Afondando no pensamento rosaliano.

A fundación da Matanza lembra o 153 aniversario do matrimonio Murguía-Castro·· O nº 4 da “Revista de Estudos Rosalianos” achega artículos reveladores sobre a poetisa

A Fundación Rosalía (na foto a súa sede) trasladou á Facultade de Filoloxía de Santiago os actos da conmemoración

O 10 de outubro do ano 1858 casaban en Madrid Manuel Murguía e Rosalía de Castro, un acontemento fecundo para as Letras Galegas. Cento cincoenta e tres anos despois, a fundación que leva o nome da poetisa galega non quere que esta data permaneza no esquecemento e a recupera presentando o nº4 da Revista de Estudos Rosalianos, dirixida por Xesús Alonso Montero.

Segundo explica Alonso Montero, este novo volume, o máis amplo e que conta coas aportacións máis saientables, achega traballos reveladores sobre Rosalía. Entre eles destaca un da escritora e máxima biógrafa de Rosalía, Victoria Álvarez Ruiz de Ojeda, no que por primeira vez na historia se manifesta que Rosalía é filla do cura de Padrón José Martínez Diojo, recollido nun documento que veu a luz un día despois da morte da escritora. A mesma autora tamén aporta outro interesante traballo no que demostra que a primeira biografía sobre Rosalía, escrita por Augusto González de Sada, foi plaxiada dunhas notas de Víctor Said Armesto, falecido en 1914.

Ademais a revista incorpora por primeira vez iconografía orixinal sobre Rosalía: un texto de Díaz Pardo e un retrato feito por Antón Pulido,e un conto de María Xosé Queizá versado sobre o poema A Xustiza pola man titulado A fouce e a lei.

EFEM?RIDE EN 2013
Fan un chamamento sobre os 123 anos de “Cantares Gallegos”

. Na presentación da revista feita na Facultade de Filoloxía de Santiago, a Fundación Rosalía deu tamén lectura a un manifesto no que fai un chamamento tanto a sociedade galega como as administracións culturais sobre o sesquicentenario da publicación de Cantares Gallegos (1863). Será dentro de ano e medio (2013). “Esta data non pode pasar desapercibida, porque este é o libro fundacional da literatura galega, e porque aínda contén desafíos para a erudición literaria”, recalcan fuentes de la Fundación Rosalía. Dende esta institución espérase que a data conmemorativa conte coa sensibilidade suficiente.

TIERRAS DE SANTIAGO, 11/10/11

Pequeno incendio onte na pista da Barosa.

Sobre ás 23:15 horas do día de onte, 10 de octubre, declarouse un pequeno lume detrás do campo da festa de Carreiras, que afectou a uns 150 m2 e monte baixo. Partiparon nas tarefas de extincións voluntarios de Protección Civil de Pontecesures e varios veciños. Sobre as 2 horas da madrugada remataron os traballos. Un tractor dun particular tamén colaborou vertendo auga para “refrescar a zona”, unha vez apagadas as chamas.

Catorce equipos participaron na fase previa do II Memorial Victoriano Trenco de fútbol 7.

Disputáronse os encontros na mañá do día 9 de outubro no campo Ramón Diéguez de Pontecesures.

Grupo A
Desigual 2, Casa Vella 1
Radio Valga/Isalcar 1, JLL/Benjamín Ramos, 1
Radio Valga/Isalcar 1, Desigual 1
Casa Vella 0, JLL/Benjamín Ramos 3
JLL/Benjamín Ramos 1, Desigual 1
Casa Vella 2, Radio Valga/Isalcar 0

Clasificado para as semifinais: JLL/Benjamín Ramos

Grupo B
Elite Electricidad 2, Joyería Riveiro 1
T. Veiga/Bar O Belén 0, A Redonda 0
T.Veiga/Bar o Belén 0, Elite Electricidad 1
Joyería Riveiro 1, A Redonda 0
A Redonda 0, Elite Electricidade 1
Joyería Riveiro 0, T. Veiga/Bar O Belén 1

Clasificado para as semifinais: Elite Electricidad

Grupo C
Bar Muelle 0, Cafet. Sol y Mar 2
Karymo Peluqueros 5, Bar Muelle 0
Cafet. Sol y Mar 2, Karymo Peluqueros 1

Clasificado para as semifinais: Cafet. Sol y Mar

Grupo D
Norven Extrugasa 3, Valdeza/Bar Juan 0
Bar Bouzón 0, Norven Extrugasa 2
Valdeza/Bar Juan 1, Bar Bouzón 3.

