Ir ao contido
Pontecesures.net dende 2005
Deportes

Ã?ltima hora: o Extrugasa Río Ulla ascende a 1ª división senior zonal de baloncesto

Por Luis Angel Sabariz Rolán ·

Por 66-60 e nun emocionante encontro, o equipo cesureño venceu ó Motobazar Mc Donalds de Vilagarcía de Arousa, na segunda semifinal da final a catro da 2ª división zonal que rematou hai poucos minutos no pavillón municipal de Pontecesures.
Na primeira semifinal La Noche Baloncesto de Portonovo gañou á Cafetería do Manuel de Cuntis por 94-78 e tamén acadou o ascenso.
Mañá o Extrugasa Río Ulla e o La Noche Baloncesto de Portonovo disputarán a final ás 18:30 horas no pavillón municipal.
Hai que destacar que houbo unha gran entrada no pabillón con moito ambiente (nenas animadoras, aparellos acústicos nas gradas e moitos berros de ánimo da afección local ós seus xogadores). Ã? remate do encontro houbo una explosión de xúbilo pola victoria.
Os integrantes do equipo cesureño foron felicitados na propia cancha pola alcaldesa e polo concelleiro de deportes. Antes, entregaron medallas ós xogadores/as das divisións inferiores do club pola gran tempada realizada.

Máis sobre isto

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.