
DECLARACIÓN INSTITUCIONAL DO CONCELLO DE PONTECESURES POLO 25N:

DECLARACIÓN INSTITUCIONAL DO CONCELLO DE PONTECESURES POLO 25N:

Esta semana recibimos a visita de unha técnico do Museo de Pontevedra para valorar a restauración da bandeira da Liga de amigos do Carme e a Acta da entrega de dita bandeira.
Ambos símbolos teñen unha importante relevancia para o pobo de Pontecesures, e unha vez solicitada á Deputación asistencia técnica para a sua restauración, o Servizo de Atención Intermunicipal (SAIM) confirmou a disposición de persoal especializado do Museo para levar a cabo a restauración de ambos emblemas cesureños.
A bandeira da Liga de amigos do Carmen foi traída dende A Habana no ano 1912 polo presidente da “Sociedad Hijos de Puentecesures” na Habana e o apoderado do Centro Gallego, José Llerena Braña donada polos cesureños residentes en Cuba.
Na acta de donación aparecen nomes como Bandín, Temperán, Carrera, Magariños, Mosquera, Abalo e Llerena, os mesmos que máis tarde fixeran un donativo para a adquisición do “Gabinete de Física y Química” da Escuela Graduada.
De máis recente aparación foi a Acta fundacional, cedida hai un par de anos por descendentes da familia Llerena, un dos asinantes daquel primeiro documento e que estaba gardada na caixa forte do Concello á espera de conseguir persoal técnico que puidese devolverlle o seu aspecto orixinal.
A pretensión do Concello de Pontecesures é, unha vez restaurados, expoñer ambos emblemas no Salón de Plenos da Casa do Concello para poder ser contemplados por toda a veciñanza.


A empresa Roomel SL ven de rematar a obra “Mellora da eficiencia enerxética do Alumeado Público”
Esta obra consistiu na substitución de 114 luminarias de haloxenuros metálicos por lámpadas LED dentro do casco urbano.
Con esta obra o Concello de Pontecesures segue co seu plan de actualizar e modernizar o alumeado público a través da mellora da eficiencia enérxetica das luminarias.
Esta obra foi adxudicada en 29.301,72€ financiados pola Deputación de Pontevedra a través do Plan Concellos 2018-2019.


A empresa Roomel SL vén de rematar a obra de mellora da eficiencia enerxética do alumeado público de Pontecesures, que consistiu na substitución de 114 luminarias de haloxenares metálicos por lámpadas LED dentro do casco urbano. Con esta obra, o Concello segue con sus plan de “actualizar e modernizar o alumeado público”. A actuación foi adxudicada en 29.301 € financiados pola Deputación de Pontevedra a través do Plan Concellos 2018/2019,
La Voz de Galicia
Taxas e prezos públicos correspondentes ao ano 2020 polos servizos de Recollida Lixo, Sumidoiros, Cemiterios, Entrada Vehículos e Reserva Aparcamento.
Prazo de exposición do 30 de outubro ata o 29 de novembro.
Prazo de pago en período voluntario do 30 de outubro ata o 30 de decembro.
Sair na prensa falando dunha obra (Infesta-O Castro) como si estivese rematada, facendo fincapé nas melloras que supoñen para os peóns en canto a movilidade e aparcamento, cando os usuarios do CPI Pontecesures, en plena vaga de contaxios mor da COVID-19, teñen que amorearse á porta do centro por falta de espazo, é dunha desfachatez tremenda. Nin sitio para aparcar nin espazo para os peóns; os usuarios do CPI vense obrigados a agardar no pequeno espazo que queda despois de iniciar, fai quince días, unha intervención no Pino Manso.
No pleno do pasado 28 de setembro, ás preguntas do BNG sobre o reparto de mascarillas almacenadas no Concello, o alcalde respondeu que 400 delas serían entregadas ós alumnos do CPI Pontecesures en breve, feito que a día de hoxe segue sen producirse.
BNG Pontecesures