Ir ao contido
Pontecesures.net dende 2005
Política

O BNG denuncia o silencio da Xunta arredor do informe de Augas de Galicia sobre o polígono cesureño.

Por Redacción ·

“Unha burda manobra dilatoria para eludir pronunciarse”. Así cualifica o parlamentario autonómico Bará o adiamento por parte de Augas de Galicia das respostas ás 4 preguntas rexistradas pola súa formación para coñecer a razón da ausencia do informe do ente autonómico de aprobación do proxecto de Pontecesures.

Ditas preguntas foron incluídas na orden do día da comisión de medio ambiente do Parlamento de Galicia celebrada o mércores día 6, alegando a Xunta que a persoa que ía respostas non podía hacerlo por motivos de axenda, cando a directora de Augas de Galicia, Teresa González, acudiu á mesma comisión para cuestións da limpeza do Tambre, conta Bará, que di que o asunto de Pontecesures quedará así sen resposta ata setembro.

O BNG anunciou, a través da súa responsable local, Maite Tocino, que a súa formación alegará contra o proxecto do polígono e que traballará xunto cos vecinos e demais entidades contrarias ao mesmo para evitar a súa aprobación.

La Voz de Galicia

Máis sobre isto

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.