Ir ao contido
Pontecesures.net dende 2005

Novas anteriores · páxina 440

Turismo

Nova web para divulgar a ruta marítimo-fluvial da marca Mar de Santiago.

Por Redacción ·

Mar de Santiago elixiu Valga para presentar a páxina web promocional desta marca turística que pon en valor a ruta xacobea marítimo-fluvial e os recursos dos catro concellos polos que discorre: Vilanova, Catoira, Valga e Pontecesures. O acto celebrouse no auditorio municipal coa asistencia do alcalde, José María Bello Maneiro, e dos concelleiros Malena Isorna, Pedro Calvo e Begoña Piñeiro, aos que acompañaron o alcalde de Vilanova, Gonzalo Durán, e Laura Villar e Iván Caamaño en representación de Cesures e Catoira. Trátase dunha web moi visual, na que prima a imaxe sobre o texto, na que o visitante pode obter información para as distintas fases da súa viaxe, dende a planificación ata a súa estadía. Seccións coma “Descobre”, “Planifica a túa viaxe” ou “Que ver e que facer” permiten ao internauta coñecer os atractivos que ofrecen os catro concellos que, ademais, contan cun “microsite” no que cada municipio adquire entidade propia e que inclúe información sobre os seus recursos e unha galería fotográfica. A través desta páxina, traducida ao galego, castelán e inglés, trátase de atraer a distintos tipos de visitantes con apartados coma Gastronomía, En familia ou Turismo activo, que ofrecen diferentes alternativas de ocio.

El Correo Gallego

Obras

REGULACIÓN DO CORTE DO TRÁFICO RODADO PARA O FIN DE SEMANA DOS DÍAS 5 E 6 DE XUÑO, POLAS OBRAS NA RÚA PORTARRAXOI.

Por CONCELLO DE PONTECESURES ·

Reanudase no sábado e domingo o tráfico rodado dende a Praza de Pontevedra para acceder ao centro urbán, SO NESE SENTIDO DA CIRCULACIÓN. Non se poderá circular dende a Rúa da Deputación cara á Praza de Pontevedra, nesa saída terá que circularse e dirección ao centro do pobo.

O remate das obras está previsto para a xornada do luns 7 de xuño, na que poderán darse cortes puntuais en ambos sentidos da circulación.

Cultura

O VINDEIRO VENRES DÍA 11 CINE E POESIA CO PROGRAMA DO XACOBEO “SEMENTEIRA NO CAMIÑO”

Por CONCELLO DE PONTECESURES ·

O próximo venres día 11, a partir das 19 h na praza de abastos, temos unha dobre cita con cine e poesía. O Programa “SEMENTEIRA NO CAMIÑO”, patrocinado polo Xacobeo 21-22 trae ao Concello de Pontecesures pa roxección da película “Al final del Camino”, e lectura de poesía a cargo de Cándido Duro, poeta local. Aforo limitado a 40 persoas sentadas. haberá un rexistro de asistencia e toma de temperatura coma medidas preventivas.

Sociedade

MAÑA VENRES SORTEO DA CAMPAÑA “PONTECESURES PROXIMO”.

Por CONCELLO DE PONTECESURES ·

Mañá venres dia 4 terá lugar as 12 h do mediodia, no Salon de Plenos da Casa do Concello, o primeiro sorteo da campaña “Pontecesures Próximo”. A entrada será libre ate completar o aforo máximo de 25 persoas. Animamos a que calquer comerciante, hostaleiro, veciñ@ que queira asistir se achegue ate a Casa do Concello para presenciar o sorteo e incluso ser a persoa que extraia a papeleta gañadora de este primeiro vale de 250€.

Obras

CORTE DO TRÁFICO RODADO PARA OS DÍAS 3 E 4 DE XUÑO.

Por CONCELLO DE PONTECESURES ·

Por motivo do desenvolvemento de obras, o tramo da rúa Portarraxoi, dende a Praza de Pontevedra ata a intersección coa Rúa da Deputación, estará pechado ao tráfico rodado nos dous sentidos da circulación nas xornadas do 3 e 4 de xuño -xoves e venres-.

Polo tanto, durante a execución das devanditas obras, non se poderá acceder ao centro urbán dende a Praza de Pontevedra.