendache escribir: “a rañala por aí”

    Cambiando de tema, eu non penso dar un céntimo para a calefación da igrexa, basicamente porque non me vou beneficiar dela, e penso que a igrexa ten fondos de sobra e patrimonio para poñerlle suelo radiante a todos os templos do mundo católico.
    Tampouco me parece mal que pidan ou que den.

    Responder
  9. cockydaponte

    Eu non sei que dis…meu home…que eu saiba o único que escribeu algo de “aí” fuches tí, ou en todo caso un tal manolo…
    Sobor do tema da calefación da igrexa penso coma tí, Manolo, por eso mesmo fixen o primeiro comentario…porque supoño que terán fondos de sobra e patrimonio suficiente para poder costearse calquera tipo de obra.
    Falando dos rumanos, pois tamén coincido con Tuso. Nese caso a solidariedade dos que os axudaban era máis ben unha tentativa desesperada de “largar” a esa xente canto máis lonxe mellor, para non ter que ofrecerlle eles/as as súas vivendas dispoñibles…pero seguro que si algún dos que dou algo para a obra esta na igrexa ten un inmoble para alugar…non o ofreceu para acoller esta familia, aínda a sabendas de que uns meses os ía a cobrar por adiantado. Aínda que claro…aquí xa non falamos de ser solidarios ou non..senón de outra cousa….

    Responder

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.