Contestación ao BNG de Pontecesures sobre o uso da pick-up de emerxencias.

Critican os nacionalistas cesureños o uso do vehículo municipal para tarefas de obras, e que se lle priva o uso ao servizo de protección civil, engadindo que van dar conta disto á Xunta de Galicia.

Temos que dicir, que nestes días estase a utilizar dito vehículo por persoal municipal para baldear as pistas que van ser pavimentadas con maquinaria da Deputación Provincial que chegou a Pontecesures para botar novos firmes nunha pista variante do Camiño de Regadio de Condide, noutra que une Condide con Carreiras polo Couto, nunha terceira na rúa Cantillo de San Xulián e tamén noutra zona do Souto, en Porto.

O convenio asinado no seu día por eeste concello para a adquisición do vehículo municipal (A Xunta fíxose cargo do 75% do custo, mentres o concello achegou o restante 25%) para nada impide estes usos de baldeo, por suposto dándolle preferencia en caso de coincidencia horario a un sinistro, de producirse.

Naturalmente, a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil ten unha preferencia absoluta para o uso, e teñen a chave do vehículo, que está no soto da Casa do Concello, no seu poder.

Sería unha insensatez e un despilfarro ter un vehículo parado nun garaxe que é apto para baldear unhas rúas que precisan unha actuación, (non habendo sinistros ou risco de producirse), e en lugar de utilizado, alugar maquinaria prexudicando á facenda municipal. Ninguén nos pode acusar de non defender os intereses públicos.

Hai ben pouco o BNG criticaba precisamente que o vehículo era coma unha pantasma, que non o vía ninguén. Agora que saiu para este cometido, tampouco lles convence. En fin xa non saben que facer para deixarse notar protestando contra todo o que se move.

En fin; fuximos de polémicas, pois o verdaderamente importante son dúas cousas:

1. Este goberno local foi o que xestionou a subvención, e conqueriu, mal que lle pese ao BNG, un vehículo para emerxencias que non tiña Pontecesures.

2. Tamén este goberno xestionou que a Deputación Provincial acometa, coa colaboración de persoal municipal, que se pavimenten pistas que estaban deficientes. Haberá máis seguridade para vehículos e peóns. Se ademais participa, aínda que minimamente, nestas tarefas o noso vehículo de seguridade, pois mellor que mellor.

O concelleiro de relacións institucionais
Luis Ángel Sabariz Rolán

Menos para emerxencias, para todo

pick-up

O BNG quere manifestar o seu malestar e o dos veciños de Pontecesures pola utilización que dende o concello se lle está a dar ao vehículo de emerxencias pick-up, xa que estamos a obsevar nestos días que operarios do Servizo Municipal de Obras do concello o están a usar para baldear camiños municipais. Nos cremos que esta non é a finalidade para a que se concebíu este vehículo.

Dende o noso grupo xa denunciamos publicamente que en 2 incendios que se produciron recentemente no noso pobo non intervira esta pick-up porque non estaba posta a disposición da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil, tendo que actuar nestos operativos a motobomba e a pick-up do concello de Padrón.

Temos constancia de que a Agrupación de Protección Civil ten practicamente vetado o uso deste vehículo, o que é inaudito.

O BNG solicita unha vez máis ao concello que esta pick-up sexa cedida en uso aos voluntarios de Protección Civil para que estea dispoñible para emerxencias. Ao mesmo tempo instamos á autoridade da Xunta de Galicia competente nesta materia, que foi a que subvencionou este vehículo, que controle a correcta utilización destes medios.

El BNG de Pontecesures critica que el coche de emergencias se utilice para obras.

Insiste en que Protección Civil “ten vetado o uso” y el gobierno tripartito lo desmiente.

