A agrupación do BNG de Pontecesures vén de anunciar a presentación este sábado do seu candidato ás vindeiras eleccións municipais 2011. Un nome que non quixo desvelar na súa convocatoria, pero que todo apunta a que voltará a ser o de Luis Álvarez Angueira, o que fora alcalde da localidade entre 1999 e 2007 da localidade do Baixo Ulla nas sucesivas comparecencias electorais dende o ano 1991.
O acto de presentación está fixado para as 12:30 horas no centro social da localidade cesureña, e nel contarse coa presenza dunha importante representación da agrupación local da formación nacionalista. O resto da lista electoral do BNG tardará aínda varias semanas máis en coñecerse.
LA VOZ DE GALICIA, 11/11/10