Ir ao contido
Pontecesures.net dende 2005
Cultura

Bea Porrúa actuará o 11 de decembro no auditorio de Santa Comba.

Por Luis Angel Sabariz Rolán ·

A cantante cesureña actuará nesta localidade coruñesa na tarde noite do venres, día 11 de decembro.

Por outra banda, hai que dicir que o sábado pasado, día 21 de novembro, Bea presentou en Área Central de Santiago o seu novo disco “Berce Galego”. Foi moita a xente a que se interesou pola presentación e se achegou a escoitar á cantante cesureña que interpretou, en directo, acompañada por dous músicos catro temas do novo disco.

Foron vendidos bastantes exemplares deste último traballo, esperando que sexa todo un éxito.

Máis sobre isto

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.