El uso que el concello hace del vehículo de emergencias, que durante esta semana realizó tareas de obras, vuelve a ser criticado por el BNG, que indica que “esa non é a finalidade para a que se concebiu esa pick-up”. Los nacionalkistas ya habían denunciado hace unas semanas que en dos incendios que se produjeron en el municipio no intervino ese vehículo.
El grupo municipal del BNG sostiene que eso se debió a que “non estaba posto a disposición de Protección Civil”, de ahí que tuviesen que actuar en aquellos operativos la motobomba y la pick-up del Concello de Padrón. El Bloque insiste ahora en ese argumento al asegurar que “temos constancia de que Protección civil ten practicamente vetado o uso” del vehíuclo de emergencias.
La formación nacionalista exige al gobierno local que la pick-up “sexa cedida en uso aos voluntarios de Protección Civil para que estea dispoñible para emerxencias” e insta a la Xunta de Galicia, que subvencionó la adquisición del camión, a que controle “a correcta utilización destes medios”.
Estas manifestaciones del BNG han encontrado respuesta en uno de los integrantes del tripartito, el concejal Luis Sabariz, que argumenta que “Protección Civil ten unha preferencia absoluta para o uso” de la pick-up, “e teñen a chave do vehículo, que está no soto da Casa do Concello, no seu poder”.
Explica que el vehículo fue utilizado esta semana por personal municipal para baldear las pistas que van a ser pavimentadas con maquinaria de la Diputación (una variante del Camiño do Regadío de Condide, un vial entre Condide y Carreiras que discurre por O Couto, y dos pistas en San Xuiián y Porto). Estos trabajos que ejecutará la Diputación darán “máis seguridade para vehículos e peóns e, se participa, aínda que sexa minimamente, nestas tarefas o noso vehículo de seguridade, mellor que mellor”, comenta Sabariz, que además sostiene que el convenio que el concello y la Xunta firmaron para adquirir la pick-up “para nada impide estos trabajos de baldeo, por suposto dándolle preferencia, en caso de coincidencia de horario, aun sinistro que poida producirse”.
En este sentido, Luis Sabariz garantizza que la agrupación de voluntarios de Protección Civil “ten unha preferencia absoluta para o uso” del vehículo de emergencias, pero defiende su utilización para otras tareas ya que “sería unha insensatez e un despilfarro ter un vehículo parado nun garaxe que é apto para baldear unhas rúas que precisan unha actuación, non habendo sinistro ou risco de producirse”. Además, comenta que, si en lugar de utilizarlo, se optase por alquilar maquinaria se estaría “prexudicando á facenda municipal. Ninguén nos pode acusar de non defender os intereses públicos”, dice.
Por otra parte, el concejal no adscrito detecta cierta incoherencia en las manifestaciones del BNG ya que “hai ben pouco cirticaba que o vehículo era coma unha pantasma, que non o vía ninguén. Agora que saiu para este cometido tampouco lles convence” por lo que concluye que “xa non saben que facer para deixarse notar protestando contra todo o que se move”. Sabariz Rolán cree que lo verdaderamente importante es que “este goberno conqueriu, mal que lle pese ao BNG, un vehículo para emerxencias que non tiña Pontecesures”

El BNG de Cesures vuelve a pedir al Concello que ceda a Protección Civil el vehículo “pick-up”.

Al BNG de Pontecesures no le parece correcto el uso que el Concello está dando al vehículo de emergencias «pick-up», ya que aseguran que últimamente operarios de Obras lo utilizan para baldear caminos municipales «e nós cremos que esta non é a finalidade para a que se concebíu este vehículo», explica.
Los nacionalistas recuerdan que ya denunciaron que en dos incendios que se produjeron recientemente no intervino el «pick-up» porque no estaba a disposición de Protección Civil, por lo que tuvieron que acudir tanto la motobomba como el «pick-up» de Padrón.
«Temos constancia de que Protección Civil ten prácticamente vetado o uso deste vehículo», añade el BNG, que solicita al Concello que lo ceda a la agrupación de voluntarios para que esté disponible en las emergencias.
Por su parte, el concejal del gobierno local Luis Sabariz explicó ayer que en el convenio de adquisición de este vehículo no dice que no se pueda utilizar para baldear caminos, como admitió que estaba ocurriendo.
No obstante, negó que Protección Civil tenga vetado el uso del «pick-up» y aseguró que, muy al contrario, la agrupación de voluntarios tiene una «preferencia absoluta para o uso».

