Ir ao contido
Pontecesures.net dende 2005
Sociedade

Pechou a piscina municipal ata o verán próximo.

Por Luis Angel Sabariz Rolán ·

O día de onte foi o último no que estivo en servizo a piscina municipal de Pontecesures situada na rúa Eugenio Escuredo.
Estaba previsto o peche para primeiros de setembro, pero pospúxose polo bo tempo que tivemos na primeira quincena.
Hai que salientar que neste verán asistiron moitos nenos aos cursos de natación pola mañá dentro do programa “Concellos Saudables”. Tamén participaron outros nenos dos clubs deportivos do municipio.

Máis sobre isto

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.