Ir ao contido
Pontecesures.net dende 2005
Política

O PP de Pontecesures denuncia o procedemento de selección da Xuíza de Paz de Pontecesures.

Por Redacción ·

Di a alcaldesa que facemos oposición “ultra”…, aparte do pouco orixinal da afirmación, indicar que vamos a ser “ultra”-rigorosos cos desplantes e provocacións ás que nos ten xa acostumado non plenos a alcaldesa e o seu particular gremio de caladiños.

Tal como xa indicábamos no Pleno, esta mañá presentamos no Xulgado Decano de Caldas de Reis un escrito dando conta do insólito do proceso de selección da Xuíza de Paz que cos votos a favor do tándem BNG-PSOE conseguiron sacar adiante no pasado Pleno.

Non consentiremos esta política de imposicións e compadreo que nos tememos que vai a ser a tónica nesta lexislatura.

POPULARES DE PONTECESURES

Máis sobre isto

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.