A Asociación Sementar organiza un curso de poda e enxerto no Convento de Herbón, en Padrón.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán o

A Asociación Sementar de Herbón, no concello de Padrón, organiza para o vindeiro sábado no convento franciscano unha nova xornada de poda e enxerto. Todas aquelas persoas interesadas en participar deberán achegarse ata a horta do convento as 10,30 horas da mañá. Será cando comece a xornada cunha pequena introdución teórica e cunha práctica na aula para despois traballar na horta. Aínda que xornada está orientada para ser unha parte práctica do curso de poda e enxerto que celebrou Sementar no mes de decembro, as persoas que non asistiron a esa primeira actividade poden facelo agora igualmente, xa que tamén haberá unha pequena clase teórica.
Así, todas aquelas persoas interesadas no curso teñen que enviar un correo a sementar@gmail.com ou chamar ao 617 260 670 e traer as súas ferramentas de poda. A actividade é gratuíta para os socios e socias de Sementar mentres que para os que non o son deberán pagar 6 euros. Alfonso Touceda, de Colectivo Lentura, imparte o curso.

LA VOZ DE GALICIA, 24/01/10


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.