O CONCELLO DE PONTECESURES CONTARÁ CON 2 DOS 195 BOLSEIROS TITULADOS UNIVERSITARIOS QUE A DEPUTACI?N PROVINCIAL CONTRATARÁ PARA A PRESTACI?N DE SERVIZOS MUNICIPAIS NOS CONCELLOS DA PROVINCIA.

 

  •  1 bolsa para diplomados en administración e dirección de empresas (C114).
  • 1 bolsa para graduados e diplomados en relacións laborais e licenciados e graduados en dereito (C115).

REQUISITOS

  1. Ter a nacionalidade española ou ser nacional dun dos países membros da Unión Europea.
  2. Posuír o título de licenciado, graduado ou diplomado nas áreas de coñecementos relacionadas no Anexo I para cada concello da provincia na data en que remate o prazo de presentación de instancias.
  3. Non ter cumpridos os 31 anos na data en que remate o prazo de presentación de solicitudes.
  4. Non estar incapacitado fisicamente nin padecer enfermidade que poida impedir o desenvolvemento da actividade obxecto da bolsa.
  5. Non ter sido beneficiario dunha bolsa remunerada na Deputación de Pontevedra nin en calquera dos entes, organismos ou entidades do sector público.
  6. Non ter experiencia laboral previa na profesión ou área de coñecementos, entendendo por tal non ter estado contratado polo grupo 1 ou 2 de cotización.
  7. Acreditar o coñecemento da lingua galega, nivel Celga IV.
  8. Estar disposto a asumir os gastos de desprazamento ó centro de traballo de destino.
  9. Non estar incurso nalgunha das prohibicións sinaladas no artigo 13 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións.

PRAZO DE PRESENTACION DA DOCUMENTACION: 25 XANEIRO ULTIMO DIA.

MAIS INFORMACION EN :

www.depontevedra.es

OU NA OFICINA DO AXENTE DE EMPREGO E DESENVOLVEMENTO LOCAL

 

El PP de Pontecesures critica que se destinen 47.000 euros del PID a pagar gastos corrientes y no obras.

El PP de Pontecesures no acaba de entender la decisión del gobierno tripartito de destinar el 30% de los fondos del Plan de Inversiones de la Diputación (PID) al pago de gastos corrientes, teniendo en cuenta que ??o Concello ten cerrado anteriores exercicios económicos con superávit e non adebeda un céntimo a bancos?. Los populares critican que ese dinero ­cerca de 47.000 euros de los 156.000 que le corresponden al Ayuntamiento del PID­ no se dediquen a ??facer inversións tan necesarias para o pobo?, advirtiendo que esta decisión puede conllevar que ??o Concello non teña acceso a outras axudas que a Deputación asigna por concesión directa? y que recaerán en aquellas administraciones que inviertan los fondos en obras, en lugar de utilizarlos para el pago de facturas de gastos corrientes.

El portavoz del PP cesureño, Juan Manuel Vidal Seage, incide en que el fin último del PID es ??facer inversións, non pagar gastos?, por lo que con la decisión del tripartito ??queda desvirtuado? el plan provincial. En las propias bases de la convocatoria, continúa el concejal popular, ??fálase de impulsar medidas encamiñadas a superar a etapa de crise económica financiando investimentos?, reactivando la economía e intentando combatir la destrucción del paro. ??Isto non se consegue destinando case 47.000 euros a pagar facturas de luz, auga, electricidade ou recollida de lixo?, sostiene.

El Partido Popular sospecha que el hecho de destinar 46.989 euros a pagar facturas puede ser ??unha artimaña? del gobierno local ??para facer cadrar os orzamentos? e poder facer ??algún gasto extraordinario? de cara a finales de este año.

DIARIO DE AROUSA, 06/11/12

Aprobación do Plan de Investimentos e Gastos Correntes para o ano 2012

A Xunta de Goberno local aprobou no día de onte, venres 26 de outubro de 2012, o Plan de Investimentos e Gastos Corrientes para o ano 2012 da Deputación de Pontevedra por unha cuantía de 156.651,27 ?.

O 30% desta cuantía, 46.989,32? destínase a pagar Gastos Correntes.

O restante destinase as seguintes inversións:

1) Actuación de Aforro enerxético en edificios municipais por unha cuantía de 59.160,47?.

O Concello de Pontecesures pretende levar a cabo unha actuación de Aforro enerxético en distintos edificios de titularidade municipal (campo de futbol, biblioteca, escola taller, clube náutico, praza de abastos, pavillón de deportes, protección civil, casa do concello, centro social, local xuvenil e ximnasio, luces exteriores e edificio administrativo do Colexio.)

A actuación prevista consistirá na substitución dun importante número de elementos da iluminación existente en distintos edificios municipais, cambiando as lámpadas incandescentes, de haloxenuros e os tubos fluorescentes por lámpadas e tubos led de baixo consumo. O aforro estimado con esta actuación e dun 75-80%.