LA VOZ DE GALICIA, 06/12/09

Manolo Isorna: “A prevención pasa por reducir a demanda de droga, e tamén a oferta”.

Isorna

Coordinador do programa de prevención das drogodependencias nos concellos de Catoira, Dodro, Padrón, Pontecesures, Rois e Valga.

Doutor en Psicoloxía, valora positivamente o traballo feito nestes anos para previr o consumo pese ao «fácil e barato» que é conseguir estupefacientes, segundo advirte

Dende outubro de 1996, os concellos do Sar e do Baixo Ulla traballan xuntos para financiar, co apoio da Xunta, un programa pioneiro para previr o consumo de drogas e fomentar hábitos de vida saudables entre a súa poboación, con sede no municipio de Catoira. Transcorreu tempo suficiente como para que o coordinador do plan, Manuel Isorna Folgar (Catoira, 1969), doutor en Psicoloxía, máster en prevención pola Universidade de Santiago e profesor asociado da de Vigo, aporte unha valoración do traballo e dos resultados.
-¿Cal é a valoración?
-Positiva. O que conseguimos nestes anos é de admirar e así o demostra que é un programa de referencia, dentro e fóra de Galicia. Acabo de impartir unha conferencia para a consellería de Sanidade de Cataluña e en breve irei a Córdoba. Isto indica que estamos a facer as cousas relativamente ben e, ademais, ao amparo de métodos científicos.
-¿E que di dos resultados?
-Hai que valoralos dende varios puntos de vista. Por un lado o impacto, é dicir, o número de persoas que acaban formándose e neste sentido chegamos ao 100% de alumnos e de pais. Todas as actividades chegan a todos os centros educativos dos seis concellos, dende nivel Infantil a Secundaria. Por outro lado, tamén valoramos se realmente conseguimos o obxectivo inicial de reducir o consumo de drogas e tres evaluacións externas, feitas pola Universidade de Santiago, así o indican polo que podemos asegurar que os mozos das dúas comarcas consumen menos drogas, fuman menos e se emborrachan menos. A nivel de pais, o 100% ten información do que se esta a facer. Pero o éxito tamén se debe en gran medida a involucración do profesorado, que colabora e cede as súa horas para que poidamos impartir entre 8 e 10 sesións anuais en todos os cursos, dende quinto de Primaria a cuarto de Secundaria. O seu apoio é clave, xunto co das traballadoras sociais, as educadoras familiares e os Concellos, que apostan fortemente pola prevención.
-¿Como xurdiu este programa?
-Foi en 1996, debido a alarma social xerada polo consumo de heroína. Dende os Concellos, as traballadoras sociais apuntaron a necesidade de tomar medidas e, co apoio do antigo comisionado do Plan Galicia sobre Drogas, déronse os primeiros pasos porque a clave está na prevención.
-O seu traballo desenvólvese practicamente nas aulas. ¿Os estudantes de hoxe en día quedarán asociados ao botellón?
-Moitos si, lamentablemente, Non teñen culpa de nada pero son vítimas dun sistema que practicamente normativiza o consumo de drogas e hai moito que facer. A prevención non só é redución do consumo, da demanda, senón tamén da oferta e aí é onde estamos fallando polo que programas eficaces como este non acaban sendo eficientes de todo porque é fácil e moi barato acceder as drogas. ? necesario que as autoridades se tomen en serio a loita para reducir a oferta porque temos a droga máis barata de Europa. Se houbera unha redución da oferta, o efecto do noso traballo multiplicaríase por dous ou tres. Por iso, debemos conseguir que o acceso a droga sexa máis complicado».
-Os pais, ¿participan activamente no programa?
-Ese é, quizais, un dos problemas que temos pese a que tamén é unha das clave da prevención. O éxito do programa pasa porque o traballo da aula sexa complementado e ratificado polos pais no ámbito da casa.

LA VOZ DE GALICIA, 06/12/09