Clasificado para as semifinais: Norven Extrugasa

Dictan una nueva orden de paralización de las obras de la nave en la calle Ullán.

La zona de obras está cubierta por una lona.

m. angueira > pontecesures El Concello de Pontecesures dictó el pasado 4 de octubre una nueva orden de paralización de las obras de construcción de una nave sin licencia en una parcela de la Rúa Ullán. Este segundo decreto lo emitió la Alcaldía tras haber incumplido el promotor de la obra la primera orden de paralización, que data del 29 de septiembre, y en la que se advertía que el proyecto carecía de la perceptiva licencia y, además, había afectado a una vieja edificación catalogada y protegida, de forma que el Concello dio cuenta de la situación a la Consellería de Cultura e Turismo, competente en materia de Patrimonio, para que adoptase las medidas que considerase oportunas de cara al cumplimiento de la Lei de Patrimonio Cultural de Galicia. La citada Consellería, consultada en varias ocasiones acerca del caso, no ofreció detalles sobre la eventual apertura de un expediente o sobre el alcance de la afección patrimonial.
En la segunda orden de paralización se advierte de nuevo al responsable de la construcción de la nave que el incumplimiento podría conllevar una demanda judicial por un presunto delito de desobediencia. Desde que se dictó el decreto el día 4 de octubre, las obras permanecen cubiertas con una lona azul, lo que dificulta percibir desde el exterior si los trabajos continúan o, efectivamente, están parados.

DIARIO DE AROUSA, 11/10/11

Contestación íntegra relacionada coa caldeira e o comedor do CPI Pontecesures.

Ante as manifestacións de Roque Araujo sobre o tema da caldeira do CPI Pontecesures, este concelleiro reitera que no informe emitido pola oficina técnica da Xefatura Territorial de Educación están valoradas as tres posibilidades de actuación. O máis económico é arranxar os elementos deteriorados da actual caldeira e elevar a cheminea actual, pero a administración autonómica, ao parecer, aínda non adoptou a decisión en canto á obra a realizar. O que ten que facer o concelleiro é xestionar na Xefatura de Educación de Pontevedra unha actuación inmediata e deixar de dar voltas e máis voltas. Con criticarme a min non se arranxa nada e o colexio non pode seguir gastando durante este curso litros e litros de gasoil co conseguinte prexuizo económico.

Tamén o Sr. Araújo sae presumindo de que en tres meses xa conta cun informe favorable para o comedor escolar engadindo que outros estivemos anos sen conseguir nada en este sentido. Pois ben; o concelleiro sabe que o gran problema para conseguir no pasado o comedor foi a falta de espazos no recinto escolar como sempre foi esgrimido polo equipo directivo do centro, pois senón xa estaría funcionando hai tempo. Resulta curioso que precisamente en abril de 2007 o antigo delegado provincial de educación (a consellería pertencía no bipartito ao PSdeG-PSOE) prometeu diante de toda a comunidade educativa (directiva da ANPA, equipo directivo do colexio e un bo grupo de pais/nais) que ía construirse un local no patio para adicalo a comedor. Nunca cumpriu a súa palabra.

Por certo; atopouse o Sr. Araújo un local municipal rematado co anterior goberno, que está fóra do recinto escolar e pretende adicalo a comedor. Ese local foi construido dentro dos proxectos do antigo obradoiro de emprego da Consellería de Traballo e Benestar Social como ximnasio, tivo unha subvención da Dirección Xeral de Deportes para a instalación eléctrica do propio ximnasio, ten uns vestiarios que se están xa a utilizar polos deportistas usuarios do pavillón (o pequeño ximnasio está unido ao pavillón municipal), e quedou solicitada polo anterior goberno unha subvención á Deputación de máis de 30.000 euros para aparellos ximnásticos co fin de ofertar un servizo municipal a toda a veciñanza. Evidentemente non nos opoñemos de entrada a que se instale un comedor, non dicimos que non sexa máis prioritario, pero haberá que valorar todas estas cuestións porque pode haber prexuizo para outros colectivos e incluso poden compatibilizarse os usos. Non pode o goberno local tomar este tipo de iniciativas sen contar para nada coa oposición. O destino e uso dun edificio municipal é un tema relevante e convén sempre que haxa un consenso entre todos.

Pontecesures, 10/10/12

Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP de Pontecesures