En base á resolución da alcaldía de 11/04/12, prorrógase o contrato da auxiliar administrativa Noa María Bouzón Taibo dende o 16 de abril ata o 30 de outubro de 2012. Xustifícase a prórroga na acumulación de traballo existente nas oficinas e a que seguen de baixa dúas das tres persoas titulares das oficinas. Estímase que a traballadora reúne as condicións idóneas para o posto, por titulación e experiencia, tendo en conta ademáis que no seu momento pasou o proceso de selección. O contrato segue a ser a xornada completa.
Lémbrase que Noa María Bouzón Taibo xunto con María Iglesias foran contratadas o 13 de xuño de 2011 como auxiliares adminstrativas dentro dos programas de fomento do emprego subvencionados pola Consellería de Traballo e Benestar logo da proba do tribunal. Remataron o contrato o 13 de xaneiro de 2012 e o 16 dese mes houbo un novo contrato para a auxiliar administrativa Noa María (sobre o que se pediron explicacións no pleno ordinario de xaneiro xa que non se coñecían as razóns para alterar a orde de puntuación do tribunal no que María Iglesias era a primeira e Noa María Bouzón Taibo a segunda) que agora se prorroga.


