«Vitaminas B e C: Begoña Caamaño», maxia e literatura no CPI de Pontecesures
A Deputación de Pontevedra leva este xoves, 21 de maio, unha nova edición do circuíto +Escénicas, unha programación deseñada para os concellos de menos de vinte mil habitantes.
Trátase do espectáculo de maxia Vitaminas B e C: Begoña Caamaño a cargo de Martín Camiña Ilusionista. A sesión comezará ás 12.20 horas no ximnasio do CPI Pontecesures.
Camiña, premio nacional de Maxia de Donostia e premio da Asociación Portuguesa de Ilusionismo, percorre o vieiro vital da escritora homenaxeada no Día das Letras Galegas deste ano, cuxo perímetro vén marcado por Circe, Morgana e os medios de comunicación.
O ciclo +Escénicas está a desenvolver a súa terceira tempada.
Fonte: La Voz de Galicia
0 comentarios