Ir ao contido
Pontecesures.net dende 2005
Festas

Moita xente no acto celebrado na honra de Pepe Domingo Castaño este mediodía en Padrón.

Por Redacción ·

Celebrouse o acto organizado polo Concello de Padrón na praza que leva o seu nome e interviron no mesmo o alcalde de Padrón, Anxo Arca, o presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda e Susé o irmán de Pepe Domingo. Ao remate das intervencións, emocionadas, sentidas e moi ovacionadas, interpretouse o himno galego e houbo un brindis e un aperitivo servido para todos os asistentes por deferencia da Pulperia Rial, e dos bares A Esquina e A Filoxera amenizado polo tema de Pepe Domingo “Neniña” que sonaba nos altofalantes.

Máis sobre isto

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.