Charla informativa para cursos de idiomas en Pontecesures.

O Concello de Pontecesures, en colaboración con AEVU (ASOCIACI?N DE EMPRESARIOS ULLA-UMIA) vai poñer en funcionamento no vindeiro curso 2012-2013 (outubro-maio) unha Escola de Idiomas para a impartición de: inglés, francés e alemán.

A Escola  vai dirixida dende nenos ata adultos, asemesmo terá cursos especializados para empresas ou colectivos que demanden unha formación específica.

WATERFORD CENTRO DE IDIOMAS, responsable da impartición conta con gran experiencia e  oferta unha interesante relación calidade ??prezo.

O Centro WATERFORD CENTRO DE IDIOMAS é examinador oficial de Trinity College London, preparando aos alumnos para a obtención dos certificados PET, FIRST, ADVANCED e PROFICIENCY de Cambridge University. Estes exames evalúan o nivel das habilidades tanto orais como escritas do alumno e están recoñocidos en todo o mundo, polo que os nenos  poden presentarse a estes exames a partir dos 7 anos no caso de Trinity College e máis adiante no caso de Cambridge University.

Francés: Certificados correspondentes aos  diferentes niveis do  marco europeo que outorga a Alianza Francesa.

Alemán: Certificados que outorga o  Instituto Goethe.

Ao remate do curso escolar o Centro expedirá un diploma.

En canto ao horario, os grupos terán horarios de mañá/tarde/noite dacordo coa demanda.

Co fin de comenzar coa preinscrición do curso 2012-2013, convócase a tódolos interesados a presentación do proxecto.

DIA: XOVES 31 DE MAIO

LUGAR: CASA DO CONCELLO DE PONTECESURES.

HORA: 20.30

 

A XUNTA VEN DE PUBLICAR OS CURSOS PARA DESEMPREGADOS

A Consellería de Traballo publicou estes días os listados por provincias dos cursos AFD, dirixidos preferentemente ás persoas desempregadas. Pódese consultar o listado no seguinte enlace, e pinchando en cada unha das provincias, para ver os diferentes cursos que hai aprobados, ata o momento nas localidades que os organizan:

 

http://traballo.xunta.es/afd

 

En caso de atopar algún curso que lle poidera interesar, deberán de dirixirse á sua Oficina do Inem para solicitar participar no mesmo.

O Joyería Riveiro gañou a domicilio.

Por 3 goles a 5 gañou o conxunto cesureño ao Caf. Vilariño o pasado sábado. Agora vai segundo no grupo III do fútbol veterán con 72 puntos cando faltan dúas xornadas, os mesmos que o líder Fortuna e o terceiro Boa Vila, pero con un partido máis.
O vindeiro sábado, precisamente, descansa o Joyería Riveiro.

El pabellón de Baño acoge el viernes el festival Intercentros, con premios literarios y actuaciones.

La XVI edición del festival Intercentros, en el que participan los colegios Progreso (Catoira), Xesús Ferro Couselo (Cordeiro), Baño-Xanza y el de Pontecesures, se celebra este viernes en el pabellón polideportivo municipal de Baño, puesto que es la ANPA de este centro la que se encarga este año de la organización del certamen, con el que se busca promover la cultura gallega. Se entregarán un total de dieciséis premios a las mejores redacciones, cuentos y poesías, cuyos autores recibirán dos libros donados por la Diputación Provincial de Pontevedra, trofeos en el caso de los primeros clasificados y medallas los segundos y terceros. La cita es a las 18:30 horas abierta a toda la ciudadanía. Habrá exhibiciones de taekwondo, danza moderna o batuka a cargo de grupos de los diferentes colegios y también actuará la academia de baile Tomasón.

DIARIO DE AROUSA, 23/05/12