O Concello de Pontecesures e o 25N.

Publicado por Redacción o

O 25 de novembro é máis ca unha data simbólica: é un recordatorio da realidade que seguimos afrontando como sociedade. En Galicia rexístranse hoxe 𝟔.𝟏𝟑𝟑 𝐜𝐨𝐦𝐨 𝐚𝐠𝐫𝐞𝐬𝐨𝐫𝐞𝐬 𝐩𝐞𝐫𝐬𝐢𝐬𝐭𝐞𝐧𝐭𝐞𝐬; 38 mulleres foron asasinadas no que vai de ano, 𝐝ú𝐚𝐬 𝐝𝐞𝐥𝐚𝐬 𝐞𝐧 𝐆𝐚𝐥𝐢𝐜𝐢𝐚, 𝐞 𝟏.𝟑𝟓𝟖 𝐦𝐨𝐳𝐚𝐬 𝐦𝐞𝐧𝐨𝐫𝐞𝐬 contabilizadas como vítimas de violencia de xénero. Cifras que non podemos normalizar e que nos deben mobilizar.

A violencia machista afecta, especialmente, á mocidade. Por iso, 𝐝𝐞𝐧𝐝𝐞 𝐨 𝐂𝐨𝐧𝐜𝐞𝐥𝐥𝐨 𝐝𝐞 𝐏𝐨𝐧𝐭𝐞𝐜𝐞𝐬𝐮𝐫𝐞𝐬 𝐫𝐞𝐟𝐨𝐫𝐳𝐚𝐦𝐨𝐬 𝐚 𝐞𝐝𝐮𝐜𝐚𝐜𝐢ó𝐧 𝐞𝐧 𝐢𝐠𝐮𝐚𝐥𝐝𝐚𝐝𝐞 𝐜𝐨𝐦𝐨 𝐟𝐞𝐫𝐫𝐚𝐦𝐞𝐧𝐭𝐚 𝐟𝐮𝐧𝐝𝐚𝐦𝐞𝐧𝐭𝐚𝐥 𝐝𝐞 𝐩𝐫𝐞𝐯𝐞𝐧𝐜𝐢ó𝐧. As imaxes que acompañan esta publicación —a Concelleira de Igualdade participando en actividades educativas no CPI Pontecesures e na Escola Infantil Municipal— reflicten con claridade o noso compromiso: 𝐭𝐫𝐚𝐛𝐚𝐥𝐥𝐚𝐫 𝐝𝐞𝐬𝐝𝐞 𝐚 𝐢𝐧𝐟𝐚𝐧𝐜𝐢𝐚 𝐞 𝐚 𝐚𝐝𝐨𝐥𝐞𝐬𝐜𝐞𝐧𝐜𝐢𝐚 𝐩𝐚𝐫𝐚 𝐪𝐮𝐞 𝐚𝐩𝐫𝐞𝐧𝐝𝐚𝐧 𝐚 𝐝𝐞𝐭𝐞𝐜𝐭𝐚𝐫 𝐬𝐢𝐧𝐚𝐢𝐬 𝐝𝐞 𝐯𝐢𝐨𝐥𝐞𝐧𝐜𝐢𝐚, 𝐜𝐨𝐧𝐬𝐭𝐫𝐮í𝐫 𝐫𝐞𝐥𝐚𝐜𝐢ó𝐧𝐬 𝐬𝐚𝐬 𝐞 𝐫𝐞𝐱𝐞𝐢𝐭𝐚𝐫 𝐜𝐚𝐥𝐪𝐮𝐞𝐫𝐚 𝐭𝐢𝐩𝐨 𝐝𝐞 𝐝𝐞𝐬𝐢𝐠𝐮𝐚𝐥𝐝𝐚𝐝𝐞.

Pero a educación en igualdade non se limita ás aulas. Comeza nos fogares,𝐧𝐨𝐬 𝐯𝐚𝐥𝐨𝐫𝐞𝐬 𝐪𝐮𝐞 𝐭𝐫𝐚𝐧𝐬𝐦𝐢𝐭𝐢𝐦𝐨𝐬, 𝐧𝐚𝐬 𝐜𝐨𝐧𝐯𝐞𝐫𝐬𝐚𝐬, 𝐧𝐨𝐬 𝐜𝐨𝐢𝐝𝐚𝐝𝐨𝐬 𝐜𝐨𝐦𝐩𝐚𝐫𝐭𝐢𝐝𝐨𝐬 𝐞 𝐧𝐨 𝐦𝐨𝐝𝐞𝐥𝐨 𝐝𝐞 𝐫𝐞𝐬𝐩𝐞𝐜𝐭𝐨 𝐪𝐮𝐞 𝐝𝐚𝐦𝐨𝐬. A implicación da nosa veciñanza, sempre atenta e solidaria, é imprescindible para seguir avanzando cara a unha comunidade que non tolere ningún tipo de violencia.

Como administración local, 𝐭𝐞𝐦𝐨𝐬 𝐚 𝐫𝐞𝐬𝐩𝐨𝐧𝐬𝐚𝐛𝐢𝐥𝐢𝐝𝐚𝐝𝐞 𝐝𝐞 𝐚𝐜𝐨𝐦𝐩𝐚ñ𝐚𝐫, 𝐢𝐦𝐩𝐮𝐥𝐬𝐚𝐫 𝐞 𝐟𝐚𝐜𝐢𝐥𝐢𝐭𝐚𝐫 𝐫𝐞𝐜𝐮𝐫𝐬𝐨𝐬: formacións, campañas de sensibilización, programas preventivos e iniciativas que dean apoio real ás mulleres e ás súas familias.

Hoxe e sempre: nin unha máis

Concello de Pontecesures

Categorías: Sin Categoria

0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.