Mostra bibliográfica xuvenil, obradoiros e contacontos polo Mes do Libro en Padrón
O Concello de Padrón celebra o Mes do Libro cunha programación cultural pensada para achegar a lectura á veciñanza de todas as idades, con especial atención ao público infantil, familiar e xuvenil.
Actividades principais:
• Mostra bibliográfica xuvenil – A programación comeza coa apertura dunha mostra que reúne unha coidada selección de títulos dirixidos á mocidade, con lecturas que buscan atrapar desde a primeira páxina e convidar a reflexionar, medrar e imaxinar.
• Obradoiro de decoración de bolsas portalibros – O xoves 23 de abril, ás 17.30 horas, coincidindo co Día do Libro, terá lugar un obradoiro dirixido ao público xeral e familiar. As persoas participantes poderán personalizar bolsas e mochilas de diferentes cores e tamaños para transportar os seus libros.
• Contacontos – O mércores 29 de abril, ás 17.30 horas, celébrase un contacontos para nenos e nenas de 4 a 12 anos. A través de Os contos da leiteira, a compañía OQO ofrecerá unha sesión de narración oral de 50 minutos que combina historias protagonizadas por mulleres diversas con relatos simbólicos interpretados por animais.
Inscripcións: As persoas interesadas en participar poden realizar a súa inscrición na Biblioteca Municipal de Padrón, a través dos teléfonos 981 810 761 e 645 846 479, ou no correo electrónico biblioteca@padron.gal.
Fonte: El Correo Gallego
0 comentarios