Os “Irmandiños” pretenden crear un grupo de traballo na comarca. Mañá estará Beiras en Caldas

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán o

Encontro Irmandiño inicia a súa andaina en Caldas de Reis uns días despois de que os integrantes desta corrente abandoarán as ringleiras do BNG local. Mañá celebrarase no Auditorio Municipal de Caldas unha asemblea aberta a toda a cidadanía caldense na que estará presente o voceiro nacional, Xosé Manuel Beiras. O acto comezará ás 12:30 horas e pode acodir quen o desexe.
A isto engádense os traballos que comezaron onte varios membros de Encontro Irmandiño na comarca, que mantiveron unha xuntanza con persoal da coordinadora nacional cara a crear un grupo de traballo estable na zona de Caldas e concellos próximos.

Categorías: Política

0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.