O goberno anterior mellorou de xeito considerable a rúa Caldeirón de Arriba ampliando oas accesos ao interior de Porto dende a rúa Fontaíña. Pois ben; pouco antes de chegar á zona do ancheamento medran as silvas nunha marxe da pista e invaden parte da mesma. De pouco vale executar obras de ampliación das pistas, se logo quedan invadidas pola maleza as zonas adxacentes.
A situación provoca as queixas dos veciños e dende a ACP solicitamos ao goberno local que se adopten as medidas para que a rúa Caldeirón de Arriba quede libre de maleza.
Pontecesures, 05/07/12
Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP de Pontecesures


