OUTRA VEZ GULLI LIDERA ? EXTRUGASA RIO ULLA NUNHA NOVA VICTORIA

PUB FARO ?? A ESTRADA = 35
EXTRUGASA RIO ULLA = 48

Gulli (21), Pedrito (-), Victor (4), Pino (1), Pedro (1), Juanjo (2), Santi (4), Arturo (9), Feli (-), Pepi (6).

Outra vez Gulli, esta vez con con 21 puntos (6 triplas) e a dirección do equipo que fixo durante os 40 minutos foi o líder dun equipo que empezou ben, logo andivo bastante ??perdido? pola pista, e de novo foi a mais no último cuarto para lograr a 2ª victoria consecutiva.

Como decíamos o equipo do Extrugasa empezou cunha forte defensa que afogaba ó ataque dos chavales da Estrada. E logo no xogo estático os de Pontecesures movían ben o balón para que Gulli lanzase de 3 puntos. Anotou neste cuarto inicial 3 triplas e o Extrugasa colleu as primeiras diferencias no marcador: (2 ?? 9). Pero tamén dende o inicio veuse coma os pivots cesureños (Santi, Arturo e Pepi) estiveron nestes minutos iniciais horribles no lanzamento a canasta.

No 2º cuarto os pivots cesureños si estiveron algo mais acertados, anotando canastas e forzando faltas, polo que o Extrugasa poido manter a diferencia en torno a os 6 ?? 8 puntos. Esta primeira metade foi moi rápida, e omarcador ó descanso era de 14 ?? 21.

Logo do descanso o Extrugasa andivo 10 minutos desaparecido pola pista, en ataque, e os estradenses sen acabalo de creer de todo vironse diante (27 ??26), logo de facer un parcial de 13 ?? 5. Os de Cesures andaban perdidos pola pista e cun 27 a 28 rematou o cuarto.

Chegado a este punto os da Estrada intentaron apretar en defensa, para intentar irse no marcador (minuto 32: 32 ?? 28), cargándose pronto de faltas persoais. Pero Gulli cunha tripla, e Arturo con 2 canastas consecutivas dentro da zona, mais o acerto de Pepi en 6 tiros libres case consecutivos permitiron que o Extrugasa anotara un parcial de 3 ??13 en 4 minutos. Así á falta de pouco mais de 3 minutos a diferencia era de 6 puntos: 35 ??41, e ahí de novo Gulli con 2 triplas, mais a forte defensa de todo o equipo, destacando a Pedro “cachote” nestes minutos deixaron ós da Estrada en 0 puntos. 35 ??48. Debutou Pino cunha discreta actuación (1 punto e 4 faltas nos 12 minutos que xogou). Foron baixas por lesion Peñaño e Diego.

O vindeiro sábado en Pontecesures é a próxima cita do equipo diante dun dos novos da liga, o Escola Naval de Marín, que hoxe mesmo gañou na cancha do Liceo de Vilagarcía por 1 punto na prorroga. Logo deste partido o Extrugasa vai ter a saida á cancha de A Illa, para despois recibir a un dos equipos revelación ata o momento, o Portonovo, que ven de perder de 2 na prorroga en cambados, outro equipo que comparte o liderato. Mais a medio prazo serán os partidos de Liceo de Pontevedra (alá), A Lama (alá) e Lalín (tamén fora).

CLASIFICACION TRAS 4 XORNADAS.

table(tabla).
|_. * |_. Equipo |_. P.J. |_. P.G |_. P.P. |_. P.F |_. P.C. |_. PTO |
| 1 | GESTCHAL CAMBADOS | 4 | 3 | 1 | 279 | 257 | 7 |
| 2 | BALONCESTO PORTONOVO | 4 | 3 | 1 | 278 | 243 | 7 |
| 3 | ESCUELA NAVAL MILITAR | 4 | 3 | 1 | 264 | 258 | 7 |
| 4 | CAFETERIA DON MANUEL | 4 | 3 | 1 | 213 | 218 | 7 |
| 5 | MOTO BAZAR MCDONALDS | 4 | 2 | 2 | 257 | 247 | 6 |
{background: #ffffcc;}. | 6 | EXTRUGASA RIO ULLA | 3 | 2 | 1 | 157 | 144 | 5 |
| 7 | LICEO CASINO | 4 | 1 | 3 | 251 | 277 | 5 |
| 8 | BASKETDEZA | 4 | 1 | 3 | 214 | 244 | 5 |
| 9 | BBC | 2 | 2 | 0 | 159 | 146 | 4 |
| 10 | A LAMA | 3 | 1 | 2 | 195 | 199 | 4 |
| 11 | LICEO CASINO DE PONTEVEDRA | 2 | 1 | 1 | 132 | 130 | 3 |
| 12 | BOIGO DORNA | 3 | 0 | 3 | 188 | 199 | 3 |
| 13 | PUB FARO | 3 | 0 | 3 | 169 | 194 | 3 |

Salomé Peña y Andrés Quintá ingresan en la Orde do Lagariño.

La Orde do Lagariño, promovida por la Asociación Gastronómico-cultural e Protectora dos Viños galegos “Castro Elviña”, nombró ayer a las nuevas “damas” y “cabaleiros”, entre los que se encontraban la alcaldesa de Ribadumia, Salomé Peña, y el presidente de Extrugasa, Andrés Quintá. Ellos eran dos de los ocho nuevos miembros de esta Orde y todos prometieron defender y promocionar la gastronomía propia de Galicia, pero especialmente los vinos. Por eso, después de dar lectura a su compromiso y de recibir la capa de la Orde do Lagariño, bebieron uno de los caldos de esta tierra. El acto, desarrollado en el Auditorio de Vilagarcía, finalizó con un vino español y con la posterior comida.

DIARIO DE AROUSA, 27/10/07

Tren de cercanías: O pleno de Padrón aprobou onte a proposta para o traxecto Santiago-Vilagarcía.

Aprobouse onte pola corporación de Padrón a moción conxunta que se presentará tamén en Catoira, Valga e Pontecesures para que se potencie o tramo de cercanías Santiago-Vilagarcía.
Votaron a favor o PSdeG-PSOE, a CIPA, o BNG e o PG. O PP abstívose pois aínda que manifestou que estaba a favor deste servizo pretendía que se incluira a supresión dos pasos a nivel. As forzas que apoiaron a proposta plantexaron que agora o que se trata e de defender o traxecto, que despois xa serían tratados eses problemas.

O EXTRUGASA RIO ULLA XOGA ESTE DOMINGO NA ESTRADA

100_7572-web.JPG

O equipo senior do C.B. Rio Ulla vai xogar no polideportivo da A Estrada o seu partido de liga correspondente a esta vindeira fin de semana. Será a partires das 17 h. deste domingo día 28, ante un rival onde predomina a xuventude nos seus xogadores, xunto con algún veterano para reforzar a prantilla dos locais.

Por parte do Extrugasa Rio Ulla o adestrador recupera a 3 ausentes a semana pasada: Peñao, Pedrito e o “recén casado” Pino (que xa voltou da súa viaxe de noivos). Por contra agora ten as dúbidas dos mancados Diego e Felipe, polo que non será ata o adestramento desta noite cando sepa con que xogadores conta para afrontar este partido.

Novembro vai ser un mes de moitos partidos, e este da Estrada é importante para que o equipo demostre se mellora logo de pésimo inicio de liga feito en Cambados, coma xa o fixo a semana pasada na victoria en Pontecesures diante do Liceo de Vilagarcía, ou se vai ter unha traxectoria iregular na liga. Para a semana vsi vir xogar a Pontecesures un dos aspirantes á liga, o Portonovo, polo que sempre é bo chegar ó mesmo en boa racha de victorias. 

“O Lagariño” honra a Andrés Quintá.

La Serenísima Orde do Lagariño, de Ribadumia, celebra mañana su encuentro anual, y nombrará a las nuevas damas y cabaleiros de la Orden. Entre estos están la alcaldesa de Ribadumia, Salomé Peña; el gerente del consejo regulador Rias Baixas, Ramón Huidobro; el director de la estación fitopatolóxica de Areeiro, Pedro Mansilla y el presidente de Extrugasa ANDR?S QUINTÁ. La investidura será a las 13 horas, en el Auditorio de Vilagarcía.

FARO DE VIGO, 26/10/07