Denuncia: Pouca vergoña e respeto
O pasado sábado foi enterrada a miña aboa no cemiterio da Matanza (Padrón). Como ben sendo habitual, deixaronse tódolas mostras de condolencia e agarimo que chegaron en forma de flores: Centros, ramos e coronas.
Cal é a nosa sorpresa, desagradable, ó atoparnos que todo foi roubado, deixando só as cintas no chan e un par de columnas.
¿ Qué tipo de persoas poden facer este tipo de cousas ? ¿ Que valor ou utilidade pode ter o que roubaron ? ¿ Qué nos queda por ver ?
Descoñezo si este tipo de actos son habituais, pero non deixan máis que amosar que haiche pouco respeto entre iguais.
Antonio Cortés.
4 comentarios
Xan non é pouca vergoña, é que non hai absolutamente ningunha. En fin, Antonio, a primeira vez que escoito cousa tal, sempre hai algún descerebrado por ahí. Por unha vez tocoulle a Padrón. E tal como estou escribindo estou pensando ¿poderían ser os da recollida de lixo que fixeron o seu traballo antes do razonable?. Tendo en conta as liortas nas que andan en Padrón coa empresa de recollida xa nada pode estranar. E tampouco ten moito sentido que os ladróns se paren a deixar as cintas.
Sexa unha cousa ou outra, de pena. A miña adhesión, Antonio.
Sin comentarios…. Só me queda sumarme a tua tristeza. Esto doe moito cando se trata dos nosos seres máis queridos.
ANTONIO eu vin na tele que hay xente que rouba as flores para vendelas outra vez,non hay sentimientos.
Bueno bueno. E que esto xa non ten que sorprender a ninguen. Hoxe en día hai tanto morto de fame, que manchan as mans en calquera cousa. Vai ti a saber, o mellor esas frores foron a parar a outro finado ou incluso a algunha boda. Sería cuestión de indagar polos arredores. A min pásame iso e pillo a quen o fixo e córtolle os dedos x non cortarlle outra cousa. Un saudo