O Baixo Ulla entrega os premios da vixésimo oitava edición do seu Certame Literario Intercentros.

Publicado por Redacción o

Begoña Caamaño, a escritora e xornalista á que foi dedicado o Día das Letras Galegas este ano

Begoña Caamaño, a escritora e xornalista á que foi dedicado o Día das Letras Galegas este ano.

Catro colexios de Valga, Catoira e Pontecesures participan na iniciativa co gallo das Letras Galegas

Un ano máis, os concellos de Valga, Pontecesures e Catoira poñen en marcha o Certame Literario Intercentros co gallo das Letras Galegas e a súa dedicatoria á xornalista e escritora Begoña Caamaño. Alumnos de 3.º, 4.º, 5.º e 6.º de Educación Primaria dos colexios Progreso, Pontecesures, Ferro Couselo e Baño-Xanza presentaron xa os seus traballos nas categorías de conto, poesía, narrativa, banda deseñada e teatro para optar a un dos catro premios que están a piques de ser fallados. De feito, os galardóns serán entregados este mesmo venres, 22 de maio, nun acto que se ha desenvolver no CEIP Baño-Xanza a partir das catro e media da tarde, ao que están invitadas as comunidades educativas no seu conxunto.

La Voz de Galicia

Categorías: Sin Categoria

0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.