Ir ao contido
Pontecesures.net dende 2005
Cultura

Unha exposición achega ao valgueses aos problemas dos países do Sur.

Por Luis Angel Sabariz Rolán ·

“Influir no global desde o local: as entidades locais galegas perante un mundo desigual e inxusto” é o nome da exposición que pode visitarse dende onte ata finais de setembor no Auditorio de Cordeiro, promovida polo Concello de Valga e o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.
A través de unha ducia de paneis deseñados por Pepe Carreiro, a exposición pon de relevo o papel dos concellos e das deputacións na cooperación para o desenvolvemento. Á vez, realízase unha viaxe no tempo para repasar anos de traballo deste Fondo Galego, descobrir a súa razón e achegarse aos proxectos desenvolvidos neste período.
Un dos obxectivos é aproximar á cidadanía aos problemas dos países do Sur, o sistema de cooperación internacional e o rol que dentro del poden e deben desenvolver as entidades locais galegas e a súa asociación: o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.

DIARIO DE PONTEVEDRA, 17/09/13

Máis sobre isto

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.