O equipo de goberno pretende utilizar este aforro en investimentos no ano 2013.

2) Actuación de reparación e mellora na rede de saneamento por un importe de 24.066,59?

O Concello de Pontecesures pretende levar a cabo unha obra consistente en diversa actuacións de reparación e mellora de elementos da rede de saneamento pública do concello. A obras previstas realizaranse en diversos puntos da rede de saneamento, en concreto:

A)    EDAR Pontecesures

  • reparación de 3 bombas
  • reparación do peine de desbaste
  • substitución electrodo de PH
  • sustitución sonda de medición de osíxeno
  • bomba de recirculación de fango

B)    Bombeo en Pontilliña

  • Limpeza arenero e pozo
  • Reparación do cadro eléctrico
  • Sustitución de 3 equipos de bombeo

C)    Bombeo en Calera

  • substitución de 2 equipos de bombeo
  • limpeza de pozos

D)    San Xulián

  • limpeza de pozos

 

3) Acondicionamento da praza no Camiño dos Acevedos por un importe de 26.428,23?

As obras previstas consistirán, por unha banda, na ampliación da zona de xogos, a costa de reducir a zona pavimentada en lastros, na supresión dun dos alcorques, na recolocación de dous dos bancos existentes e a formación dun novo alcorque de dimensións máis pequenas que o que se suprime.

Por outra banda, prevese instalar na zona de nenos 3 xogos infantís (un columpio dobre e dous balancíns sinxelos), un valo perimetral de madeira, un cartel informativo e un chan de area grosa con capacidade absorvente.

 

 

Un traballador ferido no patio escolar do CPI Pontecesures esta mañá.

O obreiro J.J.S.M., contratado pola Deputación, pero realizando traballos para o Concello de Pontecesures, ía realizar traballos na cuberta do cuarto da caldeira do CPI Pontecesures baixo a dirección dun encargado de obras do concello. Subía nunha escaleira plegable sobre ás 9 horas deste luns, 1 de outubro, e caiu ao chan dende uns 2.5 metros aproximadamente, levando un golpe, ao parecer, nas costas. Foi evacuado en ambulancia a un centro sanitario.

A ACP solicita ao concello a inclusión de varios investimentos no Plan aprobado pola Deputación.

Presentouse no concello o seguinte escrito:

“SR. ALCALDE DE PONTECESURES

No día de hoxe, a Deputación de Pontevedra aprobou un plan de investimentos para os concellos da provincia, no que sabemos que se van a investir en Pontecesures algo máis de 150.000 euros por parte do ente provincial. As actuación débenas elixir os concellos aínda que tamén pode destinarse esta cantidade a gastos correntes.

A ACP, que está na oposición, na súa obriga de realizar popostas en función das necesidades municipais, comunica unha serie de investimentos, solicitando que se teña en conta a relación á hora de realizar a petición. Son os seguintes:

-Ampliación lateral do pavillón polideportivo ocupando un terreo municipal totalmente inutilizado e abandonado do antigo patio escolar. O pavillón úsase moito e precísase un maior espazo.
-Pavimentado do lateral do campo de fútbol “Ramón Diéguez” dende a entrada ata a tribuna. Esta é unha actuación moi demandada por deportistas e directivos dos clubes.
-Acondicionamento do semisoto da biblioteca muncipal para arquivo e outros usos. Este local foi recuperado polo goberno anterior pero necesítase agora a realización das obras interiores.
-Subministro de aparellos ximnásticos para o local anexo ao pavillón, construido polo goberno anterior, con dotación de canastras de mini basket para o recinto escolar da zona.
-Recollida de augas pluviais na intersección da pista da Barosa co acceso ao lugar de Carreiras con mellora do pavimento e colocación doutra marquesina na zona para o transporte escolar dos nenos de Toxa/Carreiras.
-Arranxo do saneamento que vai ao descoberto en Condide e que parte da pista do Regadío ata a rúa Torrelavega polo interior.
-Reparación da pista das Cortinallas en Infesta, sobre todo na intersección desta coa estrada autonómica Pontecesures-Baloira.
-Acondicionamento da contorna da zona de esparcemento no Camiño dos Acevedos de San Xulián construído polo goberno anterior e colocación dos xogos.
-Saneamento e acondicionamento do pavimento en Porto unindo a rúa Caldeirón de Abaixo coa rúa dos Mariñeiros e completando as actuacións que tiveron lugar no pasado.
-Ancheamento e pavimentación da rúa Miguéns Parrado, preto do adro da igrexa parroquial e do parque infantil Vicente Moure. ? unha zona moi concorrida que precisa unha actuación por razóns de seguridade para as persoas.

Pontecesures, 29/09/12

Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP de Ponteceures”