Ir ao contido
Pontecesures.net dende 2005
Turismo

O asociacionismo feminino leva a Valga o Día Internacional de Muller Rural.

Por Luis Angel Sabariz Rolán ·

Valga acolleu unha xornada onde se presentaron proxectos empresariais e de iniciativa social desenvolvidos no rural

A consolidación do protagonismo das mulleres rurais na política, no asociacionismo, no emprego, na creación de empresas, na agricultura e na gandería, é un proceso imparable e sen retorno que está a “transformar o rural”, defendeu a secretaria xeral da Igualdade, Marta González, na conmemoración do Día Internacional da Muller Rural, que este ano ten como lema “O teu labor sostén o rural galego”. Foi no auditorio de Valga, onde este ano se centraron as celebracións da Xunta de Galicia, e nas que participaron un bo número de representantes do asociacionismo feminino rural galego.
A xornada incluiu dúas mesas redondas nas que participaron emprendedoras do rural e representantes de asociacións e institucións.
Marta González explicou que dende o goberno galego se favorece o xurdimento e desenvolvemento de novos proxectos no rural dunha maneira integral, promovendo as axudas para o impulso do autoemprego e para a creación de pequenas empresas, negocios ou formas asociativas que permitan o desenvolvemento de iniciativas innovadoras que podan converterse en proxectos de futuro.
Ademais, dixo, dende a Secretaría xeral da Igualdade “apoiamos a formación das emprendedoras e das mulleres do medio rural en xeral, en temas como as tecnoloxías da comunicación e da información, a calidade, a protección do medio ambiente ou a través do asesoramento xurídico e financeiro para a posta en marcha destes proxectos”.
De feito, durante os actos de hoxe as mulleres puideron coñecer parte deses proxectos que un día foron presentados de xeito teórico á area de igualdade da Xunta de Galicia e que hoxe “son ilusionantes realidades”, como a Queixería Varela, a Granxa Maruxa; a Licoreira Os Maios, os programas de acompañamento a mulleres soas e de dinamización do rural da Federación de Mulleres Anaral da comarca de Navea-Bibei ou as Mulleres con Proxecto das Escolas Familiares Agrarias.
González reiterou o apio da Xunta ás emprendedoras que “propoñen novos retos” e se moven para eliminar barreiras entre xéneros e avanzar na igualdade de oportunidades.

FARO DE VIGO, 16/10/10

Máis sobre isto

2 comentarios

  1. sobreiras

    a alcaldesa está en todas partes, ainda vai quitar mais que Randulfe, din que 4.

    Responder
    1. arrevolussion

      si quitará catro con cinco (4,5) o medio será o paiaso (o do show)

      Responder

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.