Ir ao contido
Pontecesures.net dende 2005
Política

Os socialistas de Valga presentarán unha moción para pedir a gratuidade dos servizos do tanatorio

Por Luis Angel Sabariz Rolán ·

O grupo socialista de Valga pedirá no próximo Pleno da Corporación a gratuidade dos servizos do tanatorio municipal para todos aqueles empadroados no municipio.
A nova xorde trala apertura dun expediente sancionador á empresa concesionaria das instalacións o pasado mes por parte do Concello. Así, os socialistas piden ao alcalde que â??se comprometa a que todos os veciños poidan facer uso do tanatorio sen ningún tipo de exclusión.â?� Pompas Fúnebres de Padrón, adxudicataria do servizo, foi denunciada pola Asociación de Empresas Funerarias de Pontevedra de negar o préstamo dunha sala a outra empresa para levar a cabo no municipio o velatorio dunha veciña.

Ante isto, os socialistas din que co expediente â??o Goberno local non tivo máis remedio que recoñecer a súa mala xestión na adxudicación da concesión.â?� Ademais, denuncian que â??a reiterada negación á cesión do servizo de velatorio a outras empresas funerarias por parte da concesionaria vense producindo dende setembro de 2010, algo que era ben coñecido por todos os veciños.â?�

Por outra banda, o grupo socialista destacou que o alcalde â??se atreveu a dicir que a protesta da Asociación de Empresas Funerarias estaba incitada polo noso grupo e era por motivos políticos.â?�

Por tanto, estes piden que o Concello â??aclare definitivamente cal é a situación con respecto ao tanatorioâ?�, mentres os denunciantes da posible infracción por parte da empresa adxudicataría non descartan facer outra manifestación ante a situación de â??monopolioâ?� na que aseguran que funciona este servizo municipal. O Concello, ademais, terá que dar conta do resultado do expediente sancionador tras recibir as alegacións, para as que abriu un prazo de quince días.

DIARIO DE AROUSA, 02/09/11

Máis sobre isto

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.