Realizan as obras de pavimentación da rúa do Castro en Pontecesures.
A empresa Tragsa realizou esta semana as obras de pavimentación da rúa do Castro que une o Mirador do Pino Manso coa rúa do Pilar, en San Xulián. A actuación corre a cargo da Consellería de Medio Rural en virtude do convenio suscrito co concello de Pontecesures, incluído no Plan de Infraestruturas Municipais, segundo informou onte o goberno local.