Ir ao contido
Pontecesures.net dende 2005
Sucesos

O Pub Tribal recupera tamén a maior parte dos obxectos roubados a primeiros de febreiro.

Por Luis Angel Sabariz Rolán ·

No cuberto do Lestido (Padrón) onde apareceron os ordenadores e a estufa da biblioteca municipal de Pontecesures, tamén estaba un proxector, un limitador, unha mesa de mesturas e un amplificador que foran substraídos polo sistema “butrón”, no pub Tribal de Pontecesures situado na rúa Sagasta a primeiros de febreiro pasado.
O material foi recoñecido no día de onte no cuartel da Garda Civil de Iria en Padrón, e así o propietario do Tribal, só lle faltan agora o maletín cos CDs e as botellas.

Máis sobre isto